Estos días que pasamos dende a volta das vacacións preparamos o escaparate do día do libro, celebramos os cumples de abril, fomos de excursión, coñecemos un pouco máis a Kandisky e seguimos profundizando en Van Gogh.
O mércores 23 de abril viñeron a nosa aula: Paula, Nicolás, Thalia e Isamael. Os catro son estudantes para ser profes e acudiron a nosa aula para facer unha práctica para o seu estudo. Traballaron a atención, a observación e os medos na nosa clase. Pasámolo moi ben, sendo como unha rá, pechando os ollos e imaxinando como nos sentiamos, debuxando os nosos medos e desaparecéndoos na caixa máxica....Como era o día do libro agasallamolos cun marcapáxinas da biblioteca.
Moitas grazas!
Momentos da asamblea:
GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR....
Lucas trouxo dúas obras de arte feitas coas súas mans que xa locen no noso recanto da arte. Vemos un dinosaurio e dous peixiños no fondo do mar.
Andamos a coñecer as obras de Kandisky. Neste caso estamos pintando con lapis de cores e acuarelas un cadro que simulan os planetas. Recordamos que é un autor que traballa moito coas formas xeométricas.
Deste artista estamos a facer máis cousiñas que veredes a final de curso.
Seguindo no libro sabemos que a Van Gogh pintaba moitos autorretratos e nós fixemos o noso.
Unhas fotiños de recordo de volta da nosa excursión o pasado 24 de abril.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!