Xuntos contáronnos un conto onde ian aparecendo animais e como se daban as boas noites antes de ir a durmir.
Cada neno/a íase convertendo en animais diferentes: cocodrilos, rás, xirafas, cabalos, vacas...Dennis era o poliño que lles ia dar o bico de boas noites!
Durmindo...
Hoxe repartiron moitos bicos.
O animal que máis lle gusta a Dennis é o cabalo. Todos os venres vai a Lugo a unhas clases para ser un bo xinete. Os seus papás ensinaronos varios vídeos onde vimos o ben que o facía.
Por iso fixemos unha manualidade dun cabalo. Dennis repartiu os cabaliños.
Pintámolos.
Os papás de Dennis, Marta e Ginés, axudaronnos a recortar. Dennis repartiu unhas pinzas que pintamos os cascos para simular os pés do noso cabalo.
Moitas grazas familia por vir pasar un ratiño con nós e facer esta manualidade tan chuli. Pasámolo moi ben. Ata a seguinte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!