En 4 e 5 anos comezamos cun novo país, unha nova viaxe ata chegar a EEUU, fixámonos onde se atopaba no mapa e o lonxe que estaba de China.
Comezamos coa súa bandeira
JOEL enviounos un video con moita información de EEUU
PABLO contounos que estivo investigando na súa casa cousas importantes como o seu deporte: o BÉISBOL, a ESTATUA da LIBERDADE, a súa BANDEIRA, a ponte de BROOKLYN
e despois fixo na súa casa a ESTATUA DA LIBERDADE en plastilina
e nós tamén quixemos facela
ADÁN falounos da ESTATUA da LIBERDADE, que ten nunha man unha antorcha e na outra un libro de normas, despois de investigar vimos que estaba nunha illa e que se podía subir ata a súa cabeza e que a coroa tiña ventás.
Buscando en internet información de EEUU atopamos superheroes, e coñecemos algúns como Superman, Spiderman, Batman, Hulk e Wonder Woman.
O máis coñecido por todos/as é Spiderman así que nos paramos un pouco nel para saber quen era, que lle pasara, cal eran os seus superpoderes...
Descubrimos que en galego SPIDERMAN significa HOME ARAÑA e que o seu poder se debe á picadura dunha araña.
Despois de investigar fixemos un puzzle
Para rematar probamos a ver se tiñamos o superpoder de SPIDERMAN
e despois fixemos un xogo, tiñamos que rescatar o maior número de boliñas
Na clase de cinco ano LUIS enviounos un video onde nos conta a historia de SPIDERMAN
Investigando démonos conta que non eran de EEUU pero gustounos moito, é un grupo de música composto por estudantes que combaten o mal mediante enerxía positiva a través da súa música e bailes.
En 3 anos continuamos viaxando ós ESTADOS UNIDOS cos nenos e nenas de 4 e 5 anos. Decidimos centrarnos nos SUPERHEROES e SUPERHEROÍNAS.
Comezamos investigando onde están os EEUU en Google Maps, e vendo fotos das súas cidades, comida...
Entre as búsquedas atopamos a bandeira e decorámola como nas imaxes que atopamos. Tamén falamos de que en ESTADOS UNIDOS falan en inglés e estivemos vendo moitas cousas que xa sabíamos dicir en inglés.
De entre todo o que saíu o que máis nos emocionou foron os SUPERHEROES e SUPERHEROÍNAS, así que a por eles imos!!!
Esta canción gustounos moito e serviunos para falar dos poderes que poden ter, dos uniformes e de que acostuman a facer.
Decidido por onde continuaríamos o proxecto preparamos unha carta para pedir a colaboración das casas.
Falamos de moitos superheroes que coñecían e dos seus poderes e quedou claro que un dos favoritos é SPIDERMAN!
Buscamos imaxes e fixámonos no uniforme que leva, nos xestos e falamos da súa historia e mesmo vimos algúns debuxos animados.
Descubrimos que o seu nome significa HOME ARAÑA e que se chama así porque o picou unha araña que escapou dun laboratorio.
Soubemos que esta araña lle deu poderes para trepar, ser áxil, e tirar teas de araña das que se pendura e move entre os edificios.
Observamos as cores coas que viste: azul e vermello. Tamén vimos que leva o logo dunha ARAÑA no peito.
Deixamos un capitulo de dibus de SPIDERMAN que nos gustou.
Imitamos o xesto que fai cando tira as teas de araña e algúns quixeron amosárvolo e iso que é algo difícil.
Tanto lanzar teas para logo xogar esquivalas para salvar bolas con pinzas. Conseguimos facelo xenial!!!
Logo fixemos un crebacabezas de SPIDERMAN. Está claro que as tesoiras e os crebacabezas xa se nos dan moito mellor que a comezos de curso!
Rematamos a primeira semana do proxecto cun MEMORY moi divertido seguindo co tema dos superheroes e superheroínas.
Esta semana rematamos un SPIDERMAN grande para decorar a nosa fiestra e quedou moi espectacular!!!
Logo de Spiderman seguimos con WONDER WOMAN que foi outro nome que apareceu nas primeiras conversas do proxecto e que tiñamos reservado para ir vendo. Descubrimos que o seu nome significa MULLER MARABILLA. Fixámonos no uniforme, nas armas e aparellos que emprega. Vimos que o seu uniforme é AZUL, VERMELLO e DOURADO e que leva un logo coa súa inicial W. Tamén soubemos que o nome polo que a chaman os que a coñecen é DIANA e que naceu en Terscimira.
