mércores, 15 de abril de 2020

QUÉDATE NA CASA!

Mércores 13 de maio

Lembramos que todas as actividades, ou propostas publicadas neste blog son para realizar de xeito VOLUNTARIO, para reforzar, repasar e son recursos para que as familias teñades de exemplo para poder levar a cabo nesta cuarentena sempre adaptándoas cada un as súas circunstancias e materiais que teñades na casa.



Luns 11 de maio

Lembramos que todas as actividades, ou propostas publicadas neste blog son para realizar de xeito VOLUNTARIO, para reforzar, repasar e son recursos para que as familias teñades de exemplo para poder levar a cabo nesta cuarentena sempre adaptándoas cada un as súas circunstancias e materiais que teñades na casa.

Hoxe vamos traballar as figuras xeométricas, dunha forma divertida, primeiro as recordamos








Despois tedelas que buscar pola casa, e por ultimo marcar a silueta nun folio



deixámosvos algunha ficha:

3 anos:




4anos





5 anos




Dende o curruncho da orientadora do noso cole nos da unhas pautas para:

A RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS NA EDUCACIÓN INFANTIL

"O ámbito familiar é un dos lugares onde as diferenzas de opinións e conflitos suceden cada día con máis envergadura. Debemos recordar que como pais/nais e familiares xogamos un papel moi importante á hora de ensinar aos noso fillos/as a resolver conflitos con nos e entre eles. Recordemos que os adultos nos convertemos en modelos de rol que os nenos/as observan, e a maneira en que manexamos as situacións difíciles son exemplos sobre como eles deberán facelo despois."



Premede no seguinte enlace para ter máis información:

https://ocurrunchodaorientadora.blogspot.com/search/label/educaci%C3%B3n%20infantil.%20o%20conto%20o%20cocrodilo


ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL

"Durante a etapa de Educación Infantil atopámonos no momento dunha actuación preventiva. Nela hai que favorecer a interacción verbal entre mestres-nenos/as a través dunha eficacia comunicativa e educativa, de maneira natural e sabendo intervir verbalmente. É preciso favorecer a interacción verbal dentro da aula a través de programas da linguaxe oral e permitir aos nenos/as ter unha participación activa na súa propia aprendizaxe."

Premede no seguinte enlace para ter máis información:

https://ocurrunchodaorientadora.blogspot.com/



Sábado 9 de maio


4º RETO DE MÚSICA


Ola nenas/os: 

Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado. 

A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.

 CUARTO RETO (DO 08/05 AO 15/05 DO 2020): A MOVER O ESQUELETO!!!!: 

O voso traballo neste reto será moi sinxelo. Para esta actividade vou a enviarvos un vídeo dunha canción de Uxía Lambona e a banda molona: O rock molón. En primeiro lugar visualizaredes o vídeo. Deseguido, teredes que gravarvos movendo o voso corpo ao son da música que escoitedes. O enlace da canción será o seguinte: 


https://www.youtube.com/watch?v=bGgpK7G-ntA. 

Nesta actividade poden colaborar convosco, se así o desexan, algúns membros da familia que queiran engadirse á coreografía. Agardo as vosas producións audiovisuais.

 Unha vez que teñades feita a actividade enviádela a: musicacospeito@gmail.com No caso de que o vídeo exceda a capacidade do enderezo de correo ou non colla polo peso podedes empregar: WeTransfer. 
Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións. 

Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez. 





Venres 8 de maio

Hoxe deixámosvos o vídeo que recolle os debuxos da actividade proposta do día do libro dende a Biblioteca, grazas por colaborar.




Aviso do colexio
SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria  en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

ü Do 11 ao 18 de maio de 2020, en horario de 10:00 h  a 12:00 h.

ü Pode realizarse presencialmente no centro ou ben de forma telemática en :

ü   A solicitude pode descargarse no arquivo que achegamos (debe ser asinado por tódolos membros da unidade familiar)

2. Documentación necesaria:
ü Fotocopia do DNI do pai e nai do alumno/a.
ü Fotocopia do libro de familia.
ü Fotocopia do certificado de empadronamento.

PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA A SEGURIDADE DE TODOS E TODAS:
*    Entrar de un en un no centro.
*    Antes de entrar usar o hidroxel,  situado nunha mesa na entrada.
*    Utilizar mascarilla.
*    Traer as fotocopias necesarias para a admisión.

*    Traer un  bolígrafo.





