Despois do conto, elaboramos a carta para levar para a nosa casa.
Sábado 27 de xaneiro de 2024
Comezamos o proxecto da natureza co conto do GRÚFALO!
Comezamos co conto do GRÚFALO para arrincar o novo proxecto!
Comezan a chegar as primeiras aportacións dende as vosas casas:
Aron con un conto de animais da nosa contorna e a súas crías.
Uxía con un crebacabezas de granxa.
No momento do xogo fixémolo entre varios. É moi divertido porque trae pegatinas e temos que atopar a sombra para pegalas no seu correspondente.
Ahmed trouxo un raposo, como o que vimos no conto.
Valentina dous contiños.
O xoves fomos contar o conto de Enyd á biblioteca. Despois na clase fixemos a ficha do conto.
Rihana con un diccionario de palabras comúns, entre elas hai unha sección de comida. Ata ten sons.
Noa o fin de semana foi a Foz e colleu unha planta moi típica das zonas de costa, uña de gato.
Debuxámola na nosa ficha de plantas e buscamos información dela.
Pablo trouxo varios animais; un oso, hai moi poucos en toda Galicia, xa investigaremos sobre eles. Tamén animais como o cabalo, o lobo,...
Trouxo dous crebacabezas.
Nos momentos de xogo contruímolos.
Noa o mércores volveu con outra planta: o aloe vera. Xa veremos porque esta planta é importante.
Luca trouxonos un raposo, esta semana falamos moito deles.
Lucas trouxonos un calendario de vacas, cada mes imos ver unha vaca diferente. Imos coñecer moitas razas de vacas, non so temos a pinta e a teixa. Trouxonos vacas cos seus becerriños e un cabalo.
Alma tamén chegou cargadiña de animais. De patiños cos seus filliños, de formigas que se moven moi rápido, de rás, unha é unha marioneta...e ata un caracol que saca fotos. Fíxonos unhas instantáneas chulísimas. Tamén nos trouxo un conto que creo que o podemos meter na auga....seguro nos agardan sorpresas con estes patiños.
Martín chegou con unha mochila chea de animais.
Martina e Noa fixeron unha manualidade moi chula. Con Paula, a mamá de Martina, fixeron conexiños. A conexiña mamá e o seu fillo conexiño. Tamén os debuxaron. Que artistas.
Daniela trouxonos unhas raposiñas pequeniñas.
O xoves, Pablo volveu cargado, desta vez cun pato.
E o que foi unha sorpresa para todos foron os 20 caracois que trouxo Martiño, porque os contamos para que non escape ningún. Os caracois son moi pillos e se saen ao mellor ata nos comen as fichas, temos que ter coidado de cerralos ben. Os nenos/as estaban emocionados porque por primeira vez tíñamos animais de verdade na clase.
Chamamos aos nosos compis de 3 anos para que viñeran velos. Tamén quedaron abraiados.
E fomos a clase de 5 anos ensinarllelos.
O venres antes de marchar cortamos máis berzas para deixarlle comida durante o fin de semana. Agardamos que lles cerraramos ben e que o luns sigan estando todos!
Luca o venres trouxonos un porquiño, dixo que era moi bonito!
Lucas síguenos traendo máis cousiñas sobre vacas, desta vez un peluche e un boli lanterna. Mola moito esta lanterna.
Martina trouxonos unhas plantas super interesantes gardadiñas nun bote que investigaremos: Hedras, fentos e musgos.
Daniela trouxo máis animais e un super debuxo.
Noa volveu con unha granxa cheíña de animais.
O venres, Martín volveu cargadiño de animais, tamén dixo que o luns traería un arbore. Estamos todos espectantes. Preguntámoslle se lles deixara aos seus irmáns animais para xogar porque trouxo moitos pero moitos animais. Dixo que na casa quedaban máis.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS pola colaboración, este proxecto, PROMETE SER INTERESANTE!!!
Despois da sesión do contacontos, fixemos un debuxo do Grúfalo:
Traballando sobre o conto: o primeiro animal co que se atopa é o raposo
Descubrindo un ratiño a través dos números e pintandoo con témpera.
Outro dos animais que saen no conto é o MOUCHO.
Repasando un moucho de cores!
Esta semana traballamos a letra do Grúfalo. O G.
Pintándoo con acuarelas marróns.
Descubrindo como era.
Decorándoo: a lingua negra, os ollos laranxas e as púas moradas. Para as púas usamos un chis de brilli brilli.
Pintando os animais do conto para cambiar os nosos equipos.
E xa cambiamos de nome aos nosos equipos.
O venres chegamos ao cole e agardábanos unha actividade sorpresa. DE ONDE SAEN AS SEMILLAS? Os nenos decían que da horta, despois de facer a actividade xa descubrimos de onde saían.
Precisamos os 5 sentidos para esta experiencia especial con froitas e verduras. Fixemos dous equipos e observamos o que había nunha bandexa grande que estaba colocada en forma de mesa (bandexa tuff tray). Ulímolas e falamos do que viamos alí: papaya, cabaza, pementos de diferentes formas e cores, tomates de cores e formas diferentes, aguacates, granadas...
Coa axuda das mans ou das culleres quitamos as semillas. Recollíamolas para un recipiente para non mesturalas e despois puxémolas a secar nun xornal.
Esta mesa é moi chula e podemos traballar varios ao seu redor.
Que sequen ben!
Despois da experiencia, debuxamos o que fixemos na ficha de xaneiro.
Na clase de 5 anos apareceu unha froita que nunca viramos: unha pitahaya. Observámola, ulímola e probámola. Os nenos/as fixeron as súas hipóteses: parecíase a unha piña, tiña pepitas como o kiwi e ao probala era doce. Grazas compis da aula de verde por descubrirnos esta froita.
Que semana máis interesante! Que descubriremos na seguinte? Desfrutade no fin de semana. Ata luns peques!
Xoves 1 de febreiro de 2024
Esta semana visitaron a nosa clase a mamá de DANI e as mamás de NOA e MARTINA!
Publicamos en xoves porque esta semana viñeron mamás contar un conto e facer unha manualidade. Moitas grazas!!
Tamén plantamos SEMILLAS e aínda nos queda unha visita para mañá, que veredes na seguinte publicación.
Comezamos a semana facendo a ficha do vocabulario das verduras que vimos o venres cando quitamos semillas.
TOMATE
PEMENTO
CABAZA
Xogando no recanto do proxecto.
Profundizando sobre os caracois que temos na clase.
O conto de ARON é sobre as crías de animais moi coñecido por todos nós. Debuxamos unha vaca na ficha do conto.
GRAZAS FAMILIAS POR TODO O QUE NOS ESTADES APORTANDO!
Ahmed con un contiño.
Samuel con dous contiños e animais.
Uxía con un contiño.
Héctor con plantas e un debuxo dunha toupiña. Imos ver as acelgas, as leitugas e a remolacha.
Lucas con contiños e máis animais.
As camelias da bisa de Momán de Alma e un ramillete de griñolera.
Profundizando sobre a camelia.
