venres, 13 de marzo de 2026

O bosque: entre noticias de animais !


Esta semana conmemoramos a SEMANA da PRENSA. Grazas a vós puidemos investigar en artigos de xornais e coa temática do bosque. A semana pasada estivemos lendo cada artigo e comentando cada noticia. Fixámonos nos animais, nos elementos de cada artigo e comentámolos en grupo. 


Nesta semana fixámonos nas partes do xornal e sobre todo nas partes de cada noticia. Logo disto falamos sobre noticias que poderíamos escribir en relación ós animais e que coñecéramos de cerca. Tras unha chuvia de ideas e debate, decidiron escribir sobre a familia de ras que veu vivir ó estanque do cole. 


Traballaron moi duro!

Logo elixiron a nova que máis lles chamou a atención e fixeron un debuxo.



Investigaron sobre algúns animais que pertencen ós bosques de Cospeito, como o CORZO  e o CERVO. 




Martina trouxo unha nova manualidade que fixo coa súa familia: un niño con CEGOÑAS. As cegoñas son un animal que saíu varias veces nas conversas de aula xa que hai moitas arredor Cospeito. Martina explicou como fixeron a manualidade e falaron das cousas que sabían das cegoñas.

Levábamos tempo querendo saber máis destos animais, así que procedemos a investigar.  Descubrimos moitas cousas interesantes, e como sempre, plasmámolo en papel.



Logo recollérono en papel.


Continuamos realizando xogos con de lectoescritura en relación ó bosque

Doutra banda, esta semana estivo con nós a mestra en prácticas Paula. Con ela fixeron varias actividades, como a de creación de historias en relación o proxecto con tarxetas de personaxe - obxecto - lugar.


Tiveron un xogo de lóxica matemática coas formas xeométricas no que entre outras cousas de traballaba a memoria.


E tamén un xogo de debuxo cooperativo.


Chegaron novos contos que foron contando na aula. Fixérono xenial! Animádevos a traer contos para ler na aula. Ten que ser de un en un,  que lles guste e que coñezan ben. Contos non moi longos que poidan contar cada un dentro das súas posibilidades con máis ou menos axuda.
Moitas grazas por colaborar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!