Vendo imaxes que buscamos no ordenador fixámonos nos elementos dourados que leva e por qué son importantes:
-COROA, xa que é princesa das amazonas.
-BRAZALETES, que a protexen.
-LAZO DA VERDADE, do que xa falaremos.
-LOGO no peito en forma de W, que é a inicial do seu nome.
Buscamos imaxes e vídeos de WONDER WOMAN para saber máis dela. Aquí vos deixamos un vídeo resumo que nos gustou moito!
De WONDER WOMAN tamén seleccionamos entre todos unha imaxe para decorar as fiestras e quedou xenial!
Vendo debuxos animados de WONDER WOMAN e imaxes descubrimos que emprega un LAZO da VERDADE para facer que os "malos" non lle mintan e para poder atrapalos. Descubrimos que é moi forte, rápida e áxil o pelexar.
Logo xogamos a capturar ós "malos" varias veces nunha competición por equipos. Empregamos o lazo da verdade para pillalos a todos o máis rápido posible. Unha vez no cárcere, cada equipo contou os malos que pillaran e vimos quén capturou máis. Pasámolo bomba!
Logo gardamos un anaco nunha ficha na que estivemos practicando.
Tras SPIDERMAN e WONDER WOMAN elixiron continuar con HULK, pero amosarémosvos máis do que estamos a facer a próxima semana!!!
24-04-2021
Na clase de 3 anos a semana pasada demos comezo á investigación sobre HULK. Estábamos desexando ver cousas sobre este SUPERHEROE tan especial. Xa o viramos nun capítulo no que tivo que controlar o seu temperamento para poder vencer a un vilán e é que controlarse e moi difícil!
Así, nós repasamos o que fomos aprendendo este curso sobre as estratexias que debemos seguir cando algo non vai ben dende técnicas de relaxación ata que debemos facer cando nos molestan ou cando nos enfadamos.
Na clase falamos moitas veces sobre estes temas, xa que estamos aprendendo a xestionar as nosas emocións. HULK é sen dubida un SUPERHEROE que sabe como nos sentimos en ocasións e o complicado que pode ser estar tranquilo cando algo non nos gusta, estamos nerviosos, frustrados ou nos enfadamos.
Así, comezamos a semana repasando primeiro todo o que fomos aprendendo este curso dende a primeira avaliación sobre autocontrol, xestión emocional, comunicación e socialización con outros:
-Estratexias para a xestión do enfado.
-Estratexias a seguir cando alguén nos está a molestar.
-Técnicas de relaxación e de volta a calma: bote da clama, técnicas de respiración, ioga, técnica do globo, conteo, ... e se non funciona buscar axuda nas profes.
-Estratexias e linguaxe para a xestión de conflitos: dicir "stop!" ou "para", explicar que "estasme molestando" ou "non quero xogar a iso agora", ou verbalizar que nos molesta ou está pasando con calma, separarse e se non funciona buscar axuda nas profes.
Repasamos experiencias recentes e fixemos xogo de roles e de cambio de zapatos, buscamos solucións a conflitos entre outras actividades.
Logo de repasar todas estas estratexias e de verbalizar como nos sentimos ante conflitos e solucións, aprendemos a TÉCNICA DA TARARUGA e vimos e comentamos un HULK-O-METRO en relación á todo o anterior.
Deixamos algunhas destras estratexias que empregamos en 3 anos.
Tamén estivemos aprendendo sobre a historia de HULK. MARTÍN coñecía moito sobre HULK e explicounos que este superheroe era un científico, que logo soubemos que se chamaba BRUCE BANNER, que sufriu un accidente no seu laboratorio. MARTÍN díxonos que saían raios e que logo se convertía en HULK cando se enfadaba.
Na clase convertemos a Bruce en Hulk facendo un experimento coas cores. Foi xenial! Tamén o imitamos poñendo unha gran cara de enfado!
MARTÍN e a súa familia compartiron con nós a súa experiencia Hulk e MARTÍN recordounos o que sabía deste superheroe e amosounos a súa manualidade explicando como a fixera. Fíxoo xenial!!
Preparamos de HULK, como fixemos cos anteriores, un grande para a fiestra da calse e quedoulles moi ben!