Xoves 7 de maio

Lembramos que todas as actividades, ou propostas publicadas neste blog son para realizar de xeito VOLUNTARIO, para reforzar, repasar e son recursos para que as familias teñades de exemplo para poder levar a cabo nesta cuarentena sempre adaptándoas cada un as súas circunstancias e materiais que teñades na casa.

Hoxe toca facer algo de plástica

O longo do curso as mestras de tres anos cos seus alumnos/as  fixeron a árbore de cada estación, así que propoñémosvos facer o da primavera:



Tamén podedes aproveitar e con eses mesmos puntiños facer flores así traballaredes ademais da motricidade a coordinación viso manual


Deixámosvos tamén unhas fichas para repasar trazos

3anos
 4 anos



5anos








Mércores 6 de maio


Hoxe deixámosvos un experimento feito pola Mestra María!! a ver se vos sale!






Tamén vamos xogar coas letras, primeiro tedes que buscar revistas, folletos, xornais...e recortar letras, fixaros nas súas formas diferentes para a mesma letra, despois podedes crear os vosos nomes, un abecedario clasifincándolas...









Tamén vos deixamos algunha ficha para os máis maiores para traballar os sonidos das letras, una vez que recoñezan todos os sonidos das letras, comezarán a usalos na súa linguaxe e será uns dos pasos necesarios para a lectoescritura, é importante que coñezan as letras pero máis ainda como soan.

Xa sabedes que non é necesario imprimir as fichas que podedes facelo nunha libreta, folio...

4 anos







5anos











Martes 5 de maio

Lembramos que todas as actividades, ou propostas publicadas neste blog son para realizar de xeito VOLUNTARIO, para reforzar, repasar e son recursos para que as familias teñades de exemplo para poder levar a cabo nesta cuarentena sempre adaptándoas cada un as súas circunstancias e materiais que teñades na casa.

Hoxe propoñémosvos baseándonos na teoría das pezas o elementos soltos, que son todo tipo de materiais, cousas, obxetos, da natureza,


 comida,



 textil



cartón e papel




...que teñen en común unha cousa, que sin ser nada poden ser todo, o único límite é a imaxinación de quen as usa.

Fagades mandalas con ese materiais.

 

A ver que sodes capaces de crear xogando! esperamos ver as vosas creacións.


Deixámosvos aquí un aviso da mestra de Inglés:
Estimadas familias:
En vista de que non todo o alumnado accedeu ao blogue e me enviou as actividades de inglés decidín enviarvos este correo para que todos teñades instrucións precisas sobre como facelo por se hai dúbidas ou dificultades de acceso.
Comezamos o terceiro trimestre nunhas circunstancias que ninguén de nós desexaría, pero temos que continuar, e segundo as pautas provisionais marcadas pola Consellería de Educación nesta avaliación realizaremos repaso e ampliación cando sexa posible de contidos xa traballados, tanto deste curso como de anteriores. Durante este tempo o traballo realizado avaliarase, pero en ningún caso vai servir para baixar cualificacións previas, senón ao contrario. Todo o realizado só contará para a nota en positivo, para sumar, nunca para restar.
Aínda así as actividades propostas son de obrigada realización, e eu preciso ter constancia de que se levan a cabo. Para esto creei un blogue (English Cospeito. Se o introducides así en Google é das primeiras entradas. A dirección completa é englishcospeito.blogspot.com) onde vou poñendo traballos, retos e actividades que me parecen interesantes. Ata agora non eran obrigatorias, pero como agora si o son creo necesario estructurar tempos e secuenciar por cursos ou, de ser o caso, por etapas. Así, cada dúas semanas irei poñendo actividades novas no blogue. Esta semana envioume Manny, o auxiliar de conversa, unha proposta da súa parte que será publicada hoxe (o resultado dos traballos enviádesmo coma sempre, ao meu correo ou teléfono, co que a semana seguinte retomaremos coas quincenais para non sobrecargar ao alumnado. Esto podedes facelo de dous xeitos:
1. Por correo electrónico: englishcospeito@outlook.es, tanto podedes enviar documentos en word, pdf ou similares como fotografías realizadas en papel. Lembrade poñer o nome do alumno ou alumna. Nalgunhas fichas interactivas (as que comezan con liveworksheets) tedes a opción de enviarme as respostas por email (Primeiro dádeslle a Terminar e despois de corrixir sae unha mensaxe “Email my answers to my teacher”). Podedes facelo identificándovos co nome e o curso a esta mesma dirección de correo (englishcospeito@outlook.es).
2. Por teléfono (Whatsapp) ao ---------- Enviades unha foto do traballo realizado e identificades ao alumno ou alumna que o fixo.

