OUTONO
Cando comezou o outono, entre todos debatimos como nos ia cambiar o tempo. Un dos elementos que máis nos chamou a atención foi a cor das follas, por iso elaboramos a partir das nosas mans, estas follas de outono.
Na última semana de setembro demos un paseo polo cole, observando as árbores, as follas, buscando algún froito...
Atopamos ourizos, castañas, landras, follas, e decidimos facer unha "artistada" das nosas, na que estivemos enredados uns días.
Primeiro, pintamos o tronco das árbores con pinceis e témpera.
Unha vez que secou, volvemos coller témpera (coas cores do outono ) e desta vez collemos uns bastoncillos para pintar as follas.
Quedaron uns cadros moi fermosos.
PLANTAMOS UNHA CASTAÑA:
Primeiro deixámola en auga durante dous días e despois plantámola e tapámola con unha servilleta que humedecemos todos os días, ata que xermine . Porque é moi importante que esteña húmida.
Plantamos 3 castañas o día 4 de outubro. Despois fixemos o noso recuncho do outono. Ata nos convertemos en follas !!!!
Á volta da ponte....
Seguimos investigando cantos días precisa a castaña para que xermine.
No outono o que máis vemos son as follas. Están nas árbores, no chan e ata entran no cole para facernos compañía. Temos un segredo que contarvos; as follas bailan e voan. Ssshhhh!!!!
Temos o noso mural da arte cheíño de grandes obras plásticas e poéticas. Esta é a poesía coa que estivemos traballando.
Na semana de SAMAÍN aproveitamos a nosa imaxinación para crear unha cabaza monstruosa. A cabaza é un dos froitos máis característicos do outono.
Lemos un conto super divertido. CARABUÑAS, e decidimos decorar a nosa cabaza deste personaxe tan particular.
Aí temos as nosas castañas que plantamos, pero a pesar de velas todos os días e regalas aínda non xerminaron. Seguimos esperando....
Nesta semana xogamos o xogo dos fantasmas. Mediante as súas caras identificamos cores e números e tamén nos metemos pequenos sustiños...BUUUU!!!!
ARCIMBOLDO NOS CADROS DO OUTONO
Rematamos o proxecto do OUTONO e para iso elaboramos unha portada ben bonita. Fixemos un caracol. A cuncha fixémola con papel de xornal. Pintámolo con acuarelas e despois adornámolo con "brilli brilli". Ao final do trimestre veredes todo o que traballamos neste proxecto de temporada.
Antes de coller as vacacións do nadal,
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!