sábado, 29 de novembro de 2025

O cumple de novembro!

Na clase vermella en novembro toca felicitar a Jad. 

Rematamos conto: un agasallo de recordo!

 Esta semana preparamos a portada do noso conto e tamén fixemos un agasallo de recordo deste conto.

venres, 28 de novembro de 2025

Cumples de novembro na clase azul!

No mes de Novembro chegaron os primeiros cumples deste curso e os últimos en cumplir os 5 aniños. Moitas felicidades a Alen A., Rayan e Alen R.!

xoves, 27 de novembro de 2025

MÚSICA HIP-HOP: CATRO ANOS

 

 A cultura hip hop, inclúe música, baile, arte e unha forma de expresión propia da mocidade.

A música hip hop caracterízase por:

O rap: é a parte vocal, onde a persoa canta ou fala seguindo un ritmo, xogando coas palabras, rimas e mensaxes.

O beat: é a base instrumental, feita con sons repetidos, ritmos fortes e efectos creados por DJs ou produtores.

O ritmo é moi importante: as cancións teñen un pulso marcado, que invita a moverse.

Contacontos especial con Erea e a súa familia!


Hoxe tivemos a sorte de que a nai e a irmá de Erea nos acompañaran para unha sesión de contacontos moi especial!

Música Rap, Hip-Hop

Chegou un novo estilo musical co Rap e o HipHop.

mércores, 26 de novembro de 2025

martes, 25 de novembro de 2025

25N con " As fillas de Casandra"

Este curso celebramos o 25 de novembro da man de "As fillas de Casandra" e as súa canción "Tataravoa".

sábado, 22 de novembro de 2025

CANCIÓN DE OUTONO CO ALUMNADO DA ESO


 Dentro do noso proxecto do outono e para conmemorar a festividade de Santa Cecilia, patroa das persoas músicas, xuntámonos na nosa biblioteca o alumnado de Infantil e o de 4º da ESO da asignatura de Música para cantar unha canción. O resultado foi unha interpretación fermosa, chea de ilusión, creatividade e emoción.

venres, 21 de novembro de 2025

Batidos saudables para conmemorar o día do nen@!


 Esta semana, para conmemorar o 20 de novembro, Día dos Dereitos dos Nenos e das Nenas, e no marco do programa Nutriescolas, o alumnado de Infantil  elaborou deliciosos batidos saudables. Con esta actividade celebramos e poñemos en valor o dereito a unha alimentación equilibrada e a desfrutar dunha boa saúde, aprendendo ao mesmo tempo a coidar do noso corpo de maneira divertida e consciente.

Esta semana rematamos de contar o conto e descubrimos a cor multicolor!

 Esta semana rematamos o conto do lobo lobito e vimos o que pode ser a cor multicolor. Seguimos traballando no outono facendo unha manualidade dun cogumelo.

venres, 14 de novembro de 2025

MÚSICA POP: CATRO ANOS

 

Esta semana a comezamos con música POP

A música pop é un xénero musical moderno que procura chegar a un público amplo. 

Características principais da música pop:

  • Melodías sinxelas e pegadizas, fáciles de lembrar.

  • Ritmo marcado, que invita a cantar ou bailar.

  • Letras sinxelas, que falan de sentimentos, amizade, emocións ou temas cotiáns.

  • Duración curta, normalmente entre 2 e 4 minutos.

  • Moita presenza de instrumentos electrónicos


A música pop é unha música fácil de escoitar, divertida e moi presente nos medios, ideal para todos os públicos.

CUMPLES DE OUTUBRO e NOVEMBRO: ANTÓN, MARTIÑO E ÁUREO

 

Estes meses cumpliron anos ANTÓN, MARTIÑO e ÁUREO este ano cada cumpleañero trae cousiñas importantes para él, contanos porque o son e todos facemos un debuxo do cumpleañero.

Esta semana traballamos a cor MARRÓN!

Esta semana traballamos a cor marrón e vimos as cores dun pavo real. Seguimos traballando sobre o outono.

Música Pop!

Esta semana entramos ó ritmo de música pop.

Este estilo musical é o máis coñecido para eles, xa que soa na radio cada día. A música Pop é como soa, unha música máis popular e que acostuma a ser sinxela, accesible e fácil de recordar e pode cambiar segundo as época na que se vive. Moitas veces mestúrase con outros estilos musicais de moda como rock ou música latina como reggaeton por exemplo.

mércores, 12 de novembro de 2025

Simetrías de forma colaborativa coa profe Lucía de Matemáticas e o alumnado de 4º da ESO na biblioteca

 
Traballando as simetrías de forma colaborativa coa profe Lucía de Matemáticas e o alumnado de 4º da ESO con todo o alumnado de infantil.