Algunhas actividades poderedes completalas on line e outras poderedes realizalas en papel, apuntando o voso nome e curso, nome da ficha e o número e os diferentes
apartados de cada actividade, enviando logo unha foto a través de calquera dos dous medios propostos.
Tamén me gustaría animarvos a poñervos en contacto comigo se algún dos rapaces e rapazas ten dúbidas. Podedes escribirme, tanto por correo electrónico como por whatsapp, ou chamarme ao número que especifiquei antes.

Outra cuestión que me parece importante salientar é que non todos somos iguais, e do mesmo xeito que intento na aula atender as necesidades particulares de cada un, farei o posible para que aquí pase o mesmo. Así, se algún de vós considera que pode ou quere recibir máis actividades non ten máis que dicilo. Gustaríame tamén que me comunicásedes dalgún xeito se o alumnado ten dificultades xa non só en canto a contidos, senón a cantidade de traballo. O que publico é o que considero adecuado para as actuais circunstancias, pero intento que cada neno e nena teña unha atención o máis personalizada posible e para acadalo agora sodes as familias os principais informadores.

Tamén continuarei propoñendo “challenges”, adecuando á temporización actual, cada dúas semanas. Estes continuarán sendo voluntarios e publicarei os resultados que me enviedes no blogue. Non hai data de entrega para ningún deles. A medida que os vaiades enviando, sexan cales sexan, irei engadíndoos aos que xa están publicados.

A continuación explícovos un pouco o funcionamento do blogue, xa que a vista que nos ofrece é diferente dende o ordenador e dende un teléfono móbil.

VERSIÓN TELÉFONO
As entradas máis recentes aparecen arriba, debaixo do encabezado.














Se baixades ata o final hai un rectángulo amarelo onde di “Página principal”. Á dereita dese hai outro máis pequeno, tamén amarelo, cunha frechiña para a dereita. Se premedes nel levaravos a publicacións anteriores.









Xusto debaixo destes rectángulos tedes a opción de velo en versión web, coma se fose na pantalla dun ordenador. Deste xeito será máis fácil atopar publicacións máis antigas ou ir directamente ao curso que vos interese.


VERSIÓN WEB (ORDENADOR)
Nesta versión a orde das publicacións é a mesma que na outra, se baixades ata o final tamén tedes opción de ver as entradas anteriores.



















A vantaxe que ofrece esta versión é que podedes, na parte superior dereita, ver as etiquetas. Esta é unha ferramenta identificativa para atopar máis axiña os contidos. Se premedes, por exemplo, en 1º PRIMARIA, aparecerán tódalas publicacións relativas a ese curso. A primeira será a máis recente e as anteriores debaixo.
Tamén existe a posibilidade de que comentedes cada entrada. Se dispoñedes dunha conta de Google activa no dispositivo utilizado automaticamente sairá o nome do propietario da conta e se non a tedes apareceredes como “Anónimo”, o que requerirá que vos identifiquedes no propio comentario. Ningún destes comentarios aparecerá inmediatamente no blogue, senón que terei unha notificación para aprobalo antes, así asegúrome de que non se me pasa ningún por contestar.

A metodoloxía proposta foi consensuada e está en todo momento coordinada e supervisada polo resto do claustro e equipo directivo, seguindo as instrucións que aporta a Consellería de Educación eventualmente. Estas instrucións é posible que cambien nalgún aspecto ao longo do tempo. Se é así notificarásevos e faremos os cambios oportunos.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar comigo no mesmo email ou teléfono que vos ofrezo para enviar e recibir as actividades. Se deste xeito non acadamos unha comunicación fluída facédemo saber e intentaremos outras alternativas.

Un saúdo, moito ánimo e apertas e bicos virtuais enormes para cada un dos nenos e nenas. Estráñoos moitísimo, ogallá quede pouco para poder volver a vernos!



Cova


Domingo 1 de maio

Deixámosvos aquí uns libros de libre descarga para seguir desfrutando de todo o que a literatura pode ofrecernos, grazas CLUB PEQUE LECTORES






Sábado 2 de maio

3º RETO DE MÚSICA


Ola nenas/os:

Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.

A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.

TERCEIRO RETO (DO 01/05 AO 08/05 DO 2020):

CANCIÓN: Esta actividade consistirá en escoller unha canción e adicarlla a unha persoa (pode ser un familiar, unha compañeira ou un compañeiro, un membro da Comunidade Educativa... en definitiva a quen queirades).

