venres, 13 de marzo de 2026

O BOSQUE: CATRO ANOS

 Observamos nunha foto a nosa lagoa e os animais que viven nela. Miramos con atención para descubrir os diferentes animaliños e falar sobre eles na clase.


Esta semana celebramos a Semana da Prensa. Durante estes días chegaron á clase varias noticias relacionadas cos bosques. Lemos a da presenza dos xabaris que acaban cos cultivos de millo, a das plagas que afectan ás árbores e a da lenda da moura que se converteu en troita e vivía nunha fonte, á que os veciños alimentaban.

Despois de ler todas as noticias, escollemos a que máis nos gustou e elaboramos a nosa propia noticia. Para facelo, observamos atentamente como son os xornais: cos seus títulos grandes, as fotos que acompañan as noticias, os números e outros detalles que os fan atractivos e informativos.

Con esta actividade aprendemos a valorar a información, a expresar mellor as nosas ideas e a disfrutar da lectura dunha forma creativa e divertida.

XIANA trouxo unha actividade para contar animais da granxa
MARTIÑO trouxo un cuco e un refrán sobre el.
Tamén conto no que a súa páxina favorita era a dos paxariños.
ICÍA trouxo unha manualidade dun cogomelo
Tamén profundizamos nos corzos e nos cervos. Aprendemos que son animais mamíferos que viven nos bosques e nas fragas. Observamos as súas características, como o seu corpo, as patas longas e os cornos dos machos, e falamos das diferenzas entre eles.
Tamén traballamos a asociación entre cantidade e grafía. Para iso debuxamos ovos nos niños segundo o número que correspondía, contando con atención para poñer a cantidade correcta en cada un.
ISLAM trouxo un pato como os da Lagoa
LUCAS trouxo varias manualidades unha curuxa, unha ouruga e un esquio.


Xiana trouxo o conto O bosque esquecido. Nesta historia cóntase que o bosque está esquecido porque as persoas non o coidan. Por iso, todos os animais deciden ir á cidade para protestar e pedir que coiden a natureza. Mentres están na cidade, ocorre un incendio no seu bosque, e todos se preocupan moito polo que pode pasar co seu fogar.
Aos nenos chamoulle moito a atención ver como queda a terra despois dos lumes. Puxéronse moi tristes ao observar o bosque queimado e os danos que sofre a natureza. Por iso, estivemos falando na clase sobre o que podemos facer cando pasa algo así. Aprendemos que é moi importante coidar os montes e que, despois dun incendio, hai que axudar á natureza plantando novas árbores para que o bosque poida volver medrar.
Icía trouxo á clase unha maqueta dun bosque. Entre todos observamos con atención os diferentes animais que aparecían nela. Falamos de cales vivían nas árbores e cales vivían debaixo da terra ou no chan do bosque.


Con motivo do 8M, o alumnado de infantil traballa os contos clásicos desde unha mirada igualitaria, inspirándose na idea de dar voz ás personaxes femininas, como fixo a escritora galega Begoña Caamaño nas súas historias.Partindo do conto tradicional de Carapuchiña Vermella, o grupo cambia o texto da historia modificando os roles dos personaxes. Nesta nova versión, Carapuchiña convértese nunha protagonista valente e capaz de resolver os problemas por si mesma, mentres que os demais personaxes colaboran e axudan de forma igualitaria.


Estes días estivemos traballando sobre algúns animais que viven no bosque e que son capaces de buscar alimento e refuxio por si mesmos, é dicir, son animais autosuficientes e moi ben adaptados ao seu medio natural. Coñecemos mellor como viven e cales son algunhas das súas características principais.

Falamos do corzo, un mamífero herbívoro moi áxil e veloz. Vive en zonas de bosque e aliméntase sobre todo de herba, follas, brotes e froitos. Ten un oído e un olfacto moi desenvolvidos, o que lle permite detectar rapidamente o perigo e fuxir con gran rapidez.

Tamén descubrimos a curuxa, unha ave nocturna que caza principalmente pola noite. Ten uns ollos moi grandes que lle permiten ver moi ben na escuridade e un voo moi silencioso. Aliméntase de pequenos animais como ratos, insectos ou outros paxaros pequenos.

Outro animal que coñecemos foi o raposo, un mamífero moi intelixente e adaptable. Pode vivir en diferentes lugares do bosque e aliméntase de moitas cousas: pequenos animais, insectos, froitas e mesmo restos de comida. Ten unha longa cola e un olfacto moi fino.

Falamos tamén do teixugo, un animal que pasa moito tempo baixo terra, xa que constrúe madrigueiras moi complexas chamadas teixeiras. 

O lobo é outro dos grandes habitantes do bosque. Vive en grupo, chamado manada, e caza en equipo. É un animal carnívoro e moi forte, cun oído e un olfacto moi desenvolvidos que lle axudan a localizar ás súas presas.

Tamén aprendemos sobre o xabarín, un mamífero robusto que se move moito polo bosque buscando alimento. Utiliza o seu fuciño forte para remover a terra e atopar raíces, patacas, insectos ou pequenos animais.

Por último, coñecemos a serpe, un réptil que se despraza reptando polo chan. Non ten patas, pero móvese con gran habilidade. Algunhas aliméntanse de pequenos roedores, insectos.



Tamén asociamos as formas xeométricas da mesma cor.
e seguimos trazando letras
BOA FINDE!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!