Esta semana continuamos traballando un tris con VAN GOGH.
Lemos un conto que nos achega a algunhas das súas obras máis famosas e que estivemos observando e comentando na clase.

A través do conto coñecemos obras nas que traballaremos máis adiante tras unha selección. Comentamos o que observamos e comparámolo con elementos da nosa contorna e a nosa vida.
"Autorretrato con sombreiro de palla":
Recibimos unha colaboración de HUGO que fixo coa súa familia unha reprodución do cadro dos Xirasois de Van Gogh. Explicou que empregou pintura, rotus, gomaeva e pompóns.
Tamén colaborou ALEN R. cunha chea de manualidades e contos que mostrou orgulloso na clase. Por suposto foi explicando unha por unha cada unha das súas artistadas, repasando cores e comentando o diorama de "LA NOCHE ESTRELLADA" de VAN GOGH.
Aproveitamos para ler o conto de Van Gogh e próximamente leremos o de DAVINCI.
Entre as tarefas de entroido avazamos un tris no libro.Aproveitando que estamos vendo moitos dos cadros de VAN GOGH e que nas nosas investigacións descubrimos que facía moitos autoretratos adicamos un tempo para fixarnos nas cores e no que se podía ver. Así sabemos que é un AUTORRETRATO.
Examinamos unha chea de autorretratos que fixo. Recordamos que o seu irmán THEO lle axudaba suxeitando un espello enfronte para que se puidera debuxar con calma.
Logo véndonos na pantalla coa cámara con efecto espello seleccionaron as cores que precisaban para facer un autorretrato deles mesmos.
Logo escribiron a palabra AUTORRETRATO e foron poñendo todos os detalles.
son uns artistas do autorretrato!
Como vimos do entroido falaron dos seus disfraces e das vacacións. Buscaron os seus disfraces ou presonaxes na pantalla e fixeron o debuxo de Entroido.
Tamén traballamos na lecto a través de xogos, cancións e en papel.
Como rematamos o mes de FEBREIRO fixeron entre todos a gráfica do tempo e comentámola como é costume.
Como sempre houbo tempo para xogar!!!
Grazas a todos e todas por colaborar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!