Esta semana traballamos a L de Lucía que xa a coñeciamos de Leo Lombao e comezamos a traballar coas noticias que enviastes á aula.
Comezamos o mes de marzo, recontamos o tempo de febreiro e seguimos coas rutinas da asamblea:
Esta semana traballamos a letra de Lucía, a L, xa a coñecemos porque hai máis nenos con esta letra na clase.
- A PRENSA (comezamos a traballar coas noticias para que os nenos/as traballen a imaxinación e a creatividade nos seus debuxos do animais ou cousas do que estamos a falar).
Comezamos traballando sobre unha noticia que trouxo Leo López. Aproveitamos que Adri nos trouxera o esquío marrón para ver que tamén o hai de cor branca, os albinos. Fixemos un debuxo.
O mércores traballamos unha noticia que trouxo Uxía. Era sobre o oso pardo que comezan a verse familias de osos por España. Debuxamos un oso.
RECANTO DO BOSQUEAdri e a súa mamá fixeron un montón de actividades relacionadas coas ardillas. Temos un peluche que lle gustou moito os nenos. Descubrimos unha adiviña, diversas manualidades e varios crebacabezas relacionados cos diferentes animais e onde viven.
Pidiulle axuda a súa amiga Uxía e xuntos montaron os diversos ecosistemas dos animais: os da sábana, os do mar, os da lágoa, os do bosque...
Adri xunto coa súa mamá seguiron facendo manualidades ben chulas. Nesta ocasión fixeron 3 erizos de diferente forma.
Xogando cos materiais do recanto:Carlota trouxo unha manualidade que fixo cos seus papás moi orixinal. Pintaron discos de algodón con acuarelas. Decoraron con unhas plumas e unhas ramiñas de árbore para facer 5 paxariños.
Sobre o papelNo libro traballamos o concepto grande e pequeno. Na árbore máis grande tiñamos que pegar papeliños de seda e na pequena pintala. Tocou facer pequenas boliñas con papel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!