Rematado polo momento HULK eliximos seguir con outra SUPERHEROÍNA que saíu na chuvia da ideas do comezo desta parte do proxecto: a CAPITANA MARVEL!
Desta superheroína tivemos que investigar, xa que varios compis non a coñecían. Descubrimos que se chama Carol Danvers, que era piloto de avións militares e que logo dunha explosión adquire poderes sobrehumanos como forza, velocidade, resistencia e a capacidade de proxectar enerxía para combater o mal en todo o universo.
Estivemos vendo algúns debuxos nos que sae a capitana para saber máis e fomos comentando o que víamos como que forma parte dos VENGADORES igual que HULK.
Falamos de que pese a que HULK é moi forte a CAPITANA aínda parecendo menos é máis forte e de como as aparencias enganan. De aí que fixésemos unha experiencia con algo que non parece moi forte pero engana!
Aproveitamos o traballo en papel para recoller o que imos descubrindo e practicar conceptos importantes que estamos aprendendo.
Preparamos tamén unha capitana para a nosa fiestra!
Seguimos ademais coas investigación e explicacións dos compis cos materiais que nos van chegando. Ademais do que nos enviou MARTÍN sobre HULK, esta semana chegaron máis cousiñas e nalgunhas iremos profundando pouco a pouco segundo vexamos máis sobre os superheroes.
IZAN e ENZO optaron por poñernos en situacións sobre ESTADOS UNIDOS.
Ambos nos amosaron e recordaron cal era e como era a BANDEIRA dos EEUU e algúns detalles sobre o lugar onde viven os superheroes dos que estamos a investigar.
ENZO falounos da ESTATUA DA LIBERDADE e descubrimos que é un monumento xigantesco que todo o mundo coñece dos Estados Unidos e que está en Nova York.
Explicounos o que fixera e gustounos moito!
IZAN falounos da comida máis popular neste país e diferente as de INDIA e CHINA que viramos anteriormente, as HAMBURGUESAS!
Explicounos como a fixo na casa e como lle saíra. Está feito un gran cociñeiro!
DANIELA repasou diante dos compis os superheroes e superheroínas que fomos coñecendo e algúns que non coñecíamos ou que non saíran nas chuvias de ideas que imos facendo.
DANIELA explicou todo o que enviara xunto coas súa familia e fíxoo moi ben! Vimos os vídeos e a información que mandaron e encantounos. Iremos retomándoa segundo vaiamos avanzando nas investigacións. Deixamos aquí os vídeos que foron xeniais! Algúns destes superheroes e superheroínas son dos favoritos da clase!!!
Moitísimas grazas a todos e todas!
Veredes máis de 3 anos a próxima semana con cousiñas que temos en marcha!
E mentres en 4 e 5 anos...😀
NAIA contounos un conto de New York onde vimos moitas cousas e tivemos que ir parando para investigar todo a que viamos, o que máis nos gustou foi CENTRAL PARK
No vídeo de JOEL gustounos moito a PONTE DE BROOKLIN é unha ponte na cidade de New york, sitúase sobre o río East, cando foi finalizada era a maior ponte colgante do mundo, foi a primeira ponte de aceiro suspensa do mundo e súas inmensas torres de soporte convertéronse nas estructuras máis altas de toda a cidade de New York
EMMA converteuse en CAPITANA MARVEL
Nesta semana investigaremos sobre os seus superpoderes!!
2-05-2021
En 3 anos, chegaron novidades da casa!
Estivemos vendo o que nos mandou LUCÍA RÍO!
Comezou falándonos do seu disfrace de SUPERHEROHÍNA e fíxoo moi ben. Explicou que levaba un anteface rosa e unha capa da mesma cor. Ademais levaba unha chaqueta a xogo, co que realmente ía vestida de SUPERLUCÍA!
Tamén nos falou dos debuxos que preparou explicando quen eran, os poderes, o traxe...
Comezou con SPIDERMAN xa que xa o víramos na clase e logo seguiu co CAPITÁN AMÉRICA!
Este heroe saía en varios vídeos que vimos na clase e moitos o coñecían. Lucía díxonos que levaba un escudo cunha estela igual que a do seu traxe e que era moi forte!
Tamén nos falou de FLASH, que é un heroe que nos encanta porque é o máis rápido, case tan rápido como son os nenos e nenas da nosa clase cando corren no patio e do que seguramente investiguemos proximamente.
