domingo, 9 de febreiro de 2025

Últimos traballiños!

Nesta semana traballamos duro lóxica matemática e lectoescritura antes de mergullarnos nos no próximo proxecto.


Traballamos máis sobre o inverno e as súas características decorando unha das nosas fiestras.

Levamos a cabo unha experiencia con pintura máxica para facer copos de neve para decorar o noso cortizo.
Para facer a pintura máxica quentamos auga e mesturámola con moooita sal. 
Ben mesturada semellaba auga normal transparente, pero o secar quedou un debuxo con cristais brillantes de sal.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!