Todos xuntos viaxamos ata a escola de profes de Lugo, a Facultade de Formación do Profesorado. Alí tiñan preparadas varias propostas moi entretidas:
· Narrativas de luz con retroproxector teatro de sombras e diapositivas.· Obradoiros creativos de experimentación nos que liberar a imaxinación.
· Obradoiro de construcións co material educativo chamado TREBELLO, froito do traballo de investigación de Vicente Blanco Mosquera e Salvador Cidras Robles e que dirixiron toda a experiencia.
Deixamos unhas imaxes da actividade, da comida xuntos e o xogo no parque!
(Ollo a seleccionar a calidade na rodiña de axustes).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!