venres, 24 de outubro de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Día das Bibliotecas 2025: Contra a DESINFORMACIÓN

O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas na loita contra a desinformación.

As bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos, como as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun uso adecuado das novas tecnoloxías. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.  

Para celebrar o Día das Bibliotecas, tivemos unha mañá moi especial. A profe María o martes levounos á biblioteca do colexio e alí agardábanos unha sorpresa marabillosa: contou­nos un conto cheo de fantasía titulado “Confundindo historias”.

Saímos de alí coa mente a voar porque, como aprendemos, ás veces as historias poden confundirse… e iso fainas aínda máis marabillosas.





Pero a diversión non quedou só na biblioteca: tamén comezaron a viaxar as mochilas viaxeiras polas casas, e así puidemos continuar a aventura nas nosas casas, lendo xuntos, descubrindo historias novas en familia. A mochila estará quince días na casa, ademais, no seu interior hai un bloc de debuxos, onde cada un poderá facer un debuxo do libro que máis lle guste.


De volta na aula, puxemonos creativos e fixemos un debuxo do conto que nos leu María, recordando todos os personaxes e as aventuras que mesturáronse na historia.


E, para que a lectura continúe na casa, trouxemos un marcapáxinas como recordo desta xornada tan especial.




BO DÍA DAS BIBLIOTECAS!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!