venres, 21 de febreiro de 2025

O padriño de ALMA de 5 anos conta o conto: El niño que pintó el mundo

Esta semana tivemos unha sesión de contacontos a acargo de Tito, o padriño de Alma da clase de vermello.
En infantil gústannos moito o contiños. Fomos a biblio para escoitar o conto do neno que pintou o mundo. Descubrimos que a partir dunha mancha podemos debuxar e pintar un sin fin de posibilidades. En infantil somos moi artistas e facemos moitas obras de arte; este conto encantounos.

Despois do conto, volvemos a clase e deixamos voar a imaxinación a partir das pegadas dos dedos. Mirade que debuxos tan interesantes fixemos por clases.
Tivemos un agasallo de parte de todos. 
Moitas grazas Tito por acercarte ao noso cole e pasar un ratiño con nós facendo o que máis nos gusta: escoitando contos e facendo obras de arte. Dende o noso cariño desexámosche moita sorte como profe, porque estamos seguros de que es e serás un gran profe. 

Clase de vermello

Na clase, Alma repartiu os folios e Tito a pintura dos sellos para facer as pegadas.
Mentres debuxamos iamoslle decindo o que estabamos a facer.
Compartimos con todos o que fixemos. Autenticas obras de arte a partir de varias pegadas: gatos, arañas, leóns, tarántulas, xirafas, bolboretas, nenos....Vaia artistas hai en Cospeito!
Moitas grazas Tito por vir de novo a nosa clase a pasar un ratiño con nós. Pasámolo xenial.
Unha foto para o recordo.

Clase de verde
Despois de escoitar na biblioteca o conto, na aula puxemos unha huellita do color que eliximos, e desde esa huella creamos o noso debuxo.
Fixémonos a nos, o noso corpo, a huella foi a cara e a partir de ahí fixemos o debuxo

Clase de azul
Na clase de azul Adicamos un intre a pensar o que cada un ía debuxar. Logo deixaron voar a súa imaxinación entre tigres, arañas, corazóns, gatos, dragóns...


Uns artistas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!