Martina o martes trouxonos outra camelia como Alma que xa decoran no noso xarrón improvisado.
Martín con unha araña moi grande.
Luca con un perrito.
Lucas con un raposo.
Thiago fixo manualidades coa súa mamá, dous gusanos e unha vaca. Tamén nos trouxo un xogo.
Luca o mércores trouxo un ciervo.
E o xoves dous lobos, a mamá e a súa cria.
Noa con un moucho que anda, ou vola quen sabe.
MARTES
CONTO CON LUÍSA. DANI e a súa MAMÁ contáronnos un contiño moi chuli: A VACA QUE PUXO UN OVO.
Xurdiron moita dúbidas, houbo nenos/as que decían que as súas vacas tamén poñían ovos.
Despois do conto, fixemos unha actividade moi chula. Un antifaz de vaca, xa que temos próximo o entroido podemolo empregar nestas datas.
Primeiro decoramola ao noso gusto:
Despois picamos os ollos e recortamola coa tesoira. Luísa púxonos unha goma para podela poñer.
Quedaron moi graciosas estas vaquiñas!
MOITAS GRAZAS MAMÁ DE DANI POR VIR A NOSA CLASE. PASÁMOLO PIPA!
MÉRCORES
MANUALIDADE NATURAL CON MAITE E PAULA. As mamás de Noa e Martina viñeron á clase facer un erizo con follas de laurel.
Primeiro recortamos o erizo. Pegámolo na cartolina marrón. Cortamos as follas de laurel a metade e pegámolas como se fosen as púas.
Puxéronnos un ollo e o nariz e nos decoramos os coloretes e a boca.
Quedaron super chulos os nosos erizos.
MOITÍSMAS GRAZAS POR ENSINARNOS ESTA MANUALIDADE TAN CHULI!!!QUE BEN O PASAMOS!
Domingo 4 de febreiro de 2024
OS NOSOS SEMILLEIROS e a visita da mamá de PABLO!
O xoves saímos a facer os nosos semilleiros e o venres visitounos a mamá de Pablo, xuntos ensináronnos unhas fotos chulísimas que saca o seu papá na natureza.
OS NOSOS SEMILLEIROS
O xoves saímos todos xuntos ao espazo onde plantaremos nos bancais para estar máis cómodos para poder facer os semilleiros. Empregamos tres tipos de envases: os vasiños dos iogures, botellas e ata un brick de leite.
Atendemos ben as explicacións das nosas mestras e collemos terra para os envases.
Decididas as semillas, plantamos, cada neno/nena a que quixo. Plantamos acelgas, cabazas e coliflores.
Marchamos para a nosa clase moi contentos coa nosa plantación. Foi unha super actividade!!!
Despois de plantar, na clase, regamos.
Puxémolos xunto á ventá para que lles dé o sol e poidan medrar.
O venres debuxamos os semilleiros na ficha de febreiro.
Despois do recreo, agardábanos unha sorpresa, a mamá de Pablo, ROCÍO, veu a nosa clase para ensinarnos xunto con Pablo unha MOSTRA DE IMAXES da NATUREZA.
Xuntos, explicaronnos que eran fotos sacadas polo papá de Pablo que lle gusta moito a fotografía. Eran imaxes da Lagoa de Cospeito, tanto de animais como de plantas, da Mariña Lucense...
De animais dos seus veciños como a becerriña ou a súa perrita Lola. Tamén nos ensinaron un lince das súas visitas a Cabárceno.
Da manciñeira e pereira da súa casa.
Este papá de Pablo é un super fotógrafo; fai unhas fotos moi bonitas! Parece que estamos no lugar onde as está sacando.
Gustáronnos moito estas imaxes!
Todas estas imaxes servirannos para investigar nas nosas investigacións na aula ó longo deste curso.
Mirade que lúa tan chea e tan bonita.
MOITAS GRAZAS ROCÍO POR VIR A NOSA CLASE, DESCUBRIMOS UNHAS FOTOS CHULÍSIMAS E MOI CERQUIÑA DE NÓS! Pasámolo xenial!!
Gústanos moito que veñades á nosa clase a compartir ratiños con todos nós. GRACIÑAS!
Sábado 10 de febreiro de 2024
Este ano, como xa sabedes, o centro está moi involucrado en distintos proxectos ó redor da natureza. En infantil
estamos profundizando especialmente no tema, e por iso decidiuse que ir disfrazados de ESPANTALLOS!Nesta entrada podedes ver como confeccionaron unha parte do disfrace, e como quedou coa colaboración das familias.
Ademais desfrutamos do desfile, a queima do MECO e un baile sorpresa do alumnado da ESO.
Rematamos a semana facendo o que mais nos gusta: xogando!
CLASE DE VERMELLO
MECO DE LUNS
MARTES DE MECO
MÉRCORES DE MECO
XOVES DE MECO
FACENDO O NOSO DISFRAZ DE ESPANTALLO!
Recortando unha parte do gorro.
Facendo os mendos de cores e decorandoos con cadros, lunares, ...
Cando lle colocamos a cinta
Pegando os mendos
Pintando o xirasol
Recortando os xirasois.
Despois pegámolos e estendemos brilli brilli nos pétalos.
A profe mezclou cola coas birutas das cores para poñelo no centro do xirasol, como se fosen as pipas.
Quedaron super chulis!
Fixemos un corvo para levar na man.
Chegou o venres para desfrutar do noso disfraz!
Sábado 10 de febreiro de 2024
O ENTROIDO NA NATUREZA
Esta semana foi moi divertida, entre os mandados do meco e preparar o noso disfraz.
Comezamos a semana de caranval moi naturais, o luns o meco mandou traer algo natural. Moi chulis.
A CESTA DE PABLO, Pablo no meco do luns trouxo unha cesta cargadiña de ramos de gromos de mazás, ramas de mandarinas, un limón, unha piña, follas de carballo e unha flor de papel. Tamén un oso.
CONTO de SUPERTATA Y EL CARNAVAL CATASTRÓFICO!!
Debuxo do conto.
No conto aparecían uns guisantes que eran un pouquiño malos, por iso aproveitamos de novo a nosa mesa negra para xogar con eles mesturados con moito confeti de carnaval. Os guisantes malvados querían quitar as cores de todas as verduras do supermercado.
Pero estes nenos mentres traballaban a motricidade fina conseguiron cazar todos eses guisantes para diferentes envases e así volver a cor as verduras do supermercado como a supertata do conto.
Foi moi divertido este conto de carnaval.
Comezan a saír as nosas primeiras semillas!! Que emoción
O xoves coloreamos como iamos ir o venres disfrazados co noso espantallo
Colgámolos no corcho porque nos quedaron moi chulos.
O venres saímos así de guapas e guapos ao noso desfile cos demais compis!
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN
O luns as nenas, Paula e Patri chegaron con dous contiños que contaremos nuns días.
Luca tamén nos trouxo outro contiño.
O martes Noa chegou cargada de moitos contos para ler, para pegar pegatinas, de sons, con crebacabezas..