Para conmemorar o Mes da Ciencia nas Bibliotecas, realizamos unha actividade moi especial sobre as simetrías. Primeiro, coa axuda dos maiores, botamos pintura sobre unha metade do papel. Despois, dobramos con coidado... e maxia! Apareceron formas e cores simétricas sorprendentes.

Deixamos que as obras secasen ben, e finalmente recortamos as figuras para darlles o toque final. O resultado foron creacións artísticas cheas de cor e simetría, froito da colaboración, da curiosidade e do gusto pola ciencia e pola arte.

venres, 7 de novembro de 2025

Esta semana traballamos o laranxa!

  Volvemos da ponte con moitas aventuras para compartir. Nótase como os días van pasando e afianzamos rutinas. Esta semana comezamos a xogar coas letras dos nosos nomes e traballamos a cor laranxa.

MUSICA FOLK e JAZZ: CATRO ANOS

 

Estas semanas traballamos a  música folk (ou música tradicional) é un tipo de música que nace das tradicións populares dun pobo ou rexión. Normalmente transmítese oralmente, de xeración en xeración, e reflicte a vida, as costumes e as emocións da xente común: o traballo, as festas, o amor, a natureza, etc. 

Instrumentos típicos da música folk

Dependen moito da rexión, pero algúns comúns son:

  • Galicia: gaita, tamboril, pandeireta; muiñeiras, alboradas, foliadas.

A música folk segue viva! Moitos aristas modernos mesturan o folk con outros estilos (pop, rock, electrónica), creando o chamado folk moderno.

Música Folk e música Jazz!

 Nas últimas semanas estivemos a traballar a música folk e a música jazz. 

sábado, 1 de novembro de 2025

Estos días traballamos a cor AZUL!!

 Esta semana bailamos cancións de samaín, fixemos manualidades do  samaín (unha catrina moi colorida) e do outono; xa que celebramos o magosto e traballamos a cor azul do noso conto máis famoso.

venres, 31 de outubro de 2025

Festas do outono nos diferentes países.

Este ano na exposición de Samaín quixemos coñecer como se celebra a festa do outono nos diferentes países. Propuxemos varias ideas: México, Reino Unido, Nixeria... Agradecemos moito a vosa colaboración!

sábado, 25 de outubro de 2025

Esta semana traballamos a cor ROSA!

 Esta semana traballamos a cor rosa a través do noso conto do lobo e preparámonos para festexar o samaín.

venres, 24 de outubro de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Día das Bibliotecas 2025: Contra a DESINFORMACIÓN

O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas na loita contra a desinformación.

As bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos, como as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun uso adecuado das novas tecnoloxías. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.  

Charla sobre música folk !

Esta semana estamos a traballar a música folk tradicional en Galicia e tivemos unha sesión moi especial coa profe Yoli !

mércores, 22 de outubro de 2025

MÚSICA LATINA: CATRO ANOS

 

Esta semana traballamos a música latina é un conxunto de ritmos, estilos e expresións musicais que teñen a súa orixe nos países de América Latina e tamén en España e Portugal

Dentro da música latina atopamos moitos estilos diferentes, como a salsa, o merengue, o reguetón, a bachata, o tango, o son cubano ou a cumbia, entre outros. Cada un deles conta cun ritmo e unha historia propios, pero todos teñen algo en común: a alegría, o movemento e a paixón coa que se interpretan

 A música latina non só se escoita, séntese e celébrase, facendo que cada persoa poida expresarse libremente a través dela.

luns, 20 de outubro de 2025

Os cumples de outubro!

  Na clase vermella en outubro toca felicitar a Dennis e a Uxía. 

sábado, 18 de outubro de 2025

Esta semana traballamos a cor vermella!!!!

 Seguimos coñecendo o noso lobo lobito e desta vez pintado de vermello, tamén seguimos traballando elementos desta estación.

venres, 17 de outubro de 2025

MÚSICA LATINA !


Esta semana achegámonos á música latina e a algunhas das variedades que podemos atopar.

luns, 13 de outubro de 2025

venres, 10 de outubro de 2025

CUMPLES DE VERÁN:XIANA F, LUCAS, LUCA

 


No verán cumpliron 4 anos  XIANA F., LUCAS, LUCA!!

