O profe Rubén organizou para todos os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria un circuíto cheo de obstáculos a superar. Todos xuntos fixeron o percorrido veces con axuda do profesorado de infantil, primeiro ciclo e por momentos alumnado voluntario de 6ª de primaria. Pasaron un bo rato entre teas de araña, túneles, xogos de puntería e equilibrio, bolas para ir rebotando, colchonetas para facer a croqueta, arrastre baixo rede e mesmo un paso por chorros de auga! Toda unha aventura para darlle a benvida ó verán para o que só faltan unhas horas.
Logo merendamos con calma e tivemos o noso último recreo do curso. Rematamos preparándonos para saír uns para casa e outros ó patio dos maiores onde todo o centro comeu xunto.
Deixamos unhas imaxes dos xogos e desexámosvos un moi feliz verán!
(Seleccionade a calidade desexada na rodiña)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!