mércores, 22 de outubro de 2025

MÚSICA LATINA: CATRO ANOS

 

Esta semana traballamos a música latina é un conxunto de ritmos, estilos e expresións musicais que teñen a súa orixe nos países de América Latina e tamén en España e Portugal

Dentro da música latina atopamos moitos estilos diferentes, como a salsa, o merengue, o reguetón, a bachata, o tango, o son cubano ou a cumbia, entre outros. Cada un deles conta cun ritmo e unha historia propios, pero todos teñen algo en común: a alegría, o movemento e a paixón coa que se interpretan

 A música latina non só se escoita, séntese e celébrase, facendo que cada persoa poida expresarse libremente a través dela.



Comezamos a semana cun libro de MARTIÑO que trae moitos estilos musicais e dentro de cada un deles os intrumentos que usan, estivemos moi atentos ao conto. A MARTIÑO o estilo de música que máis lle gusta é o ROCK.

ÁUREO trouxo dous instrumentos un tambor sonajero e un calimbo







XIANA trouxo unhas castañuelas, primeiro vimos un vídeo de como se usan porque non eran nada fáciles de tocar, pero o intentamos


ICÍA trouxo unha guitarra feita con materiais reciclados, contounos como a fixo e despois fixemola soar








LUCAS trouxo unha campana, contounos como a fixo e que materiais usó e quen lle axudou
SABELA trouxo unha guitarra de ROCK
XIANA nos contou un conto de unicornios que tocaban instrumentos e todos xuntos formaban unha orquesta.
XIANA trouxo un fantástico acordeón é un instrumento musical que se toca coas dúas mans. Ten unha parte no medio que se chama fol, que se abre e se pecha para meter e sacar o aire.

Nun lado ten unhas teclas ou botóns que fan as notas da melodía.
No outro lado, hai botóns máis pequenos que fan o acompañamento ou o ritmo.

Cando o músico abre e pecha o fol mentres preme as teclas ou botóns, o aire pasa por dentro e produce o son.

O acordeón pode soar alegre ou tranquilo, segundo o ritmo que se toque, e é moi usado na música tradicional galega e tamén noutros países.

Disfrutamos moito tocando e oindo o acrodeón
ICÍA trouxo o conto de PACO e a música disco
 Os pratos de mestura, tamén chamados pratos de DJ, son uns aparellos que se usan para poñer e mesturar música.

Cada prato ten un disco redondo que pode xirar cara un lado e cara o outro, e así o DJ pode frear, acelerar ou cambiar o ritmo da canción.

Na época da música disco, os DJs usaban estes pratos nas discotecas para facer bailar a xente toda a noite. 

Convertimos a clase nunha DISCOTECA con DJ
Despois da festa traballamos, seguimos repasando letras e números xa traballados, comezamos a poner o día da semana...
Tamén fixemos algún traballiño do outono no que traballamos a grafomotricidade
LUCAS trouxo unha flauta de pan  é un instrumento musical de vento formado por unha serie de tubos de diferentes lonxitudes, normalmente pechados por un extremo. Cada tubo produce unha nota distinta cando se sopra por enriba del: canto máis curto é o tubo, máis agudo é o son; canto máis longo, máis grave.


Intentamos facelo soar











ANTÓN trouxo un tambor
Pasámolo moi ben facendoo soar non era doado apretalo entre as pernas como nos dixo ANTÓN

ICÍA trouxo outro dous intrumentos de percusión



LUCAS trouxo unha guitarra moi elaborada con materiais reciclados, explicounos todo o que traia, estivemos vendo a clave de sol, as notas musicais e finalmente si soaba.




Para rematar a semana da música latina traballamos os instrumentos que se repiten moito e lle dan ese son característico.

Instrumentos de vento e metal

  • Trompeta: moi típica na salsa, o mariachi e o merengue. Aporta brillo e enerxía.

Instrumentos de percusión 

  • Bongós: parella de tambores pequenos de distinto tamaño.

  • Timbales: tambores metálicos tocados con baquetas, moi usados na salsa e o mambo.

  • Maracas: sacudidas marcan o ritmo; típicas en moitos estilos.

  • Claves: dous paus de madeira que marcan o compás (clave cubana).

Cordas

  • Guitarra: protagonista en bachata, bolero, flamenco e pop latino.

Teclado e piano

Nos fixemos maracas primeiro pintamos


Despois fixemos notas musicais
Rellenamos con arroz e fabas


e listas para usar a nosa canción preferida da musica latina  "LA BICICLETA de Carlos Vives e Sakira"


Estamos disfrutando moito con este proxecto e o noso recuncho musical
                                                Esta semana estamos coa música FOLK!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!