venres, 14 de marzo de 2025

GRAZAS DIANA E PABLO!

  Hoxe tivemos unha visita das que tanto nos gustan. Viñeron visitarnos a nosa aula a mamá e o irmán de Samuel.


Xuntos contaron un conto da Patrulla Canina.
Este conto trae crebacabezas, que por grupos fixeronos.
Fixeron unha actividade en familia, decorar un marcapáxinas cun lápis especial.
O marcapáxinas era todo negro pero o debuxar aparecían moitas cores. 


Cando rematamos, Diana púxolles un lazo.
Que artistas!!!!
Descubrimos que a mamá de Samuel estudou gráfica publicitaria e mirade que obras de arte tamén fixo. Moitas delas eran no ordenador pero tamén fixo algunha con acuarelas, con lapis. Que chulada.
Moitas grazas por vir a nosa aula, gústanos moito que veñades vernos e pasar un ratiño con todos nós.
Un recordo do paso de Samuel en 5 anos coa súa familia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!