domingo, 15 de xuño de 2025

Os nenos e nenas da guarde visitan o cole!

 O venres os nen@s que no vindeiro curso estaran no noso cole ou noutro cole do redor, compartiron un par de horas con nós.

Cando chegaron fomos a biblioteca para compartir todos xuntos un conto. Era dunha xoaniña que ia descubrindo animais ocultos. Adiviñaronos todos. 
Fomos para a nosa aula e entre todos axudamos a facer unha xoaniña como a do conto para que leven de recordo os máis pequenos.
Os nenos maiores do cole de infantil axudando os máis pequeniños. Os nenos da guarde decoraron o corpo da xoaniña e os máis maiores, os da clase de vermello, recortaron as ás, para que seguiran decorando. Tamén lles puxeron o nome por detrás. Moi ben nenos de 5 anos!!!
Quedaron unhas xoaniñas moi chulis.
Despois de tanta tarefa saímos ao patio xogar.
Na guarde coñecemos a moitos nenos, pero temos a un que todos coñecemos; é LEO, o irmán de Alma.
Tamén viñeron de visita un ratiño os irmáns que algún neno tiña no cole como son Darío, Taqwa, Leo e Israe. 

Moitas grazas por vir pasar un ratiño con nós ao cole dos maiores. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!