martes, 17 de marzo de 2026

O conto do Becho Pelota coa familia de Carlota.

  Hoxe tivemos visita das especiais. Veu a nosa clase contar un conto os papás de Carlota.

Chegaron a clase cargadiños. Contáronnos o conto de Becho Pelota e fixeron de manualidade os animais que ian aparecendo no conto.
Carlota ia participando no conto e o máis divertido foi cando Becho Pelota rodou.
Unha vez que contaron o conto fixeron unha medalla de recordo deste conto tan diver. Carlota repartiu as cartolinas para colorear.
Os papás de Carlota, Álvaro e Lucía axudaronlle aos nenos/as a recortar. 

Unha vez que estaban moi ben coloreados, o papá de Carlota pegou uns bigotes e pelos e a mamá, colocaba a Becho Pelota de medalla.
E quedaron así de chulis!


Moitas grazas familia por vir a pasar un ratiño a nosa aula. Pasámolo moi ben. Ata a seguinte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!