venres, 7 de novembro de 2025

Esta semana traballamos o laranxa!

  Volvemos da ponte con moitas aventuras para compartir. Nótase como os días van pasando e afianzamos rutinas. Esta semana comezamos a xogar coas letras dos nosos nomes e traballamos a cor laranxa.

Chegamos ao cole e Uxía mostrounos o debuxo do conto que máis lle gustou da mochila viaxeira.  Axudoulle a súa mamá.
A seguinte viaxe da mochila é na casa de Adri.
Comezamos novo mes, e o primeiro que fixemos foi contabilizar o rexistro do tempo do mes de outubro. Neste caso, Carlota, que foi a encargada o martes. Primeiro sacamos os pompóns dos botes e puxemolos nos cadros correspondentes e despois íamos quitando pompón e poñendo gomet.
Observamos o conto do novo mes, NOVEMBRO, recordamos a cor das follas desta época e aqueles alimentos que hai nesta tempada.
E comezamos coa asamblea.
Esta semana o noso lobo lobito comeu unha caixa de naranxas enteiras e despois coas cáscaras púxoas por todo o corpo pero cando se mirou o espello de cerca parecía unha cenoira e de lonxe un raposo. 
Bucamos a cera laranxa e pintamos o lobo todo desa cor.
Con témpera sólida laranxa pintamos unhas cabazas.
Que ben estamos pintando!!!
Identificando as letras de laranxa, pero que alegría levamos: recoñecimos a letra dos Leos e Lucía, a de Abraham e Adri, a de Roi, unha que ten Uxía no seu nome. 
Pero que guapos estamos dentro das cabaciñas que pintamos.
Esta semana a mesa negra tiñanos preparada unha sorpresa númerica. Cal é o froito máis laranxa de todo o outono? A CABAZA. Había varias cabaciñas pequenas. 

Entramos do recreo e asombrados quedamos de ver todo o que alí había.
Por grupos de 4 traballamos o conteo do número 1. En cada espazo da bandexa tiñamos que poñer so unha cousa: unha cabaciña, un gran de arroz. Unha vez que completamos a bandexa na cabaza laranxa tíñamos que debuxar o número 1 coa nosa man no arroz.






A semana pasada non nos deu tempo a debuxarnos no debuxo do mes de outubro e fixémolo a volta da ponte. Chulada como debuxan estes peques.

Manualidade de outono: coas cores do outono pintamos unha árbore, o material que empregamos para pintar foi un tubo do papel hixiénico que nos servía de base como se fose unha folla.
Unha vez que secou pintamos o chan coa témpera sólida marrón e o ceo coa azul. Quedaron super chulis estas árbores de outono.
Un día desta semana de xogo libre.
Rematamos semana xogando co noso nome. Neste recanto temos as carpetas para practicar como é o noso nome.
Identificando letras iguais, como se fose un crebacabezas.
Co rotu borrable repasamos as letras polos puntiños e debuxámonos.
Bo fin de semana peques!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!