Paula facendo con Noa un dos crebacabezas do conto.
Xogando co xogo de Thiago, por un lado ten profesións e polo outro animais.
O xoves Matín chegou co seu carballo.
Noa chegou cargada desta vez con manualidades.
Pasade un bo entroido, disfrazadevos moito e pásadeo moi ben! Vémonos o xoves!
Venres 23 de febreiro de 2023
Dende á volta do entroido seguimos a traballar no noso proxecto.
Volvemos das vacacións carnavaleiras con moitas gañas de contar de que nos disfrazamos!
Observamos que xa nos naceron máis sementes!!
Vemos como van nacendo e medrando!
Alma fai moitos días que nos trouxera esta planta, pero co entroido non tiveramos tempo de investigar, por iso está un pouquiño murcha pero aínda así fixemos uns debuxos chulísimos da griñolera!!
Seguimos traballando as letras, esta semana vimos a V e debuxamos unha vaca no debuxo da letra.
Non deixamos de lado o conto do Grúfalo, tamén cazamos letras na ficha da serpe, neste caso a V e a S.
O día que viñeron as mamás de Noa e Martina fixemos o erizo de follas de laurel. Investigamos o laurel, está moi rico para facer guisos.
Estes peques están traballando moi ben e observamos unhas produccións moi fermosas.
GRAZAS POR COLABORAR, FAMILIAS!!
Izan co seu crebacabezas das vogais de animais e cousas do contorno.
Facendo o crebacabezas.
Martina trouxo un libro que ole moi ben, ademais de dous limóns coas súas follas e unha sempreviva. Todos a tocamos e pica, temos moito que investigar.
Saímos cos caracois para que volvan ao seu hábitat.
Profundizando sobre o limón
Esta semana investigamos sobre os limóns, Noa trouxo limóns e tamén laranxas, un novo cítrico para investigar.
Profundizando sobre as acelgas, antes do entroido Héctor trouxera 3 macetas con plantas, unha delas a Acelga.
Noa está feita unha artista, gústanlle moito as manualidades. Trouxonos unha ovelliña moi chula e unha mimosa.
Profundizando sobre as mimosas.
Que mimosas máis fermosas.
Menuda SORPRESA, temos unha xoaniña na clase. Saíunos moi revoltosa porque cando a sacamos móvese moito.
Investigamos un pouco sobre elas. Quedamos moi abraiados!
Plasmamolo no papel.
Noa trouxolle unha folla de leituga para que non pase fame.
Luca co seu xogo inventado! Moi ben!!!!
Un xogo/debuxos de Noa en goma eva con elementos da natureza.
Hoxe Ahmed apareceu cun xogo de pegadas de diferentes animais.
No momento do xogo probaron a ver como se xogaba. Ahmed íanos decindo como buscaba máis fácil as pegadas co seu animal correspondente, tiña unha chuleta, que diver!
MOITAS GRAZAS POR RECICLAR PILAS!!!
O venres 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía, na publicación de dita ilustre galega veredes todo o que traballamos para facer un mural ben fermoso e colorido de Rosalía. Ata luns peques! Bo fin de semana.
Xoves 29 de febreiro de 2024
Esta semana foi de sorpresa en sorpresa, o martes viñeron de visita o papá e a prima de Daniela e o mércores como xa vistes, fixemos un batido na cociña.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!
Martina fixo coa súa mamá esta xoaniña. Que bonito é ver que contades na casa o que facemos no cole.
Alma veu cargada con un montón de insectos. Algún nos coñeciamos, tivemos que buscalos como por exemplo a polilla. Xa profundizaremos neles máis adiante!
O martes Martina trouxo perexil. Temos que argarllar algo para facer con esta planta tan aromática.
O mércores Noa trouxonos máis perexil. Temos dubidas se será cenoira, temos que profundizar no asunto. Andamos coas comparacións.
Martina segue coas súas manualidades, un vermiño e unha formiga, que artistada tan chula.
Pablo trouxonos uns animais de dúas patas; galiña, pato,....Gustoulle poñer a galiña picando no seu mandilón.
Lucas chegou con un ramiño de camelias, que xa adornan a nosa aula.
Noa chegou o xoves con un ramillete de olivo.
CONTO ESPECIAL DO MARTES
Moitas grazas papá de Daniela e prima por vir a pasar un ratiño con nós na aula. Contáronnos un conto que fixeron Paula, a prima, e Daniela. Que boas escritoras nos sairon.
Contaron a historia de Lili, a bolboreta viaxeira. Lili era unha bolboreta moi inqueda, non tiña medo a ninguén e quería coñecer mundo e vivir aventuras.
Despois fixemos a bolboreta, Daniela repartir uns corazóns, que ao recortalos convertianse en bolboretas. Moita maxia facemos na clase.
Pintámolas como nós quixemos.
Pegaronnos o corpo con un pauíño de madeira, puxeron dous ollos e unhas antenas.
Por último, puxeronlles un cordón de cores para poder levala para á casa.
Moitas grazas por vir!! Pasámolo moi ben, volvede cando queiredes!! Gustanos moito que veñades pasar un ratiño con nós.
A semana transcorreu así....
Noa contou o seu conto de CU-CÚ en la granja e fixemos a ficha do conto. Escribimos e debuxamos un cocho.
Profundizamos sobre a laranxa que trouxo a semana pasada Noa. Está rica para os zumes, comela soa ou incluso para facer biscoitos.
Seguimos co conto do Grúfalo e comezamos a practicar o número 6, seguimos cazando letras.
Fai tempo Martina trouxera musgo, investigamos sobre el. Recordade que está en perigo de extinción. Debemos coidalo.
Ahmed contounos un conto moi divertido de vacas. Debuxamos a Tina, a protagonista da historia.
Esta semana traballamos a letra C, e buscamos algún animal cercano a nós con esta letra e mirade a quen atopamos.
O noso amigo o Grúfalo ten unhas características moi pecualiares, púas moradas, lingua negra, ollos laranxas...desta vez pintámolo con témpera aguada e o dedo.
Como nos gusta "enguararnos", jajaja!!!Quedaron as mans moi marróns!!!
O rato nunca pensou que de verdade existira o Grúfalo e cando o viu quedouse abraiado. O Grúfalo xa estaba pensando en como o ia comer. Os nenos pintaron o rato cos lapis e decoraron o pote con boliñas de papel de seda de cores.
Este rato é moi traviesillo, axudamoslle a contar cantas castañas podía comer, eche moi lambón.
Ata fixemos un crucigrama cos nomes do conto!!
Grazas familias por colaborar na reciclaxe de pilas!
Esta semana estivemos moi enredados traballando sobre a semana da prensa, o día da muller e plantando os frutais. Tamén recibimos a visita de Vanesa, Verónica e Montse que viñeron facer unha manualidade con todos nós.
Comezamos a semana con aportacións das casas. Moitísimas grazas.
Lucas trouxonos unha cámara de vídeo nas que hai imaxes moi chulas e un canciño.
Noa este finde fixo un floreiro que é un moucho, xa temos onde poñer as nosas flores.