Ademais falounos de que tamén traía a imaxe dun CÓMIC. Explicou que no cómic saen os superheroes e que é como un conto.
Encantounos e pronto saberemos máis!
XOEL falounos dunha superheroína de xoguete que nos gustou moito! Ó principio non estabamos seguros do seu nome, se era a Capitana Marvel ou outra, así que investigamos rastrexando por internet imaxes e vídeos ata que a atopamos!!!
Primeiro atopámola nunha imaxe na que saían unha chea de heroínas e pronto descubrimos que era BLACK WIDOW!
Aquí deixamos un gif no que sae pelexando e outro na moto que nos ensina XOEL!
Falamos das súas habilidades e do seu uniforme.
Por último vimos un vídeo xenial de XELDA no que nos fala da familia dos incribles, unha familia moi especial na que cada un ten un poder espectacular. E sobre todo falounos de JACK JACK, o bebé da familia e encantounos!!
Buscámolo e vimos un vídeo moi simpático no que amosa os seus poderes!
Esta semana rematamos os traballiños sobre BATMAN e foi un superheroe ó que xa lle tiñamos ganas!
Con BATMAN aproveitamos para traballar os medos xa que de iso trata a súa historia.
Batman foi un neno que rematou nunha cova escura chea de morcegos que o deixaron tremendo co medo. Pero este superheroe enfrontouse os seus temores aprendendo o que puido sobre eles e converténdose no HOME MORCEGO, un gran heroe que aínda sen poderes loitaba contra o mal polas noites e capturando a todos os viláns para que foran arrestados pola policía.
Ademais é nun gran detective e emprega unha chea de utensilios tecnolóxicos como o batcoche.
Na clase aproveitamos para falar daquelas cousas que nos dan máis medo, contamos anécdotas e pouco a pouco daban un pouco menos de temor.
Por suposto preparamos un BATMAN para a fiestra que buscamos entre todos no ordenador.
Vimos varios vídeos e imaxes e gustounos a BATSINAL. Logo fixémola e probámola!
Logo de BATMAN chegoulle a quenda unha heroína que saíra nunha das chuvias de ideas do principio do proxecto, a MULLER INVISIBLE!
Esta superheroína ademais de facerse invisible pode empregar campos de enerxía para combater ós peores viláns, de escudo e mesmo para voar.
Soubemos que esta heroína viaxou ó espazo con 4 compañeiros e sufriron un accidente espacial co que conseguiron os seus poderes:
-MULLER INVISIBLE
-HOME ELÁSTICO
-A MASA
-ANTORCHA HUMANA
Buscamos imaxes e vídeos para aprender máis dela.
Preparámola para a fiestra e experimentamos con trazos invisibles que aparecían maxicamente!
Contaremos máis das nosas andanzas a próxima semana!
Na clase de catro anos BEATRIZ falounos de WONDER WOMAN que significa Muller Marabilla, esta superheroína é unha muller de cabelo negro, usa unha tiara dourada cunha estrela o seu traxe vermello e azul, o seu símbolo a letra do seu nome “W”, foi a primeira heroína creada para os cómics.
Despois de investigar démonos conta que ademais do seu escudo e espada sempre leva o seu lazo da verdade, con el atrapa aos vilanos, nós convertémonos por un momento en Wonder Woman e co noso lazo da verdade, e por equipos atrapamos a todos os vilanos que tiñamos na clase e despois contamos cantos atrapou cada equipo, encantounos este xogo.
PABLO contounos moitas cousas de outro súper heroe HULK, na súa vida chamase BRUCE BANNER, é un físico tímido e reservado. De xeito accidental a radiación dunha bomba inventada por el transfórmao en HULK, un monstro xigante e violento.
As emocións fortes como o enfado e o medo favorecen esa transformación de BANNER en HULK.
Na clase intentamos transformarnos, para iso enfadámonos moito
Non o conseguimos e para voltar á calma recordamos como o facían noutros países co ioga, taichí…
Con este superhéroe experimentamos a mestura de cores para facer a cor verde, para iso botamos a cor azul e amarela
Quedounos xenial!!!!
Para rematar a semana descubrimos a Capitana Marvel que se chama Carol Danvers, que era piloto de avións militares e que logo dunha explosión adquire poderes sobrehumanos como forza, velocidade, resistencia e a capacidade de proxectar enerxía para combater o mal en todo o universo.
