luns, 20 de outubro de 2025

Os cumples de outubro!

  Na clase vermella en outubro toca felicitar a Dennis e a Uxía. 

Primeiro fixemos un agasallo especial de recordo; decoramos as iniciais dos nomes dos cumpleañeros coas pegadas dos nosos compis.

Que agasallo máis fermoso fixemos entre tod@s: D de Dennis e a U de Uxía.


Os cumpleañeros contan e ensinan os compis. Tamén recollemos nunha ficha un debuxo do que máis nos gustou do que trouxeron.

O ESPECIAL DE DENNIS


OS ESPECIAIS DE UXÍA


Preparando as coroas: coa axuda da profe puxemos o noso nome cos sellos de letras e pegamos 3 estreliñas porque son os aniños que cumplimos. 

Os nosos compis decorándonolas coas súas pegadas.

Que chulis as coroas dos cumples de outubro!!

DÍA DA FESTA
Entre todos cantámoslles os parabéns.

Soplamos a nosa vela co número 3.
E fixemos 3 voltas ao sol. 


Feliz volta ó sol meus peques!. Coa bola do mundo conmemoramos un ano máis de vida, facendo referencia simbólica á volta da terra ao redor do sol. 

Rematamos cunha super festa de bailes e cancións.

Un recordo dos cumples de outubro soplando as tres veliñas. Parabéns!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!