Esta semana estivemos traballando os animais e as plantas, coñecendo que existen animais e tamén especies que están ameazadas e que poden desaparecer se non as coidamos.
Falamos da importancia de respectar a natureza e de protexer o medio ambiente para evitar que estes seres vivos desaparezan. Entre as especies que estudamos están a aguia, o sisón, a libélula, a tartaruga e os cardiños da lagoa. Aprendemos como viven, onde habitan e por que é fundamental coidar os seus espazos naturais.
Comprendemos que as accións humanas poden afectar ao seu hábitat, polo que é necesario ser responsables, non contaminar, respectar os animais e conservar as plantas.

LUCAS trouxo un cen pés
Antón unha árbore cunha ardilla moi pequeniña que tivemos que atopar
ICÍA unha serpe de esas que nos dan moito medo
e tamén troxo unha macetiña con sementes para plantar

Tamén xogamos con labirintos nos que o coelliño tiña que atopar o camiño ata a súa comida. Esta actividade axudounos a pensar, a seguir percorridos e a desenvolver a lóxica e a orientación.
Sempre que podemos, tamén traballamos o conteo e a asociación da cantidade coa súa grafía, favorecendo así o desenvolvemento das nocións matemáticas básicas de maneira práctica
Así mesmo, observamos os animais que viven nos bosques tanto de día como de noite, descubrindo que algúns son máis activos durante o día e outros durante a noite, e comprendendo mellor os seus hábitos e formas de vida.
ANTÓN trouxo unha árbore feita cun brocolí, explicounos moi ben como fixo o traballo
XIANA B. atopou un saltamontes na súa casa e sacoulle unha fotos para que todos o vísemos
O alumnado de 4º da ESO explicoulles a os nen@s como se produce a choiva:
Primeiro poñemos auga quente nun vaso. A auga comeza a quentarse e sobe cara arriba en forma de vapor. É como se estivese voando! 💨
Despois poñemos un prato con xeo enriba do vaso. O vapor toca o prato frío e convértese en pinguiñas pequenas, como nubes no ceo ☁️
E sabedes que pasa logo? As pingas fanse máis grandes… e caen outra vez ao vaso! 🌧️
e despois o fixemos no papel
ICÍA trouxo un formigueiro que traballaremos a fondo a volta, como viven, alimentan, organizan...
Outra das actividades que realizaron con Paula foi a creación de pequenas historia. Para levala a cabo, empregaban tarxetiñas con imaxes e palabras sinxelas, que lles servían de apoio. Entre todos e todas, ían construíndo un relato, deixando voar a súa imaxinación. Deste xeito, os nenos e nenas participaban de forma activa, desenvolvendo a súa creatividade e a súa expresión oral dun xeito lúdico e motivador.
Rematamos o trimestre dando as grazas ás familias pola vosa colaboración e apoio. Desexámosvos un tempo de descanso en familia. Moitas grazas!


















































Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!