Observamos o seu traxe, as súas cores o seu símbolo que é unha estrela...despois conversamos se lles parecía unha muller forte, dixeron que sí que moi forte!!!e plantexamos unha pregunta, se un rolo de papel hixiénico é forte? todos dixeron que non e fixemos unha experiencia:
Este experimento tamén o fixemos en cinco anos
O resultado non foi o que esperanban, déronse conta que eran moi fortes e que podían con eles, as veces as apariencias enganan.
Rematamos as nosas averiguacións da Capitana Marvel e para terminar axudámoslle a atopar a súa insignia.
LOIS compartiu con nós uns traballiños sobre a bandeira de EE.UU e a Estatua da Liberdade
DAMIÁN na súa casa ten moitas cousas de superheroes: puzzles, contos, xoguetes que nos amosou na clase.
Estivemos analizando que superheroes aparecían no seu puzzle e decidimos traballar o CAPITÁN AMÉRICA.
CAPITÁN AMÉRICA é un xoven chamando STEVE ROGERS, tomou suero de super soldado e converteuse nun exército dun só home.
Fixámonos nas súas cores que son o vermello, azul e branco símbolo da liberdade, no seu traxe aparece a A de América, ten un escudo tamén cunha estrela e o seu uniforme protéxeo.
Rematamos facendo un puzzle numérico onde traballamos ademais da motricidade fina a serie numérica
Para rematar a semana ALBA enviounos un vídeo sobre EEUU
O que máis nos chamou a atención foi o baile e decidimos investigar, as danzas típicas de EE.UU son
1. COUNTRY
2.HIP HOP
3.CHARLESTÓN
4. ROCK AND ROLL
5.SQUARE DANCE
Esta danza foi a que nos falou Alba, é un baile que se fai con catro parellas e deben formar un cadadro, utilízase para que os veciños dunha zona se coñezan e socialicen.
Despois de ver e bailar cada un deles o que más nos gustou foi o Rock de ELVIS, encantóunos e pasámolo xenial!!!
Para a semana seguimos coas nosas investigacións!
10-05-2021
Unha nova semana entre superheroes e superheroínas, e esta vez foi a quenda de SUPERMAN e TORMENTA!
SUPERMAN era un dos heroes que saíron ó comezo do proxecto e que estabamos agardando ver. Recordamos algunhas das cousas que coñecíamos e investigamos un pouco vendo vídeos e imaxes como facemos sempre. Descubrimos moitas cousas como que viña doutro planeta que explotou, que seus pais o meteron nunha nave e o mandaron a Terra e xa aquí se criou nunha granxa co nome de Clark Kent onde descubriu os seus poderes: forza, voar, visión de raios X...
Na clase deseñamos un Superman que nos quedou moi chulo e que vos quixemos amosar.
Como de costume elixiron un debuxo para a fiestra e pintaron entre todos por quendas.
De SUPERMAN fixemos unha GALAXIA na que nos esforzamos en poñer cores e estrelas fermosas para deixalas gardadas nun bote.
Separaron o algodón con coidado e meteron sen apertalo no bote. Logo cuns contagotas deron cor. Rematamos con brillantina e pechamos para conservar.
Quedaron unhas galaxias espectaculares e seguro que entre tantos planetas e estrelas estaba KRIPTON, o planeta de SUPERMAN.
Tras ver a Superman achegámonos a unha superheroína que vimos en debuxos e que saíu no medio doutras investigacións e nos chamou a atención polo que foi a seguinte elixida: STORM ou TORMENTA.
TORMENTA é unha mutante pare dos X-MEN e ten o poder de controlar o tempo: nubes, raios, remuíños... Pode voar e é mellor non enfadala!
O crebacabezas de TORMENTA esta vez resultounos moi sinxelo e quedou moi ben.
Por suposto xa esta na nosa fiestra!
A experiencia que levamos a cabo nesta ocasión foi crear unha nube coa súa tormenta particular. empregamos auga, espuma de afeitar e colorantes líquidos que golpeaban con coidado xa que manchan un montón!
Logo tamén un por un fixeron remuíños dando voltas o máis rápido posible nun bote con auga e brillantina de cores. Menuda velocidade conseguiron algúns e algunhas!
Ademais XOEL esta semana falounos das manualidades que fixo coa súa familia.