Con Martina o luns saboreamos.....umm que rico estaba o mel da súa avoa. Tamén fixo unhas abellas moi chulis.
Rico, rico...
O martes volvemos a ter máis materiais, Thiago trouxonos un conto que contaremos nuns días.
Noa trouxo un ramiño de flores variadas que puxemos no floreiro que nos trouxo onte decorado de moucho.
Lucas séguenos traendo vacas.
Héctor trouxo dúas camelias, unha branca e outra vermella. Unha estaba aberta e a outra aínda é un capullo.
Alma trouxonos dúas folliñas de hedra.
O mércores Alma chegou con unha flor que se converte no que todos coñecemos como dente de león.
Noa trouxo libros de pegatinas das estacións.
A Luca fixémolo pensar cos seus osos, porque preguntámoslle onde os podíamos ver. Trouxo mamá e fillo oso.
Investigamos sobre as hedras, Martina abreu o seu bote para que ulisen e tocasen.
Quedaron uns debuxos estupendos.
Alma o luns tamén trouxo unhas folliñas de hedra que empregamos para debuxalas mellor.
O xoves Noa chegou con un conto e con unhas folliñas de acivro.
Luca trouxo a Chispas disfrazado.
Martina trouxo un cabalo, como os que ten na casa. Ten dous.
O noso recanto do proxecto estase a encher de moitos animais.
VISITA DO VENRES
As mamás de Luca, Lucas e Uxía visitaron o noso cole para facer unha manualidade moi primaveral. Entre todos fixemos unha flor moi chuli.
Os nenos repartiron os pauíños para os compis.
As mamás repartiron cachiños de plasti para facer unha boliña moi redondiña.
Déronlles 4 círculos de papel de cociña que decoraron con rostus de cores, para que a nosa flor quede ben vistosa.
Explicáronnos como tiñamos que poñer os pétalos coa axuda do pauíño.
Para rematar, botaron un flis flis de colonia de Pepa Pig para que se mesturen as cores e quede perfumada.
MOITAS GRAZAS POLA VISITA, pásamolo moi ben. Volvede cando queirades porque nos gusta moito que veñades pasar un ratiño con nós.
Quedaron moi fermosas, coloridas e perfumadas!
O venres tivemos máis aportacións das familias, Alma trouxonos un conto de animais da granxa e un burriño. Noa e Martina trouxeronnos máis aportacións que veremos para a vindeira semana.
Esta semana, fixemos moitas actividades, traballamos a semana da prensa, o día da muller (que veredes nas vindeiras publicacións) e tamén comezamos a darlle visibilidade ao espazo verde que queremos crear no cole.
Plantamos frutais, na nosa clase plantamos o albaricoqueiro.
Fixemos uns debuxos moi chulis desa experencia!
Temos que coidalo moito para poder degustar os albaricoques.
GRAZAS POR COLABORAR CON PILABOT!
Ata luns peques! Bo fin de semana.
Venres 15 de marzo de 2024
UN GRÚFALO MOI GRACIOSO!
Seguimos recibindo materiais para o noso recanto e estamos a puntiño de rematar co conto do Grúfalo.
Comezamos a semana recibindo máis novidades.
Noa trouxonos un ramiño de pino.
E seguimos adornando o noso floreiro con camelias.
O mapache de Luca.
A maxia do libro de Pablo.
Elexiu ao seu compi Ahmed para ensinarlle a maxia deste boli e libro. Xuntos mostraronlle ao resto.
A ovella de Dani.
O cisne e o toro de Lucas.
O debuxo cheo de pegatinas do contorno de Alma. Un folio moi, pero moi decorado.
A vaca e o can de Martín.
O conexiño de Noa.
A super colmea que trouxo Noa que fixo coa súa mamá. Verémola máis en profundidade no seguinte trimestre que traballaremos entre outras cousiñas, os insectos.
Lucas trouxo un cabalo e unha ovella. Tamén unha manualidade de xoaniña que fixo coa súa mamá. Son moi artistas.
O xabaril de Martín, en Cospeito hai moitos, temos que ter coidado con eles.
O venres, Dani apareceu con unha vaca pasiega.
O mércores as nenas Patri e Paula contaron un dos seus contiños. Como temos que protexer a natureza, ata nos recordamos de Greta. Despois escribimos e debuxamos un mar.
Estamos a puntiño de rematar o conto do Grúfalo, ao final do conto o rato quere comer grúfalo con friame, nós, no prato, buscamos en folletos de supermercado e pegamos unha comida que nos gusta.
Aproveitamos para falar da comida saudable e daquela que podemos comer de vez en cando.
Manualidade do GRÚFALO.
Pintado as súas partes.
Recortándoas e montando.
Quedaron uns grúfalos moi graciosos!! Que vos artistas!
O xoves vimos unha letra que leva a palabra queixo. Os ratos gústalles moito o queixo.
Nas fichas do conto do grúfalo facemos conteo e series, mirade como comen os ratiños o queixo.
Pintando cada número da cor que se indicaba para descubrir o animal que escondía. Despois pintamos o rato con témpera e o dedo.
Uxía contando o seu conto, íanos descubrindo os animais de paso que paseabamos polo bosque. Foi un conto moi divertido.
Lucas contounos o seu conto da granxa, aparecían moitos animais. Debuxamos e escribimos un cabalo.
Estamos a piques de comezar unha estación que nos gusta moito, a primavera. No conto de Luca repasamos as diferentes paisaxes e animais que saen en cada estación. Ademais tiña música que era super chuli para os nosos oídos.
Aproveitamos que falamos das estacións para que Lucas contara o seu conto do outono. Observamos como se transforma a natureza. Que bonitas son as estacións.
Puxemos fin ao 2º trimestre rematando o conto do Grúfalo e con unha visita moi especial; a mamá da nosa compi Alma contounos un conto moi doce. Xuntos fixemos diferentes actividades.
Martina trouxonos unha manualidade dun pitiño que fixo coa súa mamá.
Tamén trouxo unha huevera con 6 ovos. Buscamos a quen pertencía cada ovo. Cada pita pon un ovo diferente.
A galiña e o galo de Martina.
Noa trouxonos unha bolboreta!! Que bonita, grazas mamá de Noa por collela para que Noa nola poidera ensinar.
Foillela ensinar as nosos compis de 3 e 5 anos! Quedaron abraiados, porque é moi bonita.
Traballando sobre a bolboreta sobre o papel.
Buscando información das bolboretas.
O mércores decidimos soltar a nosa bolboreta para que recorra o seu camiño dende o cole.
Como nos custou resistirnos a este porquiño tan doce!!!!!
Lucas trouxonos un crecabezas moi orixinal, para ensinarllelo aos nenos. Anxo axudoulle a montalo.
O cachorriño de Lucas.
As manualidades de Noa.
O romeo de Martina, que ben ule.
Investigando sobre o romeo.
O conto de Dani.
A vaquiña de Martín que canta.
Os pitiños de Noa que fixo coa súa mamá dun ovo de chocolate e máis flores para os floreiros.
