Estas semanas foron moi atarefadas coa saída a Lugo e as actividades relacionadas co día do libro. Pronto poderedes ver a exposición que realizamos e que queríamos que puiderades ver a semana pasada, pero que tivemos que retrasar polo apagón.
Sen embargo, tivemos tempo a facer algunhas investigacións e tarefiñas en papel.
Estos días que pasamos dende a volta das vacacións preparamos o escaparate do día do libro, celebramos os cumples de abril, fomos de excursión, coñecemos un pouco máis a Kandisky e seguimos profundizando en Van Gogh.
Esta semana coñecemos a un novo pintor, chámase Kandinsky. Seguiremolo traballando a volta das vacacións. Fomos ó horto plantar o aguacate de Luca e "artisteamos".
Comezamos a dar cor e vida a nosa horta este mércores. O alumnado de 3 anos plantou fresas, o de 4 dous regos de porros e os de 5 por grupos plantaron repolos, brócolis, romanescos e lombardas.
Luca e Alma coincidiron esta semana traendo cousiñas para o recanto do proxecto sobre o pintor español Pablo Picasso e por iso esta semana coñecemos algo máis deste artista.
Esta semana conmemoramos a Semana da Prensa e o Día da Muller. Nesta ocasión fixémolo traballando sobre unha muller recoñecida en todo o mundo por ser unha artista da pintura: FRIDA KAHLO.
Como sabedes demos comezo o noso proxecto de arte! Pese a que os últimos días estiveron moi atarefados cos preparativos do entroido e o día de Rosalía de Castro, comezamos a investigar en internet e a traballar un pouco no noso libro de Van Gogh.
Esta semana rematamos o conto dos ratiños, vimos a letra d en minúscula o que nos levou a recordar o noso compi Dani e seguimos traballando co inverno.