En primeiro lugar falounos da carauta de BATAN!!! Explicou que era de papel, que a coloreara con pintura negra e era moi grande! Quedou moi ben e gustounos moito.
Logo vimos un vídeo no que nos dicía que a seguinte manualidade que prepararan era de Superman e díxonos que a fixera SABELA e tamén nos encantou.
Contounos que a fixeran cun rollo de papel grande e empregaran papel de cor para deseñar o traxe e lle puxeron o logo no peito cunha "S" de SUPERMAN enorme. Ademais puxéronlle unha cara sorrinte moi simpática. Están feitos uns artistas sen dúbida!
Grazas por colaborar!
Por último contarvos que na clase contamos o conto do CAPITÁN VERDEMAN, un superheroe que se adica a reclamar que a xente axude ó planeta reciclando todo o que podan.
Recordamos o conto de "La tortuguita y el mar" que coñecemos na primeira avaliación. Falaba da contaminación, do importante de manter a contorna limpa e non tirar o lixo ó chan.
E nós non quixemos ser menos e traballamos para ser auténticos superheroes!
Adicamos tempo na aula para coñecer máis sobre a reciclaxe, a razón pola que se fai, para que serve, coñecemos algúns dos contedores, as súas cores, como se empregan... Preparamos uns contedores reutilizando caixas de folios do cole e estivemos clasificando e mantemos esa rutina para tratar de axudar, porque nós tamén podemos!
Na aula tivemos en conta os contedores que temos á saída do cole e centrámonos no contedor amarelo para as nosas botelliñas e os plásticos que xorden ás veces. Tamén no azul para o papel limpo de recortes ou de secar as mans. Mantemos o xeral para o resto do lixo como restos da comida de media mañá, toalliñas húmidas ou os panos de papel cos que nos limpamos o nariz ou o zume das mandarinas.
Por se vos interesa deixamos algo de información da que falamos na aula.
Nós estamos a facer un gran traballo!
Para a semana veremos máis novidades nas que estamos traballando!
En catro anos esta semana coñecimos a CAPITÁN AMÉRICA pretendendo servir o seu país de calquera maneira posible, o xoven Steve Rogers tomou o soro de súper soldado para converterse en un exército dun so home. Tras unha loita de más de 60 anos polas cores vermello, branco e azul, Capitán América e o símbolo da liberdade e a independencia.
Falamos do seu traxe, das suas cores, do seu escudo todo relacionado coa bandeira de EE.UU
Polo noso cole andaban dous Capitanes América esta semana
E ADÁN trouxonos un para ensinarnos
HUGO contounos que na súa casa viven moitos súper héroes
E ZOE transformouse en unha súper heroína moi forte
Na clase de cinco anos esta semana investigamos a WONDER WOMAN fixámonos na súa roupa, as cores, que levaba unha tiara porque era unha princesa do Amazonas, e que levaba unha corda que serviría para atrapar aos viláns. Diana princesa do Amazonas, abandona o seu fogar e descubrirá todos os seus poderes e o seu verdadeiro destino.
Por equipos usamos o lazo da verdade, ao principio costounos usalo porque era moi longo, pero finalmente conseguémos atrapar a todos os viláns.
BREIXO nos explica o inicio da historia de spiderman e o funcionamento do seu boneco.
O que mais nos chamou a atención foi a árbore de nadal xigante e decidimos investigar un pouquiño mais.
É a árbore mais famosa de NEW YORK na praza ROCKEFELLER instalase xusto encima da estatua de Prometeo, xunto a pista de xeo.
Este é un vídeo da súa inauguración que vimos na clase e gustounos moito
Para a semana seguiremos coas nosas averiguacións!!!
14-05-2021
Vaia semana atarefada tivemos entre letras galegas, día da familia e superheroes!!!!
Esta semana en 3 anos continuamos con FLASH, o superheroe máis rápido que coñecemos!
Aprendemos que era un estudante da universidade que tivo un accidente nun laboratorio. Logo descubriu que era rápido coma un raio, de aí o seu logo con forma de raio!
Como sempre traballamos en papel e buscamos imaxes e debuxos do heroe.
Deixamos un dos vídeos que máis nos gustou pese a estar en inglés.
Por suposto, preparamos un FLASH para a fiestra que quedou estupendo!
