sábado, 18 de outubro de 2025

Esta semana traballamos a cor vermella!!!!

 Seguimos coñecendo o noso lobo lobito e desta vez pintado de vermello, tamén seguimos traballando elementos desta estación.
Momentos da asamblea desta semana:

Temos un xardín con xoaniñas coa inicial do noso nome para comezar a identificalas.



A asamblea é un momento para aprender todos xuntos, con este  libro repasamos e descubrimos un montón de cores.


Esta semana traballamos a cor vermella, en galego; roja en castelán. O noso lobo lobito puxo o xersei de lá vermello pero ao verse no espello parecía un papá noel.
Quen é vermella na nosa clase? A xoaniña preguntona, por iso estampamos a nosa pegada do dedo pulgar coa tinta dos sellos. Despois debuxamos ollos e patas.
Que bonitiñas quedaron cos seus ollos e patiñas. Moi ben peques!!!
Buscando letras iguais para pegar no recadro.

A semana pasada deixamos os nosos erizos a secar da témpera e o luns colocámolos no corcho da clase.

Esta semana fixemos buhos coa nosa man! Estampamos a man en témpera marrón.


Pegamos ollos e gomets de forma triangular para facer orellas, ollos e boca. Debuxamos as patiñas.



Mesturamolos cos nosos debuxos no rincón das obras de arte.

Seguimos pintando máis follas...

Nesta ocasión empregamos as cores verdes e marróns.

Serven para decorar no mural da exposición do concurso de fotografía. 

O pegamento resulta un tanto complexo, pegamos no papel e nos papeis que queremos pegar por iso temos que empregalo para ir collendo practica, tamén pegamos moito as mans. Eso si, na boca non o podemos meter. Na mesa negra puxemos diferentes cores: amarela, vermella e laranxa (cores do outono). Debiamos coller papeliños deses e pegalos nunha folla. 
Super coloridas.
Tamén as puxemos no corcho, estanos quedando unha clase moi colorida!!!!
Practicando o debuxo na pantalla.

Con que nos sorprendeu esta semana a nosa xoaniña na mesa negra??
Traballamos os conceptos fóra e dentro coas pezas e as cores desta estación: identificamos as cores verdes, amarelas e vermellas.
E metemos todas as pezas dentro, que non quede ninguha fóra.

Saímos polo patio das rutas de transporte para buscar follas.

Que faremos con estas folliñas?? Ao mellor a vindeira semana vos sorprendemos con algo chuli. Estade atentos. 

Despedimos a entrada desta semana co tente de onte, menuda sorpresa nos trouxeron dende a cociña: flan para merendar...


En determindas épocas do ano pedimos colaboracións familiares, para nós; estas colaboracións son ese tempo que pasades en familia facendo cousiñas xuntos. Para que cheguen ao cole e nos conten como fixeron.

Este samaín queremos celebrar un percorrido polas distintas festas de outono dos diferentes países. Se queredes participar tedes algún exemplo no blog da biblioteca: https://bibliocpivirxedomonte.blogspot.com/2025/10/exposicion-festas-de-outono.html

Animádevos a participar, hai de prazo ata o 28 de outubro. Bo finde peques.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!