CANTA COR!!(4ºE.I CLASE VERDE)

 


 Comezamos un novo conto!!!
Neste conto temos que mirar, pensar, imaxinar, crear,cantar, dar palmadas...sumerximonos nesta nova aventura
 qué é esto?que fai aquí? damos unha palmada, vamonos divertir!!
Uy!algo grande pasou


Damos tres palmadas e miramos a outro lado!!Marabilloso cantas cores!

e agora se damos moitas palmadas, que pasará?
Ala!!!han explotado, son bellísimas!

As nosas letras!!!

Ao mesmo tempo estivemos coñecendo algunha canción  para axudarnos a debuxarnos!
                           Eu teño unha cariña que é unha casiña
                           os ollos son as ventás que se abren polas mañas
                            a boca é unha porta que abre é pecha
                            o nariz é o timbre que fai  riiiiiinnnnnn


tamén nos fixamos nas nosas mans e as contamos e as localizamos nos debuxos...logo as plasmamos na ficha e nas nosas ventanas das cores de outono



Así de bonitas nos quedaron as ventanas!!


Coas nosas mans tamén fixemos os monstros de Samain para decorar os nosos corredores

Miramos as cores mais  de cerca,     ARAÑAS!!!!

Qué horror!!! cada unha dunha cor!!! Despois de mirar e observalas ben, fixemos as nosas arañas de todas as cores posibles coa axuda dunha palliña e soprando moi forte e así de bonitas quedáronnos.




Tiramos dos fíos con moito coidado, oh oh ao final estaba unha araña grandísima que tiña nas súas patas unha cor escondida, cal será? apareceu un ovo vermello e acariciámolo para saber que tiña dentro, despois de moitas caricias apareceu un "DRAGÓN BEBE" que botaba fume pola boca, o enchemos con plastilina



e para semana continuamos a nosa aventura!!!

Dámonos conta que as nosas mans ademais que para pintar, xogar tamén serven para acariciar, esta semana falamos das suas partes, xa sabemos que temos dúas, con cinco dedos en cada unha, que eses dedos teñen uñas e que coa palma damos palmadas e cos dedos teñen nomes...


Aproveitamos tamén para contar un conto dos dedos que lles gustou moito



ao mesmo tempo seguemos coñecendo as nosas letras e as dos nosos compañeiros, aproveitamos para facerlles as dúas mans.



Seguemos co conto das cores, despois de tanto fume apareceron 

unhas nubes moi peculiares! e a chuvia de que cor é?pinta mais gotas ata que te mollen os pés



clin,clin clin!as gotas xa non mollan convertéronse en follas, a ver se sabes se son todos os talos iguais. O sabía!é unha cola de guepardo.


Oh que longa é transformouse de amarelo a verde, segue a línea co dedo para descubrir o misterio. Que cara de enfadada ten esta serpe! Segue o recorrido co dedo e chama a esa porta a ver que hai dentro


Ten coidado, está moi escuro. hai ollos grandes e pequenos, cerra a boca con forza e pasa en silencio...ohhh encendeuse a luz. Que animal apareceu? MORCÉGOS

Seguemos facendo cosas coas nosas mans como cociñar con plastilina pizzas, xeados, ovos...

Tamén cociñamos uns espaguetes de moitas cores espectaculares

Que ramas!!!

E cantos veciños dos morcégos, buscamos e rebuscamos para atopar o páxaro distinto e finalmente fixemos as nosas follas e páxaros



Mira, ahí está o ovo do comezo, voamos con ás imaxinarias para que o paxariño poda chegar ao seu destino, cubrimos o ovo coas mans para darlle calor e de repente, cantas cores!!!! o ARCO DA VELLA


Esta semana tamén coñecemos que é o tacto e que coas nosas más podemos sentir diferentes texturas, comezamos vendo primeiro un vídeo onde nolo explicaba moi ben

Despois tocamos diferentes texturas para ir interiorizando os conceptos de ÁSPERO, SUAVE, RUGOSO, LISO e tamén FRIO, QUENTE e LIXEIRO, PESADO.

 Outro día xogamos na caixa misteriosa a intentar adiviñar que se atopaba escondido co sentido do tacto

e finalmente marcamos na ficha o que se agochaba dentro da caixa.
O fin de semana temos de deberes que tocar moitas cousas e ver que sentimos, o luns a ver que contan!!!
Fíxate, o ARCO DA VELLA cambiouEntra no bosque e axuda a completalo






Un momento, pero este bosque é moi extraño. Algo moi grande estanos  observando

UNHA BALEA



Pececillos seguid a balea, é moi complicado pero seguro que podes intentalo, agora atopa os peixes que nadan ao revés.
Seguemos a traballar en clasificación de cores para poder chegar a coñecelos todiños!!

Seguimos coñecendo cousas que podemos facer

 coas mans...
Podemos usar as tesoiras para recortar os papeis...



 Tamén podemos usar monicreques!! Encantoulles poder usalos, ao primeiro de maneira moi tímida pero despois xa xogaban con seus compañeiros mais animados.


Contamos a historia dos tres porquiños e despois os debuxamos

Tamén descubrimos que coas nosas mans podemos facer sombras!!

Así descubrimos as nosas sombras proxetadas na pantalla


Para rematar a semana descubrimos que cos nosos dedos podémonos relaxar e aprendemos a dar bicos de dedos!!

Aquí os estamos practicando
Primeiro dedo a dedo

E despois con toda a man

Descubrimos unha forma diferente  de relaxarnos!!!!!

Estes últimos días rematamos o conto de CANTA COR! e oproxecto que estivemos a facer sobre as mans neste primeiro trimestre con conto UÑAS DE CORES!
Está atardecendo e está todo moi calado, seguemos a luz do faro,  anda!unha cidade, quen vivirá alí, pero si e a túa habitación es as cousas que imaxinache.





Tamén fixemos as portadas dos nosos traballiños





e as bolsas para gardalos



e así nos quedaron!!!





Damos por finalizado o trimestre!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!