A ruleta do grúfalo e os animais do conto.
Coloreando, recortando e picando.
A xogar cos protagonistas do conto!
O xoves Noa chegou ao cole cargadiña dunha gran cartolina grande cheíña de fotos dela na natureza: coas vaquiñas, no campo, cos conexiños....o que sería unha experta en vivir na natureza. Grazas aos seus papás por axudarlle a colocar tanta foto.
Martina trouxo para o noso floreiro magnolias.
Se Matina trouxo ovos de pitas, Noa trouxonos ovos de codorniz!!! Á volta das vacacións investigaremos.
O venres fixemos uns debuxos moi bonitos da plantación do xoves no horto.
VISITA DA MAMÁ DE ALMA
Rematamos o venres e o 2º trimestre con unha visita moi especial. Cristina, a mamá de Alma, veu contar un conto.
Xuntas contaron o conto da Eiruga larpeira.
Propuxeronnos dúas actividades, a primeira colorear as froitas que saian no conto.
Alma repartiu as froitas e todos colorearon.
Recortamos.
A estas froitas faltaballes algo moi molón, as pernas e os brazos. Cristina ensinounos como tiñamos que doblar estas partes tan graciosas.
Como a eiruga era moi larpeira; pasou polas froitas e polos doces para comerlles un cachiño. Entre todos escribimos o título do conto e fixemos unha tarta de mazá.
Para iso, a mamá de Alma cortou unha mazá en varios cachos e estampámola de cores nunha gran tarta.
Deixamola secando, á volta colgaremola no noso corcho.
MOITÍSIMAS GRAZAS, CRISTINA. Pasámolo moi ben e xa sabes que podes volver cando queiras. Gústanos moito que veñades vernos e pasar un ratiño con nós.
A reciclaxe é moi importante e máis cando pode ser contaminante como son as pilas, grazas por seguir reciclando. Recordade o 5 de abril é o último día para traelas!
BOAS VACACIÓNS!! DESCANSADE MOITO E APROVEITADE ESTOS DÍAS. VÉMONOS PRONTIÑO.
Venres 5 de abril de 2024
Volvemos das vacacións
super relaxados e con moitas gañas de artistear! Mirade que ovo máis chulo decoraron os nenos con elementos moi primaverais, ademáis cada un debuxouse a sí mesmo.
Moitas grazas familias, por seguir colaborando con nós neste proxecto.
NOA, trouxonos unha libélula e un vermillo. Fíxoos coa súa mamá.
Cantas ganas había de comezar co libro, e por fin chegou o día. Picando para descubrir o que se agochaba detrás. Unha HORTA!!!!entre todos escribimos a palabra leituga porque aparecían na imaxe.
Xogando coas letras e as hortalizas!
Noa volveunos facer outra manualidade de pitiño, gustanlle moito que temos moita variedade deles.
Antes das vacacións de Semana Santa trouxéranos uns ovos de codorniz. O mércores investigamos sobre esta especie e o seu peculiar ovo.
Coa axuda de Martina e Alma ensináronlles aos nenos como o debían colorear e como estamos traballando o número 6, debuxamos 6 ovos nun moi grande. Tamén buscamos información desta ave e debuxámola. Quedaron super ben, que artistas son estes peques.
DEGUSTACIÓN DOS CÍTRICOS!
Saboreando os limóns e as laranxas!! Hai caras que o din todo, jajajaj
QUE SABEMOS DA HORTA? Debuxos de como vemos nós unha horta.
QUE QUEREMOS SABER? Debuxos dun caracol.
Ovo de pato e de oca!
Que atopamos no patio??
Un cempés!!!
Rematamos a semana con máis aportacións; as flores silvestres de Alma.
As calas de Martina.
A bolboreta de Noa.
O mapache de Luca.
Por detrás das follas de traballo dos libros aproveitámolas para practicar o que estamos traballando, neste caso decoramos os nosos nomes.
PARA LUCAS!
Esta semana o noso compi Lucas foi ó hospital. Mandamoslle moitas apertas de corazón e fixémoslle un debuxo na pantalla. Recúperate pronto Lucas!!
Grazas por seguir reciclando!
PILAS
ROTUS
Ata luns peques!!!
Martes 9 de abril de 2024
Os papás de Paula e Patricia veñen contar un conto!
Hoxe os papás de Patri e Paula viñeron contar un conto super divertido á clase.
Titúlase La patita que vino cenar.
Despois do conto fixemos unha marioneta de pato ou pata, a protagonista do conto. Patri e Paula repartindo as partes da marioneta.
Recortando
e picando.
Decorando o noso pato/a.
Repartindo ollos de pegatinas e alas para decorar. Mireya e Ángel axudandonos a poder meter ben os dediños na nosa marioneta poñendo un celo.
Moitísimas grazas por vir a nosa clase a pasar un ratiño con todos nós. Pasámolo moi ben, volvede cando queirades.
Que bonitas quedaron as nosas marionetas!!A contar moitos contiños na casa.
Venres 12 de abril de 2024
PINTANDO CON IOGURES!
Esta semana cargaouse de actividades, o martes a visita dos papás das nenas contar un conto, o mércores visitounos a protectora e o xoves pintamos con iogur. Ademais
comezamos a semana recibindo máis novidades para o noso proxecto!
Alma con flores de nabos...colleunos en Momán coa súa mamá.
Traballando sobre o papel o nabo e os grelos. Están moi ricos.
Lucas co burriño e a vaquiña.
Héctor con pétalos de flores.
Luca cun crebacabezas dunha yama. Axudoulle Dani a montalo para ensinarnolo.
Facendo unhas flores con grafismos. Primeiro recortamos e pegamos un círculo pequeno dentro dun grande.
Facendo grafismos de cores.
Que coloridas quedaron.
Xa vos ensinaremos o ben que están a quedar no mural en conxunto cos nosos compis de infantil.
Noa contounos o seu conto da horta, observamos diferentes animais e plantas e ata vimos un espantallo.
O coelliño de Noa.
O conto de Luca.
A mariposa de Noa e Martina.
O venres antes de marchar decidimos abrirlle para que poidera voar e ir a algún lugar tan chuli como o noso cole.
É moi bonita.
Voou moi alto!
Ensinámoslla aos nosos compis de 3 e 5 anos.
Máis flores de Noa e Martina, ramas de diferentes árbores como o chorón.
Luca segue cos seus animais, o pato e máis vaquiñas, como lle gustan.
O conexiño de Alma.
O xoves fixemos unha actividade super molona na mesa negra.
Pintamos con iogures naturais e colorantes alimenticios de diferentes cores. Noa a semana pasada trouxonos iogures, os naturais aproveitamolos para esta actividade e os outros xa veredes máis adiante como os degustamos.
Despois de facer a mezcla tocou coller contagotas, bastoncillos e pinceis e poñernos a debuxar. Porque se algo nos gusta en infantil e facer as nosas obras de arte.
Non nos puidemos resistir a "guarranguear" un pouco e sentir esa textura nas nosas mans.
