venres, 24 de outubro de 2025

Charla sobre música folk !

Esta semana estamos a traballar a música folk tradicional en Galicia e tivemos unha sesión moi especial coa profe Yoli !
A profe Yoli baila danza rexional galega e toca moitos instrumentos típicos do folk galego.
Comezou falándonos dos traxes típicos que se visten cando se baila este estilo musical. 
Trouxo un traxe masculino e empregou o traxe que se fixo no cole para explicar as partes desta vestimenta.
Mostrounos, tocou e deixóu que os alumnos experimentaran con distintos instrumentos musicais: pandeireta, tamboril, bombo, gaita, cunchas e castañolas.

Fixo unha demostración e entre todos xogaron coa ritmos da muiñeira, da xota e da pandeirada.


Un por un experimentaron coa instrumentos.



Ademais trouxo un vídeo explicativo do artesán galego Manels, que falou dos materiais cos que elabora cada instrumento e das partes de cada un.

 
Ademáis preparou un mural para que se declare nas aulas para unha actividade posterior.


Moitas grazas á profe Yoli e a Manels por adicarnos o seu tempo!


Continuaremos co traballo arredor da música folk galega a próxima semana nas clases verde e azul.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!