domingo, 22 de xuño de 2025

Esta etapa rematou!

 Tres aniños que pasaron moi rápido. 

Decorando a portada do proxecto da arte. Seguir o trazo dende o pincel de cores e de formas.

Chulada artistas!

Na bolsa fixemos  o alfabeto de Miró, cada neno fixo a súa inicial.
Pola outra parte estampamos círculos como Yayoi Kusama.
E así locen as nosas bolsiñas deste último trimestre.

Rematamos esta etapa cos nosos autorretratos, que ben debuxan estes pintores de 5 anos.
Tocou abrir a caixiña dos RECORDOS da etapa de infantil,
e seguimos enchendo de momentos; co que máis nos gustou desta etapa. Houbo variedade de opinións; as letras, xogar cos amigos, os proxectos...
No agasallo dos recordos tamén levamos unha foto de todos xuntos. Os faros desprenden  luz que ilumina o camiño. O camiño da amizade e o camiño para seguir medrando e compartir aprendizaxes e momentos xuntos. O mar conserva os recordos da etapa de infantil ao longo destes tres anos, dende fotos, traballo, artistadas.... Perseguide os vosos soños. 
Con todo o meu agarimo:

Nos últimos días visitamos a nosa horta e recollemos verduras coas cociñeiras.


Investigando a primaria:
PATIO


Facendo a fila de 1º de primaria e visitando a nosa clase e ata escribimos unhas palabras aproveitando que non estaban os nenos de 1º que ian de excursión.
Iria e Melinda de 1º ESO fixeronnos uns agasallos porque rematabamos infantil. Moitísimas grazas, somos moi afortunados polo cariño que nos teñen.
E agora si, rematamos infantil.
Preparados, listos....
xaaaaa!!!
Agora so me queda darvos as grazas por todo o que aprendín con vós. Moitas grazas por este agasallo tan bonito que permanecerá no meu corazón e tamén no mandilón. Bicos de sabores para tod@s.

Os tres anos dan para moitas fotos e moitos momentos, seleccionei algún deles para este vídeo dos recordos. Pasade un bo verán. Xogade e desfrutade moito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!