E por suposto, saíron novos sabores coas cores do iogur. A azul de arándano, a verde de pera, a vermella de fresa e a amarela de plátano.
Noa tamén trouxera en imaxes como sería o proceso para poder mercar os iogures ou o leite. Dende cando o leite sae da vaca, o colle o camión do leite, chega a fábrica e despois o mercamos no super.
Trouxonos iogures, os naturais empregamolos para o experimento e os de cereixa e mango probámolos. Riquísimos!!!!
Martín trouxo flores silvestres como a margarita.
Lucas outra vaquiña.
Facendo a portada do libriño do GRÚFALO, cada neno colleu o pincel e coa nosa man fixemos o Grúfalo e o rato. Estanos quedando super graciosa.
Remataremola para a vindeira semana.
GRAZAS por colaborar coa protectora de animais de Lugo!!
Pilas
Ata luns peques! Bo fin de semana
Venres 19 abril de 2024
Natureza: bichos e cores!
A semana comezou entre saltamontes e xoaniñas. Seguimos avanzando no libro e coñecendo máis sobre a horta.
Noa o venres trouxonos un saltamontes, investigámolo esta semana.
Héctor tamén nos trouxo un.
Traballando e investigando sobre o papel.
Lucas trouxo unha vaquiña e un cabalo.
Noa trouxo tres uñas de gato. Tamén trouxo un conexiño.
Martina trouxo follas de caña e unha xoaniña.
Ensinoullelo aos seus compañeiros de 3 e 5 anos.
O xoves soltámola para que estivera no noso patio.
Pablo a semana pasada estivo maliño pero tamén fixo a súa flor para o mural.
Mirade que chulo quedou decorado con todas as flores dos nosos compis de 3 e 5 anos.
Traballando sobre o libro, pegando paxariños tal como nos mandaba o espantallo. Tiñamos que contar.
Despois debuxámolo por detrás.
A lá das ovellas de Martina.
As cegoñas de Noa e o seu super debuxo.
Rematamos as portadas do grúfalo. Que graciosas quedaron.
O mércores Alma chegou con unha mariposa moi chuli!
Noa trouxo un montón de insectos que montou coa súa compi Alana.
Como medran as plantas? Mediante as pegatinas vimos o proceso de como medran as plantas.
Que coidados precisan? Auga, sol e terra. Despois de picar vimos que se a coidamos a planta medra sana e forte.
Esta semana estamos aprendendo a canción que aparece no libro.
Trata dunha leituga.
O xoves Noa fíxonos un conexiño cun vaso. Que chulada!
Traballamos o conto do libro. Recortando e montando o crebacabezas.
Os protagonistas do conto salvaron a horta grazas a un espantallo, por iso unha vez montado o crebacabezas debuxamos un espantallo.
Por detrás do conto debuxamos un xirasol facendo un círculo e colocando os pétalos rachados coa man. Quedaron moi orixinais.
O venres antes da carreira Luca contou o seu conto dos vixiantes da terra, descubrimos as xoaniñas, as arañas, os morcegos,...e debuxamos unha teupa na ficha do conto.
E saímos a correr e a pasalo ben na carreira ENKI. Moitas grazas por colaborar nas iniciativas solidarias!
Grazas por colaborar coa protectora!
Ata luns peques!
Martes 23 de abril 2024
FIXEMOS QUEIXO!!
O luns viñeron de visita a mamá e a avoa de Lucas.
Entre todos fixemos queixo. Primeiro botaron o leite na pota, era recién munxido da vaca.
Botaronlle unha pouquiña calleira.
Para que callara máis rápido puxérono ao baño maria.
Que rápido comezou a callar.
A avoa de Lucas fíxolle uns cortes para que seguira callando.
Soltou moito soro. Xa estaba listo para facelo.
Entre todos coámolo.
O último toque deullo a avoa Irene que o prensou moi ben. Unha vez posto no escurridor para que seguira soltando soro botoulle un pouco sal. Levámolo para a nevera.
Mentres o queixo callaba contáronnos un conto.
O conto dos CHIVOS CHIVÓNS, é moi divertido.
Fixemos unha manualidade, unha marioneta de cabra. Para iso, Lucas repartiu unhas cartolinas para decorar.
Debuxamos a cabeza e decoramos como quixemos.
Recortamos e a mamá de Lucas preparou coas plastis brancas e negras unhas boliñas para facer os cornos.
Estiramos, enroscamos e pegamos os cornos. Lucas repartir dous gomets que puxemos de patas.
Verónica púxolle un depresor por detrás e xa temos a nosa marioneta. Que ben quedaron.
MOITAS GRAZAS familia de Lucas por vir pasar un ratiño con nós. Pasámolo xenial.
O martes probámolo. Moi rico. Grazas avoa Irene e mamá Verónica por ensinarnos a facer un queixo e pasar un rato moi agradable.
Venres 3 de maio 2024
Bolboretas e cancións na natureza!!
A semana pasada e esta seguimos descubrindo máis sobre o noso proxecto. Fixemos unhas bolboretas moi chulis que adornan a nosa clase.
Seguimos con máis cousiñas para o proxecto!
Héctor coa súa cabaciña, trouxo fotos de como a meteu en algodón e como saíu. Cando medre un pouco máis plantaremola no noso horto.
Pasada unha semana, mirade o que medrou.
Martín con dúas vaquiñas.
Noa coa súa bolboreta e un crebacabezas de bambi.
Cando sacamos o saltamontes ao patio para que poidera xogar.
Noa co seu debuxo e un espárrago.
Investigando sobre os espárragos.
O cabalo de Dani.
A xoaniña de Noa.
Cando a soltamos a xogar no patio.
A folla de Alma.
O café de Noa.
Investigando sobre o café e ulindo a diferencia do tostado e sen tostar.
O canciño de Dani.
Noa coa súa manualidade.
Dani con outro canciño.
Lucas cando vimos o vídeo munxindo co seu avó a vaca da que nos trouxo o leite para facer o queixo.
Aproveitando o munxido da vaca, Lucas contou o seu conto que tamén ia de vacas e de pitas. Debuxamos unha pita na ficha do conto.
O conto e o pitiño de Noa.
Luca trouxo unha semente de aguacate, xa estaba mollada, porque recordamos que a temos que meter na auga ata que saían as raíces e plantouna diante de todos.
Martín co seu rato xoguetón, o ganso e a oca.
Noa con un loro super orixinal e colorido.
Martina con unha pravia e un ramillete de Glicinia.
Alma contando o seu conto coa axuda da súa burriña.
Thiago contando o seu conto.
Facendo un marcapáxinas para o día do libro.
Celebramos o día do libro co noso marcapáxinas!
Pintando unha bolboreta co dedo.
Botando brilli brilli a nosa bolboreta.
Faltaba Martina por colgar a súa bolboreta e cando veu ao cole rematamos a nosa cortina de bolboretas.
Fai unha tempada Martina trouxeranos unha caixa de bolboretas de arcilla branca, tocou decoralas con rotus e levaronas para á casa.
Usando os rotus.
Quedaron moi coloridas.
