sábado, 27 de setembro de 2025

Benvidos ó cole!

A nova clase de vermello comezou o cole e estes serán os protagonistas ao longo desta etapa. 

CARLOTA
LEO LOMBAO
BELA
IAGO
LEO LÓPEZ
SOUHAILA
ADRIÁN
ABRAHAM
JAD
LUCÍA
UXÍA
MOHAMED
DANI
ROI
DENNIS

Estos días andamos a coñecernos:

MOMENTOS DA PRIMEIRA SEMANA
Pintando unha cámara con unha foto especial dos primeiros días no cole.
Vemos moitos artistas neste equipo!
Decorando a foto do noso percheiro para poñer a gorra, a chaqueta...
E así locen as nosas fotos nos percheiros.
O noso primeiro tente xuntos, sempre con  froita e leite. 
O noso primeiro patio fóra. 
A nosa primeira foto todos xuntos!

SEGUNDA SEMANA
Comezamos a semana con contiños. A profe contou o conto de Daisy, como vai toda emociaonada o seu primeiro día ao cole. Alí fai un montón de actividades, ao igual ca nós; pero, ás veces non lle saen, por iso; nós aprendemos que debemos intentar facer todo e non preocuparnos senon nos sae á primeira ou senon sae, xa sairá. 
Pintando co pincel do mesmo cor que é o noso mandilón.
Estamos tod@s guapísim@s!
Outro contiño que escoitamos foi o de que cor son os bicos?
Para iso entre todos pintamos con tiza sobre un papel continuo negro na cor que nos parece que son os bicos, e xa vedes os bicos son de moitas cores.
O noso primeiro mural colgámolo no corcho para que pouco a pouco a nosa clase se encha de cor cos nosos traballiños.
Preparando os equipos de mesa. Equipo de xoaniña amarela e vermella.


Coñecendo a nosa caixa dos cores e facendo garabatos.
                                             
TERCEIRA SEMANA
Xogamos con plasti

CONCEPTOS DENTRO/FÓRA
Chegou o outono, e xogamos un pouco con unha canción que estamos a escoitar:
Mentres soa a música os nenos e nenas deben andar fóra dos aros e cando para, debemos meternos dentro. 
Na mesa puxemos gomets dentro dun cadrado.

O pincel e a témpera gusta moito, nesta ocasión pintamos unha xoaniña que xa descubriredes máis ao final desta publicación porque a temos presente estos días pola aula. Tamén estamos practicando como debemos coller ben o pincel, ao igual que as ceras ou os rotus. 

Repasamos con rotu os camiños que percorren as  xoaniñas.
Traballando a motricidade fina coas pinzas e a separación por cores de elementos do outono.



Lectura de contos autónoma. Observar e contar para imaxinar as aventuras que podemos descubrir a través dos contos.
A debuxarnos na pizarra máxica! 
Como é a nosa cara? Moi redondiña e con ollos, nariz e boca.
Rematamos a terceira semana cun conto da sonrisa, e de paso miramos como son as nosas sonrisas.
ASAMBLEA
Cada día da semana hai un encargado. Nela cantamos cancións: as dos bos días, as do día da semana, a do tempo... miramos quen está no cole e na casa, contamos, miramos o tempo... entre outras actividades.  Axúdanos unha xoaniña que é moi preguntona e sempre lle gusta saber que fan os nenos e nenas cando non están no cole. 
Día a día fomos e seguiremos  aumentando actividades para este momento. 


Os luns e xoves a asamblea facémola na pantalla. 

Tamén aprendemos a escoitar os nosos compis.
A xoaniña preguntona. 
As xoaniñas son de cor viva e con pinchas cheas de segredos. Camiñan polos dedos da xente como se xa soubesen o camiño. Din que se lles pides un desexo, e voan, ese soño atopará un sitio onde pousar. A profe fálalle baixiño, quizais porque sabe que esta xoaniña ao longo destes cursos de infantil,  moitos soños cumplirá deste equipo vermello.
A medalla de encargado/a.

Contamos para diante e ata para atrás co noso cohete.
Leo, ao igual que Lucía tocoulle a asamblea na pantalla e axudámoslle a buscar o seu nome nas letras que alí había. Leo ten un nome moi cortiño. 
Bela localizou algunha das súas letras nunha caixa na que hai un montón delas.
Recordos bonitos destas primeiras semanas no cole.
Para a seguinte semana temos a festa dos cumples de setembro e coñeceremos un lobo que non lle gusta nada o seu color, e moitas sorpresas máis. Bo fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!