Semana de entroido, novo libro de conto e volta das minis vacacións.
Comezamos novo conto, desta vez vai ser diferente ao dos ratos. Imos pintar círculos de cores en media carilla de folio.
Algúns exemplos da primeira páxina, escribimos e debuxamonos a nós mesmos.
Na segunda páxina imos escribindo e en cada unha apareceran os debuxos dos nosos compis. Nesta ocasión debuxamos a Saad e a Noa. Algúns exemplos:
Momentos da asamblea.
Seguimos co libro do proxecto:
Que era?
Onde e cando naceu?
Falamos da súa vida e montamos un crebacabezas cunha imaxe.
Algúns retratos do autor sen a orella.

Traballamos o que é unha carta co seu remitente e un destinatario. Nesta ocasión era unha carta de Vincent para seu irmán Theo. Tamén cazamos letras.
FAMILIAS, grazas por colaborar!
Á volta do entroido Martina trouxonos un bote con sal de diferentes cores. Fíxoo coa súa mamá e foinos indicando paso a paso como o fixo. Contounos que cando a súa mamá viña ao cole facíao na clase.
Non todo é traballar, tamén hai tempo libre para xogar.Recordos do entroido
Os nosos debuxos, que son a mellor obra de arte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!