As plantas poden enfermar.
Na clase de 5 anos probaron as fresas con sabor a piña. Déronnos para probar e fixemos a ficha de investigación.
A horta poden visitala moitos bichiños pero temos remedios caseiro efectivos, son as plantas aromáticas.
Contando as hortalizas da cesta e escribindo o que había nela.
s
Onte veu de visita a nosa profe Uxía, que contentos nos puxemos.
O luns saímos dar unha volta pola horta e ao ver as leitugas cantamos a canción que temos neste libro.
Agardamos que vós guste!
Ata luns peques!
Venres 10 de maio de 2024
PLANTAMOS AMORODOS!
Hoxe tivemos unha nova experiencia na horta do cole. Nesta ocasión plantaron AMORODOS! A ver se temos sorte e crecen ben.
Primeiro repasamos o que temos xa plantado.
Logo xa se puxeron mans á obra!
Tamén puideron observar uns caracoliños que se querían alimentar na nosa horta!
DÍA DA FAMILIA
Clase de VERMELLO
Recortando o espantallo.
Decorando a maceta.
Plantando o amorodo, precisamos terra, gramar e un chis de auga.
Colocamos o espantallo.
Decoramos a tarxeta.
Listas para agasallar!
Debuxos das nosas familias!
Xoves 16 maio 2024
NATUREZA!
Cada semana seguimos recibindo máis información para o noso proxecto!
Pablo coa súa amaris, super bonita! Dixo que viña con un filliño.
Investigando sobre esta planta.
Noa trouxo un nido de paxariño cun ovo.
Foillo ensinar aos nenos de 3 e 5 anos.
Noa trouxonos unha ferradura de cabalo.
Profundizando sobre os cabalos.
Martín chegou con moitos bichos.
Investigando sobre a libélula.
Luca co seu gato e unha cabra.
A semana pasada fixemos uns cactus moi graciosos e Noa trouxonos un real.
Noa co seu coelliño.
Héctor coas súas flores.
Investigando sobre as rosas.
Noa con outro cactus, pero este non pica.
Máis insectos de Martín!
Noa desta vez colleu ela a bolboreta, viña super contenta.
Soltámola antes de marchar da ponte para que voase por todo o cole.
Martina trouxo un peixiño do río de Goá que pescou co seu papi. Despois de ensinarllelo aos compis buscoulle un nome e escribímolo.
Mirade, temos dúas rás que colleu a nosa compi Noa. Investigando sobre elas. Houbo moitas dúbidas se sería doméstica ou salvaxe. Chegaron a conclusión que como están nos charcos e están cerca da casa son domésticas.
O xoves tamén as soltamos para que saltaran por todo o cole.
Artistada das nosas, cactus bonitos.
Recordando as partes das plantas e observando que é o que se come.
Traballando sobre a poesía. Pintando o que falta.
A poesía.
A semana pasada pintaron uns erizos que despois recortaron. Quedaron moi orixinais.
Boa ponte a todos/as. Vémonos o martes peques!
Venres 24 maio 2024
CONTO COA MAMÁ DE DANI! Quen vén esta noite?
Esta semana seguimos traballando no proxecto. Rematamos o venres con unha visita especial, a mami de Dani veu contarnos un conto.
Lucas co súa galiña e año
Noa co seu niño.
Noa trouxo unhas fotos e imaxes dos merlos, merlo femia e merlo macho. Buscamos en que se diferenciaban. O merlo macho é negro e o merlo femia é máis castaño. Ademais de que teñen un pico diferente. Chegamos a conclusión que eran salvaxes porque non era fácil collelos que enseguida escapaban voando.
Lucas co seu cabalo.
E co seu porquiño.
Investigando sobre o peixe (Cheese) de Martina. O martes ao volver da ponte observamos que o peixiño morrera. Puxémonos un pouco tristes e comezamos a pensar que lle puido pasar, enfermara, non comera, ou a botella era moi pequena para que poidese vivir.
Traballando no libro, inventando símbolos e cores para sinalar unha horta.
Debuxando as fresas que plantamos no horto. Situando a estación e canto sol e auga precisan.
FLORES ROBÓTICAS!!!
O xoves fixemos un experimento. Primeiro decoramos unhas pulseiras de animais. Había abellas, bolboretas e soles que levariamos de recordo.
Despois tiñamos outra pulseira máis grande en forma de flor. Por grupos de mesa démoslle cor e intentamos encender unha luz nesa flor. Precisamos unha luz que tiña dúas patiñas, unha pila e fío de cobre adhesivo. Vimos que as pilas había que colocalas ben para que producisen enerxía e así acender a luz.
Os animais da pulseira de recordo, ian buscar polen á flor e precisa do sol para poder medrar!
Como molou!!!
A VISITA DA MAMÁ DE DANI
O venres, Luísa, a mamá de Dani, veu de visita contarnos un conto moi especial. Títulase Quen vén esta noite? . Un conto de ratiños, pero non calquera ratiño senon os ratiños máis famosos: o rato Pérez e o seus fillos.
Descubrimos que cando nos cai un dente, ás veces atopamos moedas, outras xoguetes, libros...iso é porque cada fillo do Rato Pérez ten uns gustos mois persoais e fannos trastadas.
Despois do conto, fixemos unha manualidade. Recortamos pezas para montar un rato moi gracioso.
Recortamos corpo, orellas, peto e debuxamos a cara. A mamá de Dani púxonos uns botóns moi chulis e un dente en cada rato.
Quedaron moi simpáticos. Dani agasallou aos nenos cunha porta de cores para poder deixar os dentiños e así o rato poida recollelos para o seu saco e trocalos por un agasallo.
Moitas grazas Luísa por vir compartir un ratiño con todos nós. Pasámolo xenial e agora xa descubrimos onde van os nosos dentiños cando nos caen.
Dani agasallou unha porta nas clases dos nosos compis de 3 e 5 anos. Tamén deixamos unha na clase por se cae algún dente gardalo mentras non o levamos para a almofada.
Ata luns peques!!
Xoves 30 maio 2024
CAMISETAS CHEAS DE NATUREZA!
Clase de VERMELLO
Nestas camisetas hai unha folla invisible pero de noite é fluorescente.
Venres 30 de maio 2024
ENSALADA VEXETAL
CLASE VERMELLA
En 4 anos convertemonos en cociñeiros. Elaboramos unha ensalada con leituga, tomates cherries, mazás e raiamos cenoiras.
Aliñamos e remexemos ben.
Lista para comer!!! As caras xa din a quen lle gustou.
REQUESÓN DA AVOA DE LUCAS
Comezamos a semana traballando sobre o proxecto, convertémonos en cadros, recibimos a visita da mamá de Lucas e ata cociñamos.
Os figos de Noa
Investigando sobre os figos.
Un niño con oviños moi pequeniños, de que paxariño seran?
Martín cunha rá.
Hai un son moi característico na primaveira, podemolo oír incluso mentras esperamos o bus que nos trae ao cole. É o cuco. Investigamos sobre el.
