Fixemos os últimos traballiños, como decorar uns "MINI-VICENTS" para xogar no cuarto de Vincent Van Gogh.
Deron os últimos toques para o museo que puidestes visitar o martes pasado e que podedes ver no blogue.
Fixeron a representación a modo de escultura dunha tribo de Tanzania, de onde era Edward Saidi Tingatinga. Simulamos o aspecto de cadros que os representan empregando as mesmas cores e espampados similares ós tradicionais.
Empregamos rollos de papel dos que gardamos para reutilizar.
Por último prepararon uns animais de Tanzania sacados de cadros estilo Tingatinga.
Prepararon as bolsas para os traballos. Dun lado puxeron puntos estilo YAYOI, e do outro a inicial do seu nome estilo MIRÓ.
Prepararon as portadas do proxecto de arte.
Queadaron moi chulas!
Repasaron todos os seus traballos e foron gardándoos con coidado! Agardamos que hoxe chegaran todas sen percances. Traballaron moito e agora poden mostrarvos os traballiños en papel.
Pese a que estamos rematando seguimos facendo a nosa asemblea para repasar e practicar. Nesta semana practicamos a lectura na mesa de luz para variar. Cada un o seu ritmo e segundo as ganas que teñan len cousas máis sinxelas ou máis complicadas. Algún só nomea a letra, o son ou xogamos a atopar palabras cun son determinado. Hoxe sacamos unhas fotos para que nos virades en plena faena.
Visitamos a clase de 5 anos na que nos instalaremos o próximo curso.
Revisamos a horta que se ve moi frondosa pese a que xa se recolectaron cousiñas.Mañá remataremos cun gran día xuntos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!