Continuamos coas nosas rutinas de merendas e sendo cada vez máis autónomos e responsables desenvolvendo as tarefas relacionadas co coidado da aula.
ç
Este curso continuamos prestando unha especial atención ás actividades relacionadas coa estimulación da linguaxe é ó aprendizaxe da lectoescritura.
Todos os días temos un tempo para xogar co son das letras, empregar xogos variados de estimulación oral, para realizar exercicios a modo de xogo que nos axuden a falar cada vez mellor é para ir lendo cada un o seu ritmo.
Aquí podedes ver unha nova actividade que triunfa este curso no momento de lectura da asemblea.
O curso pasado comezamos a realizar estadísticas do tempo e íanos facendo comparacións cos meses que ían pasando. Rematado este mes de setembro, comparámolo co do curso anterior e xa se nos dá xenial fixarnos nas diferenzas e facer comparacións!
Unha das primeiras actividades deste curso foi volver ao medirnos para ver cómo creceramos, e menudo estirón!
Seguindo co proxecto de música, ésta semana adicámonos a seguir coñecendo elemntos relacionados coa música e en especial á MÚSICA CLÁSICA.
Así, esta semana entramos ás aulas escoitando música clásica!
Visionanos unha chea de vídeos para investigar como se tocaba a música clásica vendo os músicos, instrumentos e as súas características, movementos, outros elementos como partituras, batuta, arcos, o director que os dirixe cando tocan xuntos nunha orquestra...
Fixemos moitas audicións de obras de música clásica e dos instrumentos máis típicos deste estilo musical.
Comezamos a recibir materiais xeniais!
Erea contou un CONTOsobre instrumentos musicais. Serviunos para ver diferenzas, xogar ao tócanos no aire e para que foran comentando se eran instrumentos de corda, vento ou percusión.
Dana fixo instrumentos caseiros reutilizando materiais e decoraándoos moi chulos!
Fixo unha PANDEIRETA con cartón, chapas e corda que dona! Tamén unha GUITARRA chulísima con cartón e sedal.
Alen Amado trouxo unha GUITARRA ELÉCTRICA coa que xa o están dando todo é que empregamos para comparala coa de Dana e coa que fomos fixándonos en cada parte.
Hugo trouxo unha ARMÓNICA, un instrumento que moitos non viran. Ensinou a tocalo, explicou como facela soar e as gardala con coidado para que non se estropease. Explicou que era un instrumento de vento e deu un mini recital.
Alen Rábade fixo unha GUITARRA reutilizando unha caixa de panos de papel, un rolo de cartón do papel de cociña, unhas gomas elásticas e decorouno con moito coidado para que quedara ben alegre! Tamén trouxo un MICRÓFONO para cantar, unha FLAUTA de verdade, un CONTO musical que contou estupendamente e uns CD's dos pitufos que xa estivemos escoitando as ratiños.
David trouxo unha mini GUITARRA que soa xenial! Tocounos un pouco e fixámonos nas súas partes. Explicou que é un instrumento de corda. Tamén amosou as súa TROMPETA de xoguete que soa de verdade é explicou que era un instrumento de vento. Comparamos como soaba cada instrumento e comentamos algunhas diferencias.
Martina trouxo un UKELELE. Tocouno para que viramos como soaba e explicou que era un instrumento de corda. Comparámolo coa guitarra e vimos que soaban diferente e que tiñan diferente número de cordas.
Trouxo unha ARMÓNICA que nos pareceu xigante e que fixo soar. Fixámonos nos materiais e explicou que é un instrumento de vento.
Tamén trouxo un TAMBOR tipo bongo ben chulo. Tocouno e explicou que é un instrumento de percusión. Vimos as partes e os materiais.
Fixemos unha audición de varias obras musicáis clásicas que facían que bailar anos de e nos move ramos de formas moi diferentes segundo como soaban. Logo comentabamos que nos facían sentir, se parecían alegres, tristes, se eran relaxantes, se nos recorda an a algo...
Logo escoitamos anaquiños das 4 estacións de Vivaldi.
Escoitamos un anaco da primavera de Vivaldi para plasmarlo en forma de debuxos e cores e déronlle unha puntuación segundo se lleva gustou ou non.
Lemos un contiño sonoro de Vivaldi.
Elaboramos unhas BATUTAS estupendas para converternos en directores de orquestra cun xogo de movementos rítmicos.
Logo trasladamos os xestos a papel replicando o xogo no aire coa batuta a actividade grafomotriz rítmica con rotus de cores.
Rematamos a semana co conto sonoro PACO y VIVALDI!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!