O martes fixemos unha actividade moi molona, primeiro decoramos diversas verduras coa témpera sólida.
Despois recortámolas.
Para facer o noso cadro particular de Arcimboldo.
Collemos as diversas verduras que había no recanto da cocinita e mirade que guapos estamos con todas elas a redor da nosa cabeza.
Despois fixemolo sobre o papel.
SON UNS ARTISTAS ESTES PEQUES!!!
O mércores veu a mamá de Lucas e trouxonos requesón feito pola avoa Irene. A avoa non puido vir pero Verónica foinos dicindo como fixera.
Parecía iogur pero non era iogur.
Despois de probalo escribimos a receita entre todos.
Verónica, a mamá de Lucas, axudounos.
Moitas grazas por vir con esta actividade tan chuli da avoa Irene. Para ano seguiremos con máis actividades molonas.
Quedaron super coloridas!!!
Unha receita do máis sinxela!
O xoves despois de ser cociñeiros e cociñeiras e facer a ensalada vexetal debuxamos os ingredientes que empregamos. Enlace da experiencia: https://amaxiadosaber.blogspot.com/2024/05/experiencia-de-cocina-facemos-unha.html#more
Rematamos o venres con un contiño de Alma sobre animais.
Desta vez non fixemos a ficha do conto, senon que debuxamos e escribimos na pantalla un protagonista do conto. Bo finde peques!!
Mércores 5 de xuño 2024
SAÍDA DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE!
Hoxe 5 de xuño de 2024 realizamos unha saída especial á lagoa de Cospeito para conmemorar o Día do Medio Ambiente!
Baixamos 4º,5º e 6º de educación infantil con 1º e 2º de primaria!
Visitamos o mirador principal xunto ó centro de interpretación da lagoa.
Demos un paseo observando a contorna.
Observamos unha chea de plantas!
Algúns animais como escarabellos, cabaliños do demo, zapateiros e patos. Escoitamos unha chea de ras e paxariños.
Paramos en 2 miradores do paseo.
Tivemos tempo para unhas fotiños no paseo.
Merendamos xuntos á sombra das árbores.
Xogamos!
E despedímonos da lagoa!
Luns 10 xuño de 2024
UN CONTO CO PADRIÑO DE ALMA!
Hoxe, tivemos a visita de Alberto, o padriño de Alma que nos veu contar un conto super divertido.
Títulase, UN CAN de Hematocrítico.
Xuntos escoitamos con atención, xa que era un conto de animais.
Despois do conto, falamos de que trataba. Alma e Alberto propuxéronnos facer un debuxo dun dos personaxes do conto para despois transformalo en marioneta.
Como nos gusta debuxar!!!! Cada neno/a debuxou o que quixo: uns o can, outros a ovella, algúns o gato...
Alberto comprobou que son grandes artistas!!!. Unha vez feito o debuxo puxémoslle o depresor por detrás para que na casa o empreguen para contar moitas historias.
Que ben quedaron estas marionetas.
E antes de marchar botamos uns bailes.
Moitas grazas Alberto por vir pasar un ratiño con todos nós. Pasámolo xenial. Volve cando queiras. Coa visita do padriño de Alma, damos por finalizada as sesións en familia deste curso. Moitas grazas a todas e a todos por participar, agardamos que poidades seguir vindo o vindeiro curso.
Martes 11 de xuño de 2024
Saída ó Bosque Máxico e ás Formigas de San Clodio!
Xa rematando o curso, e seguindo coa temática deste curso escolar, o alumnado de infantil foi a unha excursión rodeado da natureza, na que o pasaron xenial, e na que puidemos tomar conciencia da importancia de coidar da contorna.
Primeiro visitaron o Bosque Máxico de Bonxe. Nunha contorna moi especial desfurtaron observando trasgos, casiñas de fadas e animais extraordinarios!
Visitaron un estanque artificial con patiños!
Puideron entrar nun tipi!
Rematada a visita ó bosque Máxico collemos o bus para ir á aldea das Formigas d eSan Clodio.
Visitamos as vacas e a súa cadeliña pastora!
Tomamos a merenda de media mañá e emprendemos un paseo polos recantos agachados da aldea e bosque das formigas! Foi un percorrido fermoso no que observamos multitude de esculturas extraordinarias, feitas con materiais de refugallo que daban vida a unha paisaxe máxica chea de imaxinación e na que vivimos moitas aventuras!
Rematamos cansiños e con moita fame!
Para rematar compartimos con vós unhas fotiños de grupo!
Grazas por colaborar para que hoxe vivísemos un día máxico no medio da natureza!
Martes 18 de xuño de 2024
ESTE PROXECTO QUERÍA MÁIS, PERO ESTAMOS CHEGANDO AS VACACIÓNS!
Estos días andamos facendo portadas, bolsas e recollendo todos os materiais do proxecto.
As últimas aportacións deste curso.
Martín cun caracol que anda solo.
Lucas cunha rosa.
Noa contou o seu conto de sons. Despois na pantalla debuxou un conexo que lle gustan moito e tamén entre todos escribimos conexo.
Martina contou o seu conto de olores e cores. Ulimos un montón de plantas, debuxamos e escribimos na ficha do conto unha rosa.
Martina cunha flor de surfunia e as follas da cerdeira con dúas cereixas.
Investigando sobre as cereixas.
Samuel con un ramillete dunha flor violeta.
Martín trouxonos unha espiga de trigo.
Investigamos sobre el.
Thiago contou o seu conto e despois debuxou unha vaca na pantalla e escribiu o nome.
Lucas trouxonos unhas imaxes de como coidaba a horta do seu veciño Moncho, está feito todo un agricultor.
Retomaos o tema das abellas que Noa nos trouxera fai uns meses. Investigamos sobre elas.
Diferentes vídeos que vimos sobre as abellas:
Paula e Patri contando un conto sobre como aforrar auga. Observamos moitas imaxes de como se malgastaba a auga e xuntos debatimos como debiamos facer coas cousas do día a día, como lavar os dentes, ducharse...
Debuxando auga e escribindo a palabra.
Luca cun paxariño que tiña un canto moi bonito.
Aproveitando as pegatinas do libro para escribir palabriñas e seguir practicando os trazos.
Damos por finalizado este proxecto, aínda que a horta seguiremos indo nos vindeiros anos.
Temos varias festas pendentes estos días, estade atentos!
Mércores 19 de xuño 2024
REMATE DE 4 ANOS!
Pasaron os meses e chegamos aos últimos días de 5º de infantil.
Xogamos, traballamos, rimos, ás veces tamén choramos pero pasámolo xenial porque somos un super equipo!!!!
Hoxe levaron os seus traballiños, agardamos que vos guste todo o que esforzaron estes peques.
Así foron os últimos días...
A portada dos nosos traballiños do 2º e 3º trimestre. Buscando 4 follas para poñerlle a bolboreta e facer as súas ás.
Poñendo herbas.
Botando brilli brilli polo rastro que deixa a bolboreta.
Que bonitas quedaron!
Decorando as bolsas. Primeiro fixemos a base da xoaniña de vermello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!