Esta semana traballamos a letra do noso compi Mohamed e tamén a da nosa profe María secre. Vimos animais que andan por debaixo da terra e aquelas especies que están ameazadas.
xoves, 30 de abril de 2026
M de Mohamed e os animais ameazados.
O BOSQUE CATRO ANOS
Esta semana traballamos cos animais que viven baixo da terra
Debaixo dos nosos pés hai un mundo agochado e moi especial. Na terra viven moitos animaliños que fan as súas casiñas en túneles e galerías para protexerse do frío, da calor e doutros animais.
Algúns destes animais son:
- O topo, que escava longos túneles coas súas patas fortes.
- A miñoca, que é alongada e axuda a que a terra estea san.
- A formiga, que vive en grupo formando formigueiros.
- O coello, que fai tobos onde dorme e coida as súas crías.
- O teixugo, que tamén vive en galerías baixo o chan.
Estes animais traballan moito e son moi importantes para a natureza, porque axudan a mover a terra e a mantela viva.
Aínda que non os vexamos, están aí, traballando sen parar baixo dos nosos pés.
O conto de Elvira coa familia de Leo López.
sábado, 25 de abril de 2026
R de Roi e os cervos
Actividades na semana do Día do Libro
luns, 20 de abril de 2026
O Centro de Día únese a “Salvemos o bosque”
Hoxe, algunha das persoas usuarias do Centro de Día do Concello, xunto coas súas coidadoras, viñeron moi preparadas para contarnos un conto moi especial, vinculado co noso proxecto “Salvemos o bosque”.
Finn e o seu can Skip están explorando o bosque. Pero un tapir solitario e un montón de árbores que desapareceron déixanos moi preocupados.
Pronto únese a eles un grupo de animais que perderon o seu fogar. Parece que o problema é máis grave do que pensaban, un INCENDIO...
Esta foi a primeira das actividades desta semana arredor do libro, coa que comezamos a reflexionar sobre a importancia de coidar e protexer a natureza.
sábado, 18 de abril de 2026
Sementando leitugas e fresóns!
B de Bela e os raións.
martes, 14 de abril de 2026
venres, 10 de abril de 2026
J de Jad e os ratóns.
xoves, 9 de abril de 2026
Visita da familia de Alen A.!!!!
ACTIVIDADES DAS FAMILIAS DE CATRO ANOS
A mamá e papá de Yanira contaron un conto titulado “¡Adios miedo. Hola seguridad!”, que nos axuda a comprender mellor as emocións, especialmente o medo, e a importancia de sentirnos seguros, acompañados e queridos. A través da historia, aprendemos que o medo é algo natural, pero que podemos superalo pouco a pouco coa axuda das persoas que nos coidan e nos fan sentir protección e confianza.


.gif)



.gif)
.gif)

