A mamá e o papá de Xiana viñeron á clase a contarnos o conto Xela na fraga. No conto aparecían moitos animaliños da fraga, como o raposo, a curuxa, o coello, o esquío e tamén paxariños que vivían nas árbores.
O conto trata dunha nena chamada Xela que vai á fraga e descobre todos os animais que viven alí. Mentres pasea, aprende a coñecelos e a respectar a natureza. Tamén nos ensina o importante que é coidar o bosque e aos animais que viven nel.
Gustounos moito escoitar a historia e aprender cousas novas sobre os animais da fraga.
Despois de escoitar o conto, coas pinaretes que trouxeron fixemos uns raposos moi bonitos. Primeiro picamos a cara, a cola e as patas. Despois, a mamá de Xiana pegounas na pinareta para formar o noso raposo.
Mentres esperabamos a que todos os raposos estivesen listos, fixemos un debuxo do conto Xela na fraga e dos animaliños que aparecían na historia.
Moitas grazas por vir e por compartir con nós este momento tan especial.











Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!