OS SENTIDOS (6º EI, CLASE VERMELLA)

 




Mediante a natureza indagamos como funcionan os nosos sentidos. 
A primeira semana de outubro estivemos traballando  cos nosos sentidos.
O día que fomos de ruta polo cole trouxemos follas, castañas e landras para nos seguintes días investigar co noso propio corpo. Para iso, empregamos as mans, os ollos, o oído e o olfato e empezamos a descubrir...

Hai un sentido que non poidemos comprobar,  é o GUSTO. É unha tarefa para a casa, hai que probar as castañas para saber a que saben e seguir indagando.

CONCLUSIÓNS do noso estudio (mediante o dado dos sentidos os nenos e nenas ian tirando e cada un ou unha empregaba o sentido que o dado lle mandaba):

OLFATO: As follas olen a mel e a bosque, as castañas a castañas e as landras a terra.
TACTO: As castañas e as landras son duras e as follas moi blandiñas, como o papel.
VISTA: As follas son verdes, marróns, vermellas, pequenas ou grandes e son bonitas. As landras teñen pinchos. As castañas son pequenas, grandes ou gordechas.
OÍDO: As follas o movelas sonan a rás. As castañas e as landras a nada.


Na nosa cara temos 4 dos 5 sentidos. Empezamos localizándoos en nós mesmos.

O OLFATO, O GUSTO, A VISTA E O OÍDO.


O TACTO.


Saimos un ratiño para experimentar os nosos sentidos no patio.  Despois debuxamos o que percibimos.







CONCLUSIÓNS:

QUE VEXO: o ceo, o sol, as nubes, as árbores, o chan.
QUE ESCOITO: paxariños, nenos falando, o vento coas follas.
QUE ULO: o cheiro que nos vén do comedor.
QUE TOCO: o chan, a parede, as ventás, as follas.
QUE NON QUERO SABOREAR: a basura. Non a saboreamos pero si a ulimos.

TALLER PARA DESCUBRIR DIFERENTES SONS (MARTES 9 DE NOVEMBRO)

No ordenador soaron 3 sons diferentes, o primeiro foi un canto dun paxariño, o segundo a choiva e o terceiro música que saía dun radio. Acertaron todos á primeira estes sons, foron moi doados!!!!


Escribimos entre todos o son recoñecido e fixemos os debuxos de ditas audicións.


TALLER DA VISTA (MÉRCORES 10 DE NOVEMBRO)
Xogamos o xogo do vexo vexo entre todos na aula. Despois cada un debuxou algo que lle gusta da clase e intentou escribir o que debuxou.



Aprendemos que somos capaces de facer un montón de cousas, solo temos que concentrarnos e pouco a pouco todo vai saíndo. 





Os sentidos empregámolos todos os días no que facemos. Descubrimos as letras pequenas do noso nome. Debemos empregar moi ben o sentido da vista para fixarnos moito. Ademais de moita paciencia, porque non vai saír a primeira. Pouco a pouco conseguirémolo!!!!!


Hai que ter moita vista para que non nos caiga a torre de números. Traballamos a recta numérica do 1 ó 10 e a descomposición de números ata o 6!! ao principio costou manter a torre en pé pero foi moi diver!!!!






TALLER DO GUSTO (LUNS 15 NOVEMBRO)
Saboreamos a merenda do luns, o plátano é doce ou salgado?

Probamos o sal para descubrir que sabor ten. 

E o limón?. O mércores exprimimos uns limóns e houbo opinións para todos os gustos sobre o seu sabor. Para uns rico e para outros ácido.





A profe sempre se despide de nós cun bico de sabores. A que sabe o bico de sabores da profe? Cada un debuxou o sabor do bico e intentou escribilo. 

Rematamos a semana co magosto. E a castaña é doce, salgada ou ácida?


.


TALLER DO OLFATO (MARTES 23 NOVEMBRO)
Tapamos os ollos e traballamos co olor para descubrir o que se escondía entre as nosas mans. Olfateamos en primeiro lugar vinagre,  de 2º café e en último lugar, colonia.


Despois pegamos a pegatina do olor que nos parecía que era. Entre todos escribímolos.
Aproveitando que tiñamos café na clase, decidimos pintar con el. 
Quedaron unhas obras de arte con moito olor.

TALLER DO TACTO (XOVES 2 DECEMBRO)
Comezamos descubrindo como son as nosas mans. A dereita e a esquerda.


As nosas mans queren saber. Mediante o tacto descubrimos que hai na caixa.



Debuxamos o que tocamos e intentamos escribir os seus nomes. Parabéns equipo, estámolo intentando e está saíndo moi ben.
Mediante unha canción coñecemos como se chaman os nosos dedos.


Coas nosas mans tamén podemos xogar a descompoñer números. Neste caso o 2 e o 3.
Coñecemos a Tomás mediante o seu conto: El libro negro de los colores. Este neno non pode ver as cores, dende a oscuridade dos seus ollos invítanos a descubrir as cores sen velas, ademais dos sabores, olores, sons e emocións. 

Usamos as nosas mans para tocar e descubrir todo o que nos conta Tomás.


No libro aparécenos o abecedario en braille. Cada neno/a buscou a inicial do seu nome para colocar os puntos, así Tomás xa pode saber por que letra comeza o noso nome. 





Tamén pintamos algúns dos exemplos que Tomás nos poñía do libro, como imaxinaba el as cores do seu entorno.

Á volta da ponte seguimos traballando a lateralidade mediante o xogo do twiester. Diferenciamos a dereita e a esquerda a través das nosas mans e pés. Pasámolo moi ben. 



Estamos rematando  o trimestre, polo que estamos preparando as portadas e a bolsa para gardar todo o que traballamos estes meses.



GRAFISMOS QUE SAEN DOS NOSOS DEDOS.
Picamos unha man de gomaeva e despois dos nosos dedos saen raias e en cada oco facemos diferentes trazos.

Quedaron chulis, chulis.

Coas nosas mans seguimos descompoñendo os números. Nesta ocasión o 4, o 5, o 6 e o 7.

Fixéstelo moi ben este trimestre. PARABÉNS equipo!!!!!!!.  Marchamos cargadiños para a nosa casa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!