Experimentamos co sal e comezamos o libro do proxecto.
Descubrimos algo da súa vida.
Descubrindo o nome do pintor na paleta das cores.
EXPERIMENTOS CON COLA, SAL E ACUARELAS: coa cola poñemos o noso nome e botamos sal por riba. Deixamos secar.
Unha vez que secou pintamos con acuarelas e fixemos maxia, ao tocar coa acuarela no sal estendese un montón a pintura, so con tocalo.
FAMILIAS, grazas por colaborar!
Iria trouxonos unha guía do Museo do Prado de Madrid. Nela aparecen cadros e autores para buscar información. Buscamos onde estaba este museo e como era. Miramos que había diferentes exposicións, atopamos unha de botánica e entramos para ver diferentes cadros e identificamos o que había.
Grazas por reciclar pilas!Remata a semana e deixamos listo o noso mural do día de Rosalía que veredes nas seguintes publicacións e comezamos a prepararnos para celebrar o Entroido, porque nos quedan os últimos retoques do noso disfraz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!