Esta semana traballamos a cor marrón e vimos as cores dun pavo real. Seguimos traballando sobre o outono.
Momentos da asamblea desta semana.
Esta semana o lobo lobito meteuse nun charco de barro, saíu todo marrón pero cando se mirou o espello deuse conta que ata ulía mal. Esta cor tampouco lle sentaba ben.
Pintando coa cera marrón o noso amigo o lobo.
Identificando as letras de cor marrón.
Pintando co dedito máxico a folla máis grande de cor marrón.
Como a cor marrón xa a coñecíamos moi ben ao ser unha cor que abunda no outono, seguimos coa seguinte páxina. O lobo esplumou un pavo real e sentiase realmente guapo coas plumas do pavo real.
Pintando coas acuarelas as plumas dos pavos reais.
Seguimos a practicar co punzón e picamos o corpo do pavo. Cada vez somos máis profesionais.
Despois de picar, pegámolo ó corpo do pavo e decorámolo. Quedou así de chuli, puxemoslle ollos, porque parece que leva ollos ao final das plumas, e ata un pouco de brilli brilli.
O martes contamos un conto de outono; O ladrón das follas. Que sorpresa descubrimos neste conto, o que anda movendo as follas dun lado para outro é o vento.
Recordades que fai unhas semanas saíramos ao patio a recoller follas. Pois ben, esta semana ao comprobar que estaban secas e aplastadas fixemos unha obra de arte. A folla é o noso corpo, pegamos unha foto nosa na cabeza e decoramos brazos e pernas con rotus de brilli brilli.
Colgámolo no corredor da biblioteca porque esta é a nosa actividade dos refráns e poemas do outono. Na nosa clase escollemos un trociño da canción de Uxía a Lambona e a Banda Molona que tanto lles gusta aos nenos. A canción do OUTONO.
Repasando a letra do trozo da canción. Que ben repasan estes peques!
A profe recortou mentras os nenos pintaban unhas folliñas coas cores do outono para decorar a letra da canción.
Levamolo e colgamolo no corredor.
Esta semana a mesa negra máis famosa trouxo as nosas iniciais e 2 tacos de plasti amarela.
Cada neno/a veu buscar a súa inicial.
Unha vez que estaban todas con cada seu dueño/a, tiñamos que facer churros coa plasti e ila poñendo dentro da nosa letra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!