venres, 7 de febreiro de 2025

GRAZAS familia GUIZÁN PÉREZ!

  Hoxe tivemos unha visita das que nos gustan moito, as das nosas familias. Nesta ocasión viñeron a mamá, o papá e o irmán de Luca.

Xuntos contáronnos un conto: El momento perfecto. 
Lérono entre os catro.

Despois repartiron letras, depresores e pegatinas.
Para facer un marcapáxinas.
Que bonitas as manualidades en familia!
Quedaron uns marcapáxinas moi chuli coa nosa inicial.
Moitas grazas familia por vir pasar un ratiño con nós. Pasámolo xenial. 
Unha foto para o recordo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!