sábado, 31 de outubro de 2026

AS MEIGAS AULA VERDE

Vivimos uns días cheos de misterio, fantasía e descubrimentos! A nosa aula transformouse nun pequeno mundo de meigas, fantasmas e criaturas sorprendentes.

Entre cabazas arrepiantes, disfraces, pócemas misteriosas, lendas, gatos negros e moitas historias, seguimos mergullándonos no universo das meigas en Galicia. 

Houbo tempo para investigar, observar, experimentar, crear e deixar voar a imaxinación… e tamén para saír da aula e gozar do teatro, achegándonos ao mundo das historias contadas sobre o escenario. 

Unha semana na que aprendemos xogando, compartimos experiencias, vencemos algún que outro medo e descubrimos que detrás de cada lenda hai unha historia que merece ser coñecida.

Porque aprender tamén pode ser misterioso, divertido e… un pouquiño arrepiante!

E isto non remata aquí… As nosas meigas aínda teñen moitos segredos por descubrir!

Arrancamos a semana cunha actividade terrorificamente divertida! Creamos os nosos propios fantasmas utilizando rotuladores e pintura fluorescente. 🎨👻

Debuxamos, pintamos e deixamos voar a imaxinación para dar vida a uns fantasmiñas moi especiais que, ao apagar as luces, nos sorprenderon brillando por toda a clase!



Seguimos mergullándonos no mundo das meigas e das tradicións do Samaín, e desta vez tócalles ás protagonistas do outono: as cabazas!

Decorámolas con moita ilusión e convertémolas en auténticos amuletos protectores. Din que as súas caras e a súa luz axudan a espantar os malos espíritos e afastar aquilo que nos dá medo…

Así que xa temos novas gardiás na nosa aula! 

Agora os medos terano un pouquiño máis difícil para entrar, porque as nosas cabazas están preparadas para protexernos!

Tamén contamos o conto

Nas tres aulas de Educación Infantil puxémonos mans á obra para descubrir, dun xeito colaborativo, unha das lendas máis fermosas da nosa terra: a lenda do Pedregal de Irimia, o lugar onde nace o río Miño. 

A través desta historia achegámonos á maxia das lendas galegas, descubrimos a orixe do noso gran río e viaxamos ata un lugar moi especial da nosa contorna.


Tamén formaron parte da exposición dos corredores



Para o noso recuncho de MEIGAS chegaron tamén moitas cousiñas, un xogo e varios contos que temos pendientes de contar, foi unha semana de moita actividade.
Tamén moitos debuxos de meigas, morcegos...con silicona para poder xogar no recuncho
Tamén chegou unha caixa con dúas pocións máxicas


 Non puidemos resistirnos e probamos a facer unha a pócema das burbullas!!!

Mesturamos ben os ingredientes


Taaránnnn moita burbulla non nos saliu pero pasámolo xenial facendo a pócema
Rematamos a semana no teatro






e con todo isto ainda nos quedou algo de tempo para xogar



Despois dunha semana chea de meigas, fantasmas, cabazas, lendas, descubrimentos e moitas aventuras, despedímonos desexándovos que disfrutedes moito desta ponte, que descansemos e recarguemos enerxías!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!