venres, 7 de novembro de 2025

Música Folk e música Jazz!

 Nas últimas semanas estivemos a traballar a música folk e a música jazz. 

Comezamos escoitando música tradicional  e galega e música galega moderna para entrar no cole. 


Unha das primeiras actividades foi l bailar música tradicional.

 

Realizamos distintas audicións música tradicional: muiñeira, pandeirada e xota.




Elixiron a Muiñeira de Lugo para debuxar e puntuar.


Tamén coñecemos distintos instrumentos típicos da música folk.




Como sabedes tivemos unha sesión especial coa profe Yoli na que falou e mostrou distintos instrumentos, roupa típica e puideron experimentar.



Logo recollemos todo en papel.


Fixemos unha manualidade especial relacionada coa musica folk e a experiencia cos instrumentos da profe Yoli: unha gaita que toca de verdade!

Primeiro decoraron s partes de cartulina.


Logo prepararon a palliña que a faría soar e experimentaron ata collerlle o truco.
Montaron e engadiron un tris de brillantina.
Quedaron xeniais!


Serviunos para coñecer mellor as súas partes e gardalo en papel.


Decoramos o fotocol da roupa tradicional da danza galega co que puideron recordar cada parte.



Fixemos as fotos no fotocol rematado.

Elaboramos  e decoramos un tamboril!
Fermosos !


 

Achegámonos tamén á música jazz.

Coñecemos algúns artistas famosos como Nina Simone, Luise Armstrong. e Frank Sinatra.


Coñecemos algúns instrumentos típicos.




Escoitamos a música de Os Aristogatos “Todos quieresn ser gato Jazz” e  de O libro da selva 

“Quiero ser como tu”.


Fixeron o debuxo dunha das cancións de jazz 
Traballamos algúns dos instrumentos típicos.



Como cada día disfrutamos das merendas xuntos.

Ultimamente traballamos moito cos números anterior e seguinte.



Seguimos traballando letras minúsculas.


Alen A. trouxo un debuxo unha batería que nos encantou!

Hugo trouxo unha pandeireta e un piano para tocar cos pés!

Realizamos un par de visitas ó novo estanque de peixes que se instalou xunto ás hortas do cole.





Rematamos as semana co conto de Romeo de "Paco y la música africana"!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!