Como experiencia, nesta ocasión fixemos carreiras na clase do profe RUBÉN e todos e todas foron veloces como raios!!!
Logo de Flash eliximos unha superheroína acuática, MERA outras veces coñecida como AQUAWOMAN que controla a auga e respira baixo ela ó tempo que nada veloz.
Como sempre preparamos a imaxe de MERA para a nosa fiestra e quedou moi chula
A experiencia que eliximos foi meter o mar nun bote, experiencia que repetiremos para ter un bote con cada grupo. Esta vez tocoulle o grupo de XELDA, DAVID, XOEL, DANIELA e IVANA.
Para facelo reutilizamos unha BOTELLA de clase lavada que rematara de XELDA, AUGA, colorante AZUL, e ACEITE para bebés. Os nenos e nenas do grupo por quendas foron preparando todo. Logo metemos a MERA e un GOLFIÑO para facerlle compaña. Logo axitamos para facer ondas, burbullas e que nadaran Mera e o golfiño. Quedou xenial e estamos desexando facer as demais!
Desta abraiante heroína gustounos o seguinte corto que vos compartimos.
E ata aquí esta semana en 3 anos!
En 4 e 5 anos...
Esta semana DIEGO enviounos un vídeo e unhas fotos de superheroes, presentounos a MILES MORALES
Miles Morlales é un xoven afroamericano que tamén recibiu a picadura dunha araña radiativa e dende entón combate o mal a golpe de rede.
Tamén falounos de Batman:
Non ten ningún poder, pero é un magnífico detective. Está en moi boa forma física, ten grandes coñecementos de artes marciais e emprega numerosos aparellos de tecnoloxía punteira.
Batman de pequeno foi abandonado nunha cova chea de morcegos e pola súa superación converteuse nun superheroe.
Estivemos na clase falando dos nosos medos e debuxámolos.
BREIXO contounos que cada vez que había un perigo iluminábase o ceo co morcego de BATMAN para chamar ao superheroe.
22-05-2021
En 3 anos esta semana comezamos unha nova fase no proxecto dos superheroes. Continuamos coas experiencias dos heroes e heroínas que nos gustan, e imos coñecer máis ós heroes e heroínas da nosa clase. Así, cada semana iremos pasando por todos e cada un cos compis!
Seguindo con Spiderman esta semana fixemos unha manualidade creando arañiñas moi simpáticas a partir de sopridos!
Quedaron simpatiquísimas!!!
Conseguimos unha botelliña máis para facer outro mar nun bote da heroína MERA. Esta vez foi para o equipo das cores cambiantes e quedoulles moi ben!
E no caso dos superheroes e superheroínas da nosa clase esta semana comezamos por con Martín indo orde de lista alternando nenos e nenas.
SUPERMATÍN como os demais ten a súa páxina falando dos seus superpoderes.
Tamén o pintaron entre todos para decorar a fiestra e quedou moi ben!!!
Continuamos coa poderosa SUPERXELDA!
E xa está facendo compaña ós heroes e heroínas da fiestra!
Por último, tocoulle a SUPERXOEL.
Voando preto de Wonderwoman.
A próxima semana xa estamos desexando máis experiencias, superheroes e superheroínas da clase, superpoderes e xogos!
Na aula de catro anos esta semana coñecimos a muller invisible recibiu os seus poderes por estar exposta a unha tormenta cósmica. O seu poder ocupase das ondas de luz, o que lle permite facerse invisible a si mesma e aos demais. Tamén pode proxectar poderosos campos de enerxía invisible que utiliza para unha variedade de efectos ofensivos e defensivos.
Primeiro nos fixamos como estaba vestida, como é o seu uniforme de superheroina , que ten botas, guantes...e no seu traxe ten un número.
Tamén falamos dos seus superpoderes.
Primeiro fixemos a nosa muller invisible
Despois experimentamos a invisivilidad, pintamos nun folio con pintura blanca e non viamos nada
Despois decidimos pasar o pincel
Apareceron os seus nomes!!
Tamén coñecemos a Batman o Home Morcego, falamos que de neno estivo nunha cova con MORCEGOS, animal que lle daba moito medo, ata que aprendeu a coñecelos e aprender cousas del que lle servirian no seu entrenamento de superhéroe xa que non ten poderes sençon que está en moi boa forma física.
Na clase falamos das cousas que nos dan medo e plasmamolas no papel.
