Na biblioteca agardabanos unha visita especial. Coñecemos a unha matrona. Dar as grazas a Ampa do cole por organizar estas charlas tan interesantes.
Sonia acercouse a noso cole para ensinarnos en que consiste a súa profesión.
Identificamos as partes do noso corpo, diferenciando entre nenos e nenas. Recordando que ninguén nos toca.Anxo axudou a Sonia nun parto, falaron do cordón umbilical, de como éramos nós cando estabamos na barriga da nosa mamá e como iamos medrando mes a mes. Tamén viron diferentes tipos de familias.
Escoitamos o noso corazón con aparatos antigos e cos actuais. Que bonito sona o noso corazón.
Sonia deixounos xogar con todo o que trouxo.
Moitas grazas Sonia, aprendemos un montón e pasámolo moi ben coa túa visita.
Volvemos á clase e debuxamos todo o que aprendemos hoxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!