Nesta ocasión deixamos algunhas recomendacións e recursos para verán para 3, 4 e 5 anos.
Facer clic aquí ou na imaxe.



Moi importante insistir sempre en que collan os útiles de escritura correctamente.
Recordade que cada neno e nena vai o seu ritmo.

Recursos 4º de infantil (3 anos)
CLASE DE VERDE
Recordade especialmente: practicar a escritura do nome en maiúsculas e dos números do 0 ó 3, xogar cos sons das letras, empregar os contidos en situacións prácticas das rutinas diarias e desfrutar moito do verán!
Recursos 5º de infantil (4 anos)
CLASE DE AZUL
Recordade especialmente xogar cos sons das letras, practicar o trazo e a escritura en maiúsculas, vogais minúsculas, números e sumas simples. Tamén é un momento estupendo para desenvolver ó máximo a súa autonomía!
Para o repaso queda de referencia a asemblea cos contidos básicos deste curso 24-25.
Desfrutade das vacacións de verán!
Recursos 6º de infantil (5 anos)
CLASE DE VERMELLO
Recordade practicar a lectura e escritura (cada un ata onde poda: sons de letras, lectura de palabras, textos breves, debuxar e escribir...) así como a asociación dos números contando elementos cotiás para non esquecer o hábito do conteo.
A modo de exemplo recomendase practicar cun libro de letras maiúsculas: Aprender a leer con escuela de monstruos. É unha colección de libros en maiúscula onde os nenos recoñecen e identifican mellor para iniciarse no proceso lecto-escritor, pero calquera libro serve para practicar.
Pero sobre todo xogade e disfrutade moito verán.
O equipo de infantil deséxavos que pasedes un verán feliz!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!