Para realizar este reto podedes envialo a través dun vídeo curtiño ou dunha foto cun cartel ou cartolina onde se vexa a dedicatoria. No caso de que non sexades capaces de enviarmo así poñédesvos en contacto conmigo a través do enderezo electrónico.

Unha vez que teñades feita a actividade enviádela a: musicacospeito@gmail.com

Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.

Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.


Xoves 30 de abril


Crear novas tradicións en familia é unha forma divertida de estar xuntos, por eso a nosa proposta para estes días que teremos un finde largo é facer unha cápsula do tempo.
Para facer unha cápsula do tempo necesítase unha caixa para almacenar recordos, podes decorar a caixa con recortes de revista, debuxos...
Cando teñamos a caixa lista podemos poñer dentro as cousas:
Aquí vos deixamos unhas suxerencias:



1. Primeiro fai un debuxo de ti, a túa familia, a túa mascota...


2. Cubre todas as cousas sobre ti, o que pesas, o que mides, a túa cor  favorito, a túa comida preferida



3.Como te sintes nestes momentos


4.Debuxa a túa casa, os teus veciños



 5.Que estas facendo na casa para estar entretido




 6.Deixa as pegadas de todas as persoas que viven na casa




 7.Recolle os momento especiais destes días




8.Os papas escriban unha carta para ti


9. As cousas que se vos ocurran...



Cando teñas todo feito metelo dentro da caixa, non é aconsellable enterrala, senón poñela nun sitio onde a poidas abrir dentro duns anos.

Espero que vos guste a nosa proposta!!!



Mércores 29 de abril



Bingo!

A nosa proposta para hoxe e que xoguedes o bingo cos nomes dos vosos compañeiros, escribimos os nomes dos nenos/as da clase nun folio, despois recortamolos e despois os metemos nun bote, caixa...

Repartimos os cartóns de bingo que podedes copiar destas tarxetas.
Un de vós vai sacando os nomes e ímos tachando os que temos no nosos cartón.
Gañará o que antes complete o bingo.













Martes 28 de abril


Hoxe vamos traballar cos números, comenzamos cantando a canción:







Agora repasamos como se escriben os números:





Agora vos nun folio escribide ben os números, recordádevos de coller ben o lapis



Despois podedes practicar nas seguintes fichas:













Tamén podedes contar usando pinzas e tapóns:

                                         

 A demais de realizar exercicios de conteo, tamén podedés traballar series cos tapóns de cores, clasificacións, deixámosvos unhas tarxetas de exemplo





E debuxar flores:





Esperamos que vos guste!!!


Luns 27 de abril

Lembramos que todas as actividades, ou propostas publicadas neste blog son para realizar de xeito VOLUNTARIO, para reforzar, repasar e son recursos para que as familias teñades de exemplo para poder levar a cabo nesta cuarentena sempre adaptándoas cada un as súas circunstancias e materiais que teñades na casa.

Para comezar a semana, propoñémosvos unha experiencia sinxela, solo necesitades:

-Auga
-Rotuladores
-Papel de cociña



Agardo que vos guste e pasedes un ratiño entretidos!! Xa nos ensinaredes como vos quedou!



Domingo 26 de abril:

SEGUNDO RETO DE MÚSICA


Ola nenas/os:

Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.

A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.

SEGUNDO RETO (DO 24/04 AO 01/05 DO 2020):

PERCUSIÓN: Esta actividade consistirá en realizar un vídeo que teña unha duración dun máximo dun minuto onde o alumnado faga ritmos diferentes. Para isto pode empregar o seguinte:

O seu propio corpo

-Utensilios de cociña

-Cubos, caldeiros, botes de pintura,menaxe, tapas... e o que queirades engadir. Pensade e deixade voar a imaxinación, seguro que sairán cousas espectaculares e sorprendentes. Unha vez que teñades o vídeo feito debedes envialo ao seguinte enderezo de correo electrónico: musicacospeito@gmail.com

. Para rematar, déixovos uns enlaces orientativos que poden axudar á realización da actividade.







Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.

Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.


Sábado 25 de abril:

A partir deste domingo os nenos/as poderán salir a dar paseos deixámosvos este conto para que lles contedes:






















Venres 24 de abril

Lembramos que todas as actividades, ou propostas publicadas neste blog son para realizar de xeito VOLUNTARIO, para reforzar, repasar e son recursos para que as familias teñades de exemplo para poder levar a cabo nesta cuarentena sempre adaptándoas cada un as súas circunstancias e materiais que teñades na casa.