Despois investigando averiguamos que cando alguén está en apuros chama a BATMAN coa Bati-sinal que é unha proxección do seu simbolo do morcego no ceo.
E probamos a convocar ao superhéroe, pero ainda que non apareceu pasamolo xenial!
En cinco anos investigamos a HULK ainda que todos xa o coñecian é un doutor que despois de ter un accidente radioactivo transformase involuntariamente nun monstruo coas emocións fortes como a ira ou terror favorecen a transformación, falamos destas emocións e pensamos como podriamos facer que HULK volvese a calma e sairon técnicas que traballamos ao longo do curso como IOGA,TAICHI, RELAXACIÓN, ESCOITAR MÚSICA...
Despois de investigar gustounos moito mezclar as cores azul e amarela para conseguer a cor verde. de HULK
Quedaron xenial!!!
05-06-2021
En 3 anos achegámonos ós seguintes 4 superheroes e superheroínas da nosa clase.
Vimos a SUPERADAM!
SUPERDANIELA!
SUPERIZAN!
SUPERIAVANA!
Tamén nos gustou e falamos do conto "Max e os superheroes".
Deste conto falamos e atopamos que os nosos superheroes na casa son MAMÁ e PAPÁ como no conto!
Por último rematamos a semana do 24 de maio co bote que nos faltaba de MERA!!!
Logo continuamos cos superheroes e superheroínas da clase.
Primeiro SUPERRUTH"
Logo SUPERTEO!
Seguimos con SUPERLUCÍA!
E rematamos a semana con SUPERDAVID!
Ademais, grazas ó conto "El gran libro de los superpoderes" estamos a descubrir outros poderes que temos. O primeiro é o de contar historias. Así estamos practicando con contos inventados na clase e xa temos contos de dragóns e dalgunha heroína especial. Son moi creativos!
Para a semana máis!
Na clase de catro e cinco anos investigamos a SUPERMAN, un dos mais coñecidos polos nenos/as.
Podía voar, visión raios X, láser nos ollos, moita forza...
Despois cada neno/nena fixo a súa GALAXIA, primeiro desfixeron o algodón
e despois puxéronlle cor cos contagotas
Engadimos estrelas e brillantina e tapamos e así nos quedaron
ADÁN amosounos o seu Superman!
Na clase de cinco anos investigamos a MULLER INVISIBLE, é unha superheroína de ficción que aparece nos cómics estadounidenses publicados por Marvel Comics. O personaxe é membro fundador dos Catro Fantásticos e foi a primeira superheroe feminina creada por Marvel. Investigamos os seus poderes e quixemos probar a invisibilidade, primeiro nos debuxamos cunha cera blanca e non eramos capaces de ver os nosos debuxos
Despois pasamos o pincel con cor azul e SORPRESA!!
Continuará...
23 -06-2021
En 3 anos nestas últimas 2 semanas rematamos as fichas dos SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS da clase!
Fixemos a SUPERLEIRE!
SUPERENZO!!
SUPERLUCÍA!!
As fiestras quedaron protexidas polos nosos SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS!!!
Preparamos as nosas portadas para todos os traballiños.
Quedaron impresionantes!!!
Por suposto chegou a quenda das bolsas!!!
E tivemos tempo para algún experimento máis como este no que fixemos invisible á muller invisible!!
Para rematar recibimos uns diplomas de superheroes e superheroínas moi especiais.
Rematamos o proxecto e o curso coas camisetas cos nosos logos que fixemos na clase. Quedaron xenais!!!
En cinco anos, LUCÍA amosounos os seus traballos dos superhéroes!
Antía contounos a investigación que fixo das superheroinas de AQUAWOMAN, GAMORA, BLACK WIDOW,STORM, HULKA, SPIDER WOMAN...
Nas aulas de 4 e 5 anos rematamos traballando a FLASH, ADÁN trouxonos a súa insignia.
Estes ultimos días estubemos moi atarefados facendo moitas cousas:
As camisetas para o último día:
As portadas para levar os nosos traballiños, onde primeiro pintaron
despois picaron e fixeron os seus nomes
e finalmente pegaron todo
Tamén decoraron as súas bolsiñas para levar todas as cousiñas do cole
E ASÍ REMATAMOS ESTE CURSO CUNHA GRAN FESTA FINAL ONDE DESPEDIMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS/AS DE 6º DE INFANTIL
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!