Estos días fixemos cabazas, fantasmas, disfrazamonos e pasámolo pipa descubrindo o noso proxecto das meigas.
No momento da asamblea todos estamos a traballar. O encargado coa ficha de encargado, onde recollemos varias actividades como o nome, a data, o debuxo de sí mesmos e ata o estado de ánimo. Pola parte de atrás entre todos escribimos unha palabra sinxela.
Os que non son encargados tamén traballan no debuxo, no nome e na data.
Proxecto
Nos proxectos nunca nos esquecemos de practicar os números e tamén as letras. Nesta ocasión tiñamos que repasar moi ben por encima dos puntitos o fantasma e trazar os números: 1-2-3-4.
O samaín é unha festa de outono de orixe celta. Crese que durante o samaín o poder das meigas medra o estar en contacto cos espiritus.
Pintamos un fantasma con tiza e o corazón con témpera sólida vermella.
As cabazas: practicamos os diferentes trazos a través dos puntiños.
Antigamente as cabazas iluminadas poñianse nas casas para guiar as ánimas e escorrentar ás bruxas malignas. Debuxamos cabazas.
Seguimos repasando trazos con cabazas postas ao lado das casas.
Preparando a nosa cabaza especial. Primeiro dámoslle cor. Deixamos secar.
Unha vez que estaba seca, picamos os ollos e a boca.
A xoaniña segue armando das súas, nesta ocasión trouxonos un conto moi chuli do Ladrón das cabazas con actividades.
Traballamos o conteo, contando cabazas, identificando número con cantidade e seguindo as indicacións da profe para meter na cesta. Traballamos conceptos de grande e pequeno, forma de pera, forma redondeada e cores.
Falamos de beberaxes e amuletos. E fixemos o noso beberache particular no pote. Recortamos e pegamos diferentes feitizos. Tamén cazamos as letras "o " na tarefa desta ficha.
E por suposto, conteo. Tocamos e contamos e por último idenficamos o número.
Chegaron pantasmas a nosa clase....BUUUUUUU. Debuxamos e pintamos unha pantasma.
Baixamos as persianas e cunha luz moi máxica descubride todo o que vimos.
Que guapos e guapas viñemos o xoves para celebrar o Samaín.

Recanto das MEIGAS
A casa con luz de Iago. Coa súa mamá e a súa avoa Lola fixeron esta casiña tan chula con bruxas, cabazas e meteronlle unha luz. Meterá medo?
As tres meigas boas de Leo López. A rosa é a meiga Alma, a verde Cristina e a violeta e o o noso compi Leo. Fixeron estas tres meigas en familia.
O crebacabezas de Leo Lombao. A mamá e Leo colleron depresores e debuxaron unha bruxiña con unha escoba e o seu pote máxico. Pintárona e converteuse nun estupendo crebacabezas que nos server para montar unha bruxa.
A mamá e a prima de Lucía axudaronlle a facer este conto da meiga MIMI. Aos compis de Lucía gustoulles moito.
Bela pintou unha bruxa cociñando no seu caldeiro coa axuda da súa mamá. Trouxoa con moito coidado porque rompe senon temos coidado con ela.
Os compis de Uxía fixaronse que pintara moi ben o debuxo da bruxa coa escoba e o gato e contounos un segredo: botou un pouquiño de brilli brilli. Uxía coa súa mamá fixo este sombreiro de meiga. No gorro empregaron taladrores de diferentes formas: follas, pegadas de animais...
Leo Lombao coa súa mamá fixo unha cabaza moi parecida a que estamos facendo nós no cole.
A bruxa de Dani, axudoulle a súa mami a facela. Mirade que ben lle debuxou a cara.
O mural de Roi, mirade canto pintou e falounos dos elementos que ian aparecendo na cartolina. Dixo que lle axudara a súa mamá.
Carlota coa súa mamá fixeron esta araña tan graciosa. Vaia se colocaron abalorios nas pernas. Xa dixo Carlota que dera moito traballo.
Canto nos rimos con este conto de Dennis. Esta bruxa si que é divertida, ata que a descubriu a súa mamá e tivo que poñerse a facer os deberes.
Moitísimas grazas por colaborar con nós no proxecto!! Entre todos aprendemos máis.Grazas por participar na convocatoria de Samaín arredor das LENDAS relacionadas coa auga. Están expostas no corredor da entrada do cole.
Dentro desta convocatoria de LENDAS, infantil elaborou un contiño coa lenda do PEDREGAL DE IRIMIA e o nacemento do RÍO MIÑO.
En 4 anos decoramos as letras con rotus de brilli brilli e pintamos con acuarela.
Cando os nosos compis tamén a decoraron contámola entre todos e observamos canto traballamos e descubrimos porque o río Miño se lle chama así.
Esta semana comezan a viaxar de novo as mochilas viaxeiras. Será como o curso pasado, arredor de 15 días poderán estar nas vosas casas e despois vai un block para que debuxedes en familia o conto que máis vos gustou. Desfruta da viaxe Uxía.
Feliz SAMAÍN. Descansamos o luns, vémonos o martes con máis historias que descubrir.








.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)


.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)

.jpg)


.jpg)

.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!