 Para rematar a semana un conto!



Espero que vos guste!!



Propoñémosvos como actividade facer un boneco Sacapenas, teñen a súa orixe en Guatemala. Dende fai moitos anos, os nenos guatemaltecos fabrican estes bonecos con pauciños de madeira e restos de teas e fios. Pola noite a hora de se deitar, cóntanlle unha preocupación a cada un deles e póusanos debaixo da almofada. Deste xeito os nenos/as espertan a mañá seguinte sen preocupacións.  Así animámosvos a facer o voso SACAPENAS cos materiais que teñades na casa.

A MODO DE EXEMPLO:


Támén deixámosvos unhas fichas, recordádelles que collan ben o lápis



TRES ANOS:




CATRO ANOS




CINCO ANOS





Traballamos a lectura ¿A CANTAR?













Xoves 23 de abril



Hoxe conmemórase o Día do Libro deixámosvos esta historia contada con contos:









Mércores 22 de abril






Hoxe Día da Terra  22 de abril, a festividade foi creada para lembranos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observarse os primeiros indicios alarmantes da degradación do planeta terra, a través da celebración preténdese aumentar a conciencia con relación os problemas ambientais.

Facendo click no enlace atoparedes seis retos que podedes facer, elexide o que queirades e subide as fotos o muro!

RETOS



Martes 21 de abril

Plan para esta tarde: 





Dende a biblioteca fixerónnos esta proposta:

Esta semana conmemoramos o 23 de abril o día do libro, lembrarvos que esta celebración é para fomentar a lectura e escolleuse este día porque coincide co aniversario de falecemento de Cervantes.


Propoñemósvos as seguintes actividades:



Luns 20 de abril

Hoxe propoñémosvos cociñar,  deixámosvos un exemplo de ficha onde poder tomar nota dos ingredientes e como facer a receita para despois poñervos mans á cociña!!

          





Mirade moi atentos e tomade nota 




Queremos ver as galletas no noso muro!







Venres 17 de abril

RECOMENDACIÓNS BÁSICAS ÁS FAMILIAS SOBRE AUDICIÓN E LINGUAXE.



Discapacidad auditiva casos prácticos audición y lenguaje ...




LISTA DE DIRECCIÓNS DE CORREO para contactar cos profesores/as de Infantil e Primaria.




A nosa proposta de hoxe será a de RECORTAR para non perder a psicomotricidade fina e seguir afianzando os que todavía non a teñen, empregando folios o cartulinas que teñades pola casa, tedes que poñer camiños diferentes para practicar diferentes formas.

Prestade atención a que collan a tesoira coa man correcta e de boa forma.


Deixámosvos un exemplo de camiños:

5anos


4 anos


3 anos






Xoves 16 de abril

Dende Música:

Ola nenas/os: 
Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.

 A miña idea é a seguinte:
 Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. 
Este reto teredes para realizalo unha semana exacta. 


PRIMEIRO RETO (DO 17/04 AO 24/04 DO 2020):

 -Elaboración dun INSTRUMENTO MUSICAL feito con MATERIAL DE REFUGALLO ou con calquera tipo de material que teñades polas casas. Pensade e deixade voar a imaxinación, seguro que sairán cousas espectaculares e sorprendentes. Unha vez que teñades o instrumento feito debedes poñerlle un nome que o identifique, pode ser real ou inventado. 

Cando teñades isto, tedes que facerlle unha foto e coa axuda da familia mandala ao seguinte 
enderezo de correo electrónico: musicacospeito@gmail.com . 


Para rematar, deixovos uns enlaces orientativos que poden axudar á realización da actividade:



https://es.slideshare.net/Carmen_Carvajal/taller-de-construccin-de-instrumentos-musicales-para-4-de-primaria




Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións. 

Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez. 





Dende o departamento de Orientación

Hoxe para animarvos propoñémovos xogar as adiviñas cos máis e non tan pequenos. É unha forma entretida de traballar a atención e concentración ao ter que adiviñar a resposta correcta.
Veña...A XOGAR!!!

La imagen puede contener: texto que dice "Adivinanza MÁS S "Soy muy alta mi cuello es el mejor nadie alcanza las hojas tanto como lo hago yo" ¿Quién soy? Jirafa" La imagen puede contener: texto que dice "Adivinanza MÁS en el campo y soy redondito me gusta el lodo soy bien cochinito" ¿Quién soy? Cerdo"

No hay ninguna descripción de la foto disponible.No hay ninguna descripción de la foto disponible.

