venres, 5 de xuño de 2026

Día do Medio Ambiente!


Hoxe 5 de xuño conmemórase o Día do Medio Ambiente e ademais de celebrar este día tan especial, celebramos que gañamos dous premios ó noso esforzo e compromiso co coidado do medio ambiente dentro do programa Voz Natura no que vimos participando!


Neste día tan especial todos os nenos enenas de infantil saíron para disfrutar dun conto ó aire libre: "El lobo que adoraba los árboles" escrito por Orianne Lallemand, ilustrado por Éléonore Thuillier. Logo tivemos unha charla sobre o conto, o coidado dos bosques en relación ó noso proxecto, e todos fixeron aportacións moi interesantes!


Fixeron un debuxo de recordo do conto e deste día tan especial e levaron para casa unha coroa dun dos animais que saíu no noso proxecto.







Feliz día do medio ambiente!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!