Esta semana entramos ó ritmo de música pop.
Este estilo musical é o máis coñecido para eles, xa que soa na radio cada día. A música Pop é como soa, unha música máis popular e que acostuma a ser sinxela, accesible e fácil de recordar e pode cambiar segundo as época na que se vive. Moitas veces mestúrase con outros estilos musicais de moda como rock ou música latina como reggaeton por exemplo.
Como cada semana, elixiron unha canción deste estilo musical de entre varias propostas.
Xa fai un tempo que piden poñer na clase esta canción. Trátase da canción "Golden" do grupo Huntrix da película Demon Hunters que soa moito na radio.
Como sempre plasmaron en papel aquelo no que pensaban mentras escoitaban e bailaban esta canción.
Tamén traballaron instrumentos e algúns elementos típicos deste estilo musical.
Nesta ocasión fixeron como manualidade semanal especial: un micrófono.
Empregaron rolos de papel hixiénico dos que imos gardando, papel de aluminio, papel de xornal e pinturas.
Adicamos tempo a ler, escribir, e ir recollendo en papel e practicando as minúsculas.
Esta semana por fin tivemos un momento saír a recoller unhas follas e elementos de outono para unha manualidade que propuxeron os nenos e nenas da clase. Xa tivemos todo a secar e comezamos a elaborar. Pronto vos amosaremos máis.
A próxima semana Rap /Hip-Hop!
















Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!