La imagen puede contener: textoLa imagen puede contener: texto que dice "Adivinanza MÁS S "Tengo una melena y también soy muy veloz asusto a toda la gente con el rugido de mi ¿Quién soy?"

La imagen puede contener: texto que dice "Adivinanza MÁS "Soy enorme y mi boca es muy grande tengo fuertes colmillos no hay quien me gane" ¿Quién soy? Hipopótamo"La imagen puede contener: texto que dice "Adivinanza MÁS "Soy muy ágil y me gusta saltar salto de árbol en árbol y nadie me puede alcanzar" soy? Mono"

La imagen puede contener: texto que dice "Adivinanza MÁS en el campo y me gusta cantar canto cada mañana para a la familia despertar" ¿Quién soy? Gallo"



Mércores 15 de abril

Hoxe vamos contar un conto, para algúns coñecido, espero que vos guste!







Como proposta de actividade gustarianos ver como vos sentides facendo o voso monstruo das emocións.



Deixámosvos algunhas fichas para estes días:

Os nenos/as de tres anos poden seguir traballando co seu nome:






Para traballar coas letras podedes facer con pinzas da roupa ou tapóns coas letras para que os nenos/as xoguen na casa,  despoís se queredes podedelo subir ao noso muro interactivo!

Por exemplo:
















Para catro anos os deixámosvos algunha letra e número para repasar e animámosvos para facer tamén as letras con pinzas e tapóns:

Por exemplo:











Para cinco anos os deixámosvos algunha letra e número para repasar e animámosvos para facer tamén con  tapóns actividades de conteo de números:
Como por exemplo:


















Martes 14 de abril

Para comenzar unha canción, cada día queda menos para vernos











AGORA A XOGAR!!





Luns 6 de abril

Os últimos días de colexio comezamos un animalario fantástico, esta experiencia consistía en a partir de fotografías impresas de animais os nenos/as decidian unha composición, o principio custoulles un pouco porque querian facer animais reais, pero despois cada un foi facendo a súa composición.


Unha vez que decidiron a súa composición pegamola, despois falamos un pouco de cada animal e poñeronlle nome


A seguinte fase do traballo consiste en debuxar os animais fantásticos con diferentes técnicas, realizando varios debuxos, fixandose no orixinal en todos os detalles, diferentes texturas do animal (pelo, escamas, plumas...)






Volveron e observaron ben os seus debuxos dos seus animais para seguir debuxando




Cos nenos/as de tres e catro anos primeiro xogamos a descubrir animais de exipto.




Despoís falamos deles e ensinásmoslles fotos reais deses animais para que se fixaran ben nas súas formas, características...e logo reproduciron eses animais.





Tamén con outras técnicas






Os nenos/as de tres tamén xogaron a inventar animais




A  SEGUINTE FASE DO PROXECTO SERÍA FACER ANIMAIS CON VOLUMÉN E ESA E A NOSA PROPOSTA PARA ESTES DÍAS :
¡ANÍMATE A CREAR OS TEUS ANIMAÍS! PODEMOS RECICLAR COUSAS QUE TEÑADES NA CASA: BOTÓNS, CHAPAS,LA, PAPEIS DE CORES, MATERIAIS VEXETAIS..OS ANIMAIS CREADOS PODEDE SUBILOS AO MURAL INTERACTIVO, ÁNIMO E A CREAR!!!!

COMO MOTIVACIÓN DEIXAMOSVOS O CONTO "QUEN É ESE BECHO? CONTADO POR PACO NOGUEIRAS (PINCHADE NO ENLACE)



Kalandraka: Book details


Venres 3 de abril

Hoxe fixemos unha nova entrada O NOSO MURO INTERACTIVO para que poidades compartir actividades, vídeos, fotos destes días que estades na casa e así podernos ver, pinchando no muro despois desde o voso móbil añadides as fotos, videos...estamos desexando ver o que estades facendo.
Xa se vos bota de menos...

A nosa proposta de hoxe ven da man da "Escola imaxinada" Educar a través da arte nos ofrecen facer un teatro de sombras portátil, aqui vos deixo o enlace.






Xoves 2 de abril de 2020

A nosa proposta para hoxe é que elabores a túa árbore xenealóxica, e se tes dudas chama aos teus avos e avoas, que seguro que lles fai moita ilusión e chea axudan a resolver as dudas.


