sábado, 21 de xuño de 2025

DESPEDIDA DO CURSO!

 

Os cumples do verán os celebraremos en setembro debido a falta dalgún neno.

Chegamos ao final dun curso moi especial. Foi o primeiro paso na escola dos nosos pequenos e pequenas, e non podo estar máis orgullosa do camiño que fixeron.

Chegaron con ollos cheos de curiosidade e algo de medo... e hoxe marchan con sorrisos valentes, cheos de aprendizaxes, cancións, amizades novas e moitos abrazos.

Cada día foi unha aventura: aprenderon a compartir, a contar, a pintar, a poñer a chaqueta sós... e sobre todo, a quererse e a crecer en grupo.

Grazas, familias, por confiar en mín. Grazas, peques, por ensinarnos tanto con cada mirada e cada palabra.

Agora toca descansar, gozar do verán e seguir medrando... porque isto non fixo máis que comezar
















Bo verán e ata setembro, campións e campioas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!