venres, 21 de febreiro de 2025

COMEZANDO PROXECTO DE ARTE EN 3ANOS

 



Comezamos proxecto de ARTE!!!
Empezamos a traballar no libro do proxecto descubrindo que se atopaba detrás dos pinceis
Tamén escribimos o nome de Vicente Van Gogh que se lle escaparon as vogais
Tamén comezamos con artistadas de cores e formas, como estes circulos vermellos

Na asamblea apareceron novos xogos como este memory de animais
Plasmamos cadrados azuis con esponxa
Otro xogo novo na asamblea de facer unha torre, contando, mirando os números...
Empezaron a chegar cousiñas para o recuncho da ARTE como un conto de VAN GOGH
A páxina elexida por Icía foi a destes xiraxois de moitas formas diferentes

Támén trouxo unha PALETA e PINCEL como a que usan os pintores

e este fermoso cadro feito coa axuda da súa mamá!!  Como o de Van Gogh
Tamén fixo un cadro ca súa inicial parecido ao que fixeran coa profe Eli
ICIA xa casi é unha artista profesional. MOITAS GRAZAS POR COLABORAR!
Estamos recollendo moitas pilas para PILABOT! Grazas

Estamos traballando as inicias dos nenos/as da clase esta semana traballamos a L, primeiro co lápis e despois con rotu de cores.

XIANA trouxo o viaxe da súa avoa que foi moi lonxe a praia en avión  e visitou diferentes lugares como a Sagrada Familia, Casa Gaudí e o Parque Güel que están todos en Barcelona.
Tamén vimos eses lugares nun libro que tiña como título GAUDÍ para a semana seguiremos investigando máis cousas, XIANA quedouse coa SAGRADA FAMILIA que dixo que era como un gran castelo
MOITAS GRAZAS POR COLABORAR!
XIANA F fixo un debuxo da mochila viaxeira do conto que máis lle gustou
Ademais de todo isto estivemos a volta cos disfraces que xa veredes a semana que ven, BOA FINDE!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!