Derechos los abuelos con los nietos | Arbol genealogico para niños ...



Tamén dende biblioteca nos fan outra proposta:



Contamos coma sempre coa vosa colaboración! Queremos ver que leen eses nenos/as

Deixamosvos algunha ficha de repaso:













Luns 30 de marzo de 2020


O equipo de infantil deixámosvos a disposición das familias este correo eléctrónico:


                                           infantilcospeito@gmail.com



Por se vos podemos axudar cos neno/as mentres dure a cuarentena, se nos queredes facer algunha pregunta, se nos queredes enviar cousas que estades facendo estes días na casa ou contarnos como estades levando a cuarentena, para calquera cousa escribídenos.


IMPORTANTE
Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.
ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).
*    Beneficiarios
A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas ás familias do alumnado que posúe a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.
*    Importe das axudas.
O prezo máximo para satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €), nos casos de gratuidade total, e dun euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo.
*    Que días compensará ?.
Respecto dos seus efectos temporais, esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta de Galicia, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos. Inclúe tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00.00 do día 12 de abril e que se corresponden con 2 días lectivos de marzo e 3 días lectivos do mes de abril ata o comezo das vacacións de Semana Santa. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma, calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020.

*    Solicitudes. Lugar e prazo de presentación.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude.
As solicitudes para atender o pagamento das compensacións que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o 6 de abril, ambos os dous incluídos.


Os equipos directivos que deban axudar ás familias nesta tramitación terán que solicitar -por vía telefónica e/ou correo electrónico- os seguintes datos:
a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

TELÉFONO DO CENTRO : 982.870.262
CORREO ELECTRÓNICO: cpi.virxemonte.cospeito@edu.xunta.es





Este fin de semana tivemos coñecemento dunha opción que levaba maís dun ano no buscador de google. Trátase dunha opción que permite ver animais en 3D e incluso poñelos nas nosas fotos o vídeos coa cámara do móbil. Para este tempo de cuarentena trátase dunha opción de entretenimiento e aprendizaje moi efectiva.



Algún dos animais que funcionan en 3D león,tigre, leopardo, serpe, oso, pingüino, lobo, pato, gato, can, polbo, quenlla...a ver se atopades máis.


Deixámosvos fichas novas para esta semana de repaso:



















Venres 27 de marzo 2020

A nosa proposta para hoxe:

Decorar o conto "Elena en cuarentena"


 e despois Ioga para niños, as principais vantaxes do Ioga para nenos/as:

-Favorece a concentración 
-Estimula a fantasía
-Elimina o estrés
-Mellora as posturas corporais








Xoves 26 de marzo 2020

Esta aplicación de Santillana ten cousas interesantes



Deixámosvos algunha ficha máis se queredes descargalas:











E despois de traballar un conto!!!!






Mércores 25 de marzo 2020

O monstruo das cores axuda aos nenos/as a recoñecer as emocións ante o coronavirus




Deixámosvos tamén esta canción:




Proposta dende Educación Física:

¡¡¡¡¡HOLA PEQUES!!!!!
     ¡Estar en casa no significa dejar de hacer ejercicio, ni tampoco volver locos a mamá y papá! J. Tenemos que ser responsables, buscar maneras de divertirnos sin perjudicar a nadie, a veces todos juntos pero otras veces solitos y solitas (que los mayores también necesitan sus tiempos).
     Es muy importante hacer ejercicio todos, todos los días, no sólo para mantenernos fuertes y sanos sino también para estar felices y tranquilos.
     Los suertudos que tengáis un jardín ¿qué os voy a decir? ¡Con este tiempazo! ¡Disfrutadlo a tope!
     Por último algo muy importante, extremad las precauciones para no haceros daño porque en este momento no queremos ir al médico por una herida o una pequeña lesión ¿verdad? MUCHO CUIDADO.
     Os dejo algunas recomendaciones, aunque estoy seguro que con vuestra imaginación e ilusión ya estáis inventando muchos juegos divertidos, apuntadlos toditos y así luego me los enseñáis ¿vale? ¡¡Un abrazo… enormeee!!

