Hoxe 23 de febreiro conmemoramos o día de ROSALÍA DE CASTRO. Para iso levamos a cabo distintas actividades.
O alumnado de infantil preparou pegadas para un roteiro arredor de Rosalía. En 3 anos plasmaron os seus propios pes con témperas para o mural . Os nenos e nenas de 4 e 5 anos cortaron pegadas en papel adhesivo e escribiron con rotuladores permanentes palabras, versos, nomes de obras e mesmo algún debuxo arredor de Rosalía de Castro e que se pegaron nos corredores do centro.
O alumnado de primaria e secundaria elaboraron o mural de Rosalía con un itinerario lóxico que segue a Vida de Rosalía de Castro, desde o lugar do seu nacemento, os diversos lugares onde ela viviu e remata onde repousan as súas cinzas con versos e ilustracións de Rosalía de Castro.
Foi un gran traballo de todo o alumnado do centro!
Clase de VERDE
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!