PROXECTO DAS CORES: O lobo que quería cambiar de cor.

  Estos días coñecemos a un lobo que non lle gusta nada o seu color. Iniciamos así o proxecto das cores. 

MÚSICA ROCK !


Esta semana entramos no cole ó son de música ROCK!

xoves, 9 de outubro de 2025

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO OUTONO E A NOSA CONTORNA

 

As fotografías deberán ser recentes e cada unha delas deberá ir acompañada dun documento ou lenda que deberá conter o nome do/a autor/a e o título da fotografía.

As fotografías deberán enviarse ao seguinte correo electrónico: bibliocospeito@gmail.com

O concurso finalizará o 17 de Outubro.

sábado, 4 de outubro de 2025

MÚSICA CLÁSICA: CATRO ANOS

 

Esta semana e na aula estivemos traballando de maneira vivencial coa música clásica de Vivaldi. A través da escoita activa e de actividades prácticas, os/as nenos/as puideron conectar coas emocións e os ritmos das súas composicións, experimentando a música de forma directa e participativa. O luns entraron no cole con música de Vivaldi.

venres, 3 de outubro de 2025

xoves, 2 de outubro de 2025

Os cumples de setembro!

 
Comezamos o cole e tamén as celebracións dos cumples. Neste mes de setembro toca felicitar a Carlota, Abraham, Souhaila e a Adrián.

venres, 5 de setembro de 2025

Reunión comezo do curso 2025-2026

 Deixamos a inormación máis importante da reunión de comezo de curso para os que non puidestes asistir.

xoves, 4 de setembro de 2025

Comezamos!

Estimadas familias,


Para dar comezo ó novo curso, mañá 5 de setembro ás 12.00, celebraremos unha reunión para as familias do alumnado de educación infantil na aula de usos múltiples.



xoves, 3 de xullo de 2025

Verán para disfrutar sen esquecer o aprendido!

Nesta ocasión deixamos algunhas recomendacións e recursos para verán para 3, 4 e 5 anos. 
As asembleas que poñemos son un resumo dos contidos básicos traballados no curso 24-25.

mércores, 2 de xullo de 2025

domingo, 22 de xuño de 2025

sábado, 21 de xuño de 2025

DESPEDIDA DO CURSO!

 

Os cumples do verán os celebraremos en setembro debido a falta dalgún neno.

venres, 20 de xuño de 2025

Dando a benvida ó verán!


Hoxe foi o último día de cole para os peques e celebrámolo cunha festa de verán ó aire libre!

xoves, 19 de xuño de 2025

Moita sorte Izan!

  O vindeiro curso o noso compi, Izan, marcha para outro cole. Nós queremos desexarlle moita sorte.

Arte: últimas tarefiñas!


Nos últimos días fomos preparándonos para o remate das clases e as últimas tarefas pendentes.

mércores, 18 de xuño de 2025

PROXECTO DE ARTE 3 ANOS

 

Estas últimas semanas estamos aproveitando para rematar o proxecto e facer artistasdas varias.

martes, 17 de xuño de 2025

O NOSO MUSEO


O proxecto de arte que estivemos levando a cabo estes 2 trimestres tiña como finalidade coñecer distintas técnicas e estilos artísticos arredor do mundo para poder construír un museo.

luns, 16 de xuño de 2025

Cumples de xuño e verán!

 En xuño cumplen Daniela o 13 e Iria o 15,  en xullo Martina o 10  e Abrahán o 23 e o 25 de agosto Alana.

Cumples do verán na clase de azul, FELICIDADES A DANA, HUGO e EREA!


Hoxe celebramos os cumples de XULLO  e  AGOSTO, xa que ata setembro non nos vemos.
 Moitas felicidades por adelantado a DANA, a HUGO e a EREA que cupren os 5 no verán!

domingo, 15 de xuño de 2025

Os nenos e nenas da guarde visitan o cole!

 O venres os nen@s que no vindeiro curso estaran no noso cole ou noutro cole do redor, compartiron un par de horas con nós.

sábado, 14 de xuño de 2025

Tingatinga!

  Estos días andamos a recoller os traballiños, facendo portadas e compartindo momentos neste final de etapa. O último pintor en traballar é Tinga Tinga.

mércores, 11 de xuño de 2025

GRAZAS familia BLANCO MASEDA!

Este mércores rematamos coa nosas visitas das familias a nosa clase, desta vez fixerono os papás e a irmá de Anxo.