                         EDUCACIÓN    FÍSICA
RECOMENDACIONES PARA LOS DÍAS EN CUARENTENA
-         Hacer ejercicio todos los días.*
-         Torneos de juegos de mesa con todos los miembros de la familia: parchís, UNO, ajedrez, la oca, trivial y demás juegos de mesa…
-         “LA HORA DE LA FAMILIA Y AMIGOS”: todos los días a la misma hora, videollamada a un familiar y/o amigo/-a. Preparar una pequeña actuación: baile, chiste, payasada…
-         Salir a las ventanas a las 20h aplaudir al personal sanitario.
-         Los miércoles ED. FÍSICA en Clan TV **
-         Control de tiempo delante de pantallas. (¡Cuidado con los videojuegos!)
-         COCINAR: ayudar e incluso elaboración propia de recetas fáciles. (Buscar en libros de recetas e INTERNET)
-         Ayudar en las tareas domésticas e incluso responsabilizarnos de alguna de ellas. (Recoger nuestra habitación, hacer la cama, limpiar el polvo, aspiradora…)
-         Extremar las precauciones para no hacernos daño.


** HORARIOS EMISIÓN EDUCACIÓN FÍSICA CLAN TV
6-8 años          9-10h
8-10 años        10-11h
10-12 años       11-12h

*EJEMPLOS DE EJERCICIOS PARA HACER EN CASA:

Bailar, crear coreografías propias, imitar las de algunos videos de YOUTUBE, CANTAJUEGOS, …
Hay muchos canales en YouTube donde podéis ver, realizar y disfrutar sus coreografías. Os puedo recomendar una coreografía a modo de ejemplo; podría se esta:
https://www.youtube.com/watch?v=7TGbssGDvIA  Dance Monkey-Tones And I.

También os voy a recomendar dos canales de YouTube en los cuales tenéis muchas coreografías para disfrutarlas. Son dos:

Estoy deseando ver vuestras coreografías y bailes cuando nos volvamos a encontrar en el cole.

Jugar con globos.

- Encestar: ¡si tenemos una canasta, estupendo! Pero la podemos crear con un cesto, cubo… el caso es trabajar la puntería.

Elaboración de material alternativo para jugar: os dejo alguna dirección de YouTube.
https://www.youtube.com/watch?v=G70niCI_dH0           (Yogur cesto de MANINM somilisllan)
https://www.youtube.com/watch?v=70KrtmsV8QQ     (Juguetes de reciclado de Larytza Barraza)

Os dejo también otra web en la que podéis ver mucho material de juegos que podéis elaborar vosotros mismos:

Juegos tradicionales: circuitos de chapas o tapones, mariolas, tabas, juegos populares de manos, tres en raya… preguntar y hablar del tema con los papis y abuelos.

Circuito de ejercicios para hacer en casa con niños (en este momento en las redes sociales hay un montón, navega y escoge el que más te guste). Yo te dejo algunas propuestas a modo de ejemplo:

Juego de búsqueda del tesoro: para este juego necesitas dibujar un plano de tu casa. ¡Pídele a mamá o a papá que esconda algunas pistas, un tesoro y a buscar!

 - Masajes, también con música lenta o relajante.

YOGA os dejo algún enlace de ejemplo que podéis practicar solos, con vuestros papis, hermanos…etc


Estiramientos diarios, se pueden acompañar con música lenta o relajante. Mover articulaciones desde tobillos hasta cuello, mejor con música.





Deixámosvos estes contos contados por kalandraka:



Na galega, contos no camiño:





Martes 24-03-2020
Para os que estos días na casa poidan reforzar os trazos e repasar as vogais os deixámosvos estas fichas para cás podades imprimir.

PINCHA  NESTE ENLACE :FICHAS DE VOGAIS












DESPOIS DE TRABALLAR, UN POUCO DE DIVERSIÓN:





CHEGA A PRIMAVERA!!!



Onte foi o día da auga







O longo do curso escolar as mestras de infantil estaban formándose  para levar a cabo na nosa escola unha educación a traves da arte, no seu blog fan propostas para estes días:


PINCHA NO ENLACE:



Hoxe, día 21 de marzo celébrase o día internacional da poesía:

Os mellores caramelos
sempre son os vexetais
naranxa, limón e menta
son os que me gustan máis.


Poema extraido do libro "Verdedades" de Yolanda Castaño



A actividade proposta para casa podería ser facer un semilleiro de lentellas, fabas... e rexistrar o seu crecemento diario.


ou crear o voso propio espantallo:






Para desfrutar da cantiga do Espantallo divertido de Migallas





Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía transmitímosvos unha serie de recomendacións elaboradas pola Sección de Psicoloxía Educativa, que van dirixidas a toda a comunidade educativa.

PARA O