venres, 7 de febreiro de 2025

Argallando co inverno e recordando a Dani coa letra d.

 Esta semana rematamos o conto dos ratiños, vimos a letra d en minúscula o que nos levou a recordar o noso compi Dani e seguimos traballando co inverno.

Momentos da asamblea.

Escribindo o menú.
Exemplos da última páxina do conto.
Preparando a portada do conto. Pegando papeliños de seda de diferentes cores e tamaños.

Un saúdo para Dani coa ficha da (d), porque todos quixeron debuxar ao seu amigo Dani. Unha aperta moi grande de todos.

Contamos este conto do inverno e despois fixemos unha actividade moi chula debuxando en papel albal. Non se ve moi ben nas fotos pero asegurovos que quedou super chuli debuxando o esquío e eles mesmos e decorando con neve.


Reciclando pilas!!!Grazas por colaborar.
Logo chega o entroido, os nenos levan esta nota para a casa. Recordade traer unha camiseta vella blanca ou de cores claras que poidan poñer por riba do abrigo. Ímonos caracterizar de pintores e pintoras.

Ata luns peques! Bo fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!