martes, 25 de novembro de 2025

25N con " As fillas de Casandra"

Este curso celebramos o 25 de novembro da man de "As fillas de Casandra" e as súa canción "Tataravoa".

A miña nai da miña bisavoa é a miña tataravoa.

Chamábase coma tantas mulleres esquecidas,

que abriron camiños en silencio,

que sementaron forza, vida e memoria.


Neste 25 de novembro,

queremos lembrar os seus nomes,

darlles voz a aquelas que foron silenciadas,

e enlazar a súa historia coa nosa música, coa canción de "As Fillas de Casandra" da "Tataravoa".


En cada nome escrito no mural que elaboramos

viviu unha muller valente,

unha avoa de todas nós,

unha historia de loita e esperanza.


Porque somos descendentes

das que non se calaron.

Por iso, necesitabamos os seus nomes. 


Nas aulas escoitamos e bailamos ó ritmo desta canción, falamos do seu contido e de como mellorou a vida de todos e especialmente das mulleres dende a época das nosas tataravoas.

Todo o alumnado de educación infantil, coa colaboración  das familias, participou na elaboración dun mural especial coas cantantes e unha tataravoiña rodeadas dos nomes das tataravoas dos nenos e nenas de infantil.


En 3 anos decoraron a Sara Faro.


Repasando os nomes das nosas tataravoas
Poñendo gomets de cores para a última decoración de letras.





En 4 anos decoraron a María Soa.


En 5